Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.802

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de decembro de 2002 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala biólogos.

De conformidade co establecido no artigo 12 da Lei 3/2002, do 29 de abril (DOG do 2 de maio), de medidas de réxime fiscal e administrativo, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia segundo a redacción que lle deu a Lei 4/1995, do 10 de abril (DOG nº 76, do 20 de abril), así como do disposto no Decreto 255/2002, do 30

de xullo, polo que se modifica a oferta de emprego público aprobada polo Decreto 200/2002, do 6 de xuño,

DISPÓN:

Convoca-lo proceso selectivo para o acceso á escala de biólogos no corpo facultativo superior, grupo A, de Administración especial da Xunta de Galicia, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo é a cobertura de 22 prazas da escala de biólogos, no corpo facultativo superior, grupo A, de Administración especial da Xunta de Galicia, correspondente ó proceso establecido na disposición adicional décimo terceira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Estas prazas están ocupadas por persoal laboral fixo.

O proceso selectivo rexerase pola presente convocatoria, e no non previsto nela, aplicaranse de xeito integrado a normativa de carácter xeral en materia da función pública, e na normativa vixente de aplicación.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para ser admitido á realización do proceso selectivo, o aspirante deberá reuni-los seguintes requisitos.

I.2.1.1. Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles estados nos que en virtude de tratados internacionais subscritos pola Comunidade Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

I.2.1.2. Estar en posesión do título de licenciado en bioloxía.

I.2.1.3. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.1.4. Ter cumpridos os dezaoito anos e non ter acadada a idade de xubilación.

I.2.1.5. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.1.6. Só poderá participar neste proceso selectivo o persoal laboral fixo que preste servicios, con carácter definitivo, en postos reservados a persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Xunta de Galicia, escala de biólogos; así como o persoal laboral que, atopándose na situación anterior, figure en situación de excedencia con dereito a reserva de posto de traballo conforme a normativa laboral aplicable.

Non poderá participar o persoal fixo a extinguir integrado polo regulamento aprobado polo Decreto 289/2001, do 15 de novembro, nin o restante persoal afectado polas disposicións transitorias décima e décimo primeira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

I.2.2. Tódolos requisitos enumerados na base 1.2.1. deberán posuírse no día da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

I.3. Solicitudes e documentación.

I.3.1. Para tomar parte no proceso selectivo deberá facerse constar mediante instancia que se axustará ó modelo que se publica como anexo I desta convocatoria. Para o cumprimento deste requisito poderase utilizar unha fotocopia do documento correspondente que como anexo I forma parte desta convocatoria.

Xunto coa instancia presentarase a seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade

b) Xustificante de ter aboados os dereitos de exame expedido pola entidade bancaria correspondente, e se é o caso, a copia cotexada da cualificación de minusvalidez, para efectos da exención prevista nesta base.

c) Documento xustificativo de estar en posesión do título do curso de perfeccionamento de galego ou estudios equivalentes, debidamente homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para efectos da exención prevista na base II.1.c).

De conformidade co disposto no artigo 31 da Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, que modifica o punto 3 do artigo 18 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3 do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezo e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 47,54 euros e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo II. Este impreso facilitaráselles ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia; debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo II. Non

obstante o anterior, para o cumprimento deste requisito poderase utilizar unha fotocopia do documento correspondente que como anexo forma parte desta convocatoria. Estarán exentos do pagamento das taxas por dereitos de inscrición os que posúan unha dis

capacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia, presentando copia cotexada da cualificación de minusvalidez.

A non presentación do xustificante do ingreso das taxas, no que figure o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o punto terceiro da base I.4.2.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia e oficinas de correos, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

I.3.3. Na solicitude, o aspirante deberá indica-lo código e a denominación do posto correspondente á praza que ocupa.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a directora xeral da Función Pública dictará resolución de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente, na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que están expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número do documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto, a estimación ou desestimación das peticións de emendas entenderase implícita na resolución pola que se publique a lista definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación no procedemento.

II. Fase de oposición.

O programa que rexerá as probas selectivas será o correspondente ós temas específicos do corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de biólogos, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 10, do 15 de xaneiro de 2001, aprobado pola Orde do 7 de decembro de 2000, cunha corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia nº 34, do 16 de febreiro de 2001.

II.1. Exercicios:

a) Primeiro exercicio: de carácter eliminatorio, que consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cincuenta (50) preguntas tipo test, máis tres (3) de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo de entre dous cuestionarios elaborados previamente por este e correspondente ó contido da parte específica do programa. O tempo máximo de duración será dunha hora e media.

Cada opositor poderá obter copia do exercicio realizado ó remate deste.

No prazo das vintecatro horas seguintes ó da realización farase público, no lugar da realización do exercicio, o modelo de corrección do test, indicando as respostas correctas.

Este exercicio cualificarase de cero (0) a vinte (20) puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de dez (10) puntos.

Corresponderá ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose o prazo de dez (10) días para efectos de alegacións.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

b) Segundo exercicio: de carácter eliminatorio, no que os aspirantes serán convocados oportunamente polo tribunal para proceder publicamente á exposición oral, durante un tempo máximo dunha hora, dunha memoria, elixida libremente por el, relacionada coas funcións que se desempeñarán no posto de traballo ó que opta. Seguidamente, o tribunal debaterá co aspirante, durante un tempo máximo de corenta e cinco minutos, respecto dos contidos expostos e todos aqueles aspectos que coide relevantes en relación coa dita memoria.

Este exercicio cualificarase de cero (0) a vinte (20) puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de dez (10) puntos.

As puntuacións publicaranse diariamente unha vez rematada a lectura dos exercicios correspondentes.

Os aspirantes terán o prazo de dez (10) días para efectos de reclamacións desde a publicación da última das notas correspondentes ó presente exercicio.

O exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días.

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-lo resultado de apto, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para alcanza-lo resultado de apto.

Os resultados publicaranse unha vez finalizada a corrección da totalidade dos exercicios.

Estarán exentos da realización do terceiro exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento de galego ou estudios equivalentes, debidamente homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Tal acreditación deberá presentarse xunto coa instancia de conformidade co previsto na base I.3.1.

II.2. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización do exercicio tipo test.

II.3. O primeiro exercicio realizarase a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados

por este. O segundo exercicio realizarase en sesión pública.

II.4. Desenvolvemento dos exercicios:

II.4.1. As probas a que se refire esta orde realizaranse no lugar que determine o tribunal que xulga o proceso selectivo.

II.4.2. Dentro do prazo máximo de corenta (40) días desde a constitución do tribunal, o presidente dictará unha resolución, que deberá ser publicada no DOG, convocando a tódolos aspirantes admitidos para a realización da primeira proba da fase de oposición, indicando o día, o lugar e a hora desta.

II.4.3. Os exercicios deberán desenvolverse en galego ou castelán.

II.4.4. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra S, de conformidade co establecido na resolución da Dirección Xeral da Función Públlca, do 27 de febreiro de 2002, pola que se publica o resultado do sorteo realizado o 26 de febreiro de 2002, ó tratarse dunha convocatoria correspondente ó ano 2002.

II.4.5. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.4.6. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza, podéndose considera-los casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para os efectos dun posterior chamamento.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización da fase oposición será efectuada polo tribunal no lugar onde se realizou o anterior exercicio, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con corenta e oito (48) horas, polo menos, de antelación á sinalada para o seu inicio. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde tivese lugar, e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce (12) horas, polo menos, de antelación.

II.4.7. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia ó interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

Contra tal acordo poderase interpoñer recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

II.4.8. Rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará a relación de aspirantes que o superen.

II.5. Tribunal.

II.5.1. O tribunal cualificador do proceso selectivo será nomeado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

II.5.1.2. Tendo en conta o previsto no Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na normativa vixente de aplicación, o tribunal constará de cinco membros coa seguinte composición:

Presidente:

Será proposto pola Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e deberá ser funcionario.

Vocais:

Un representante designado pola Consellería de Pesca e Asuntos Maritimos, que deberá ser funcionario.

Un membro en representación das organizacións sindicais, que deberá ser funcionario.

Un membro proposto pola Escola Galega de Administración Pública, en cumprimento do artigo 7 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que deberá ser funcionario.

Secretario:

Un funcionario proposto pola Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Todos eles deberán estar en posesión do documento xustificativo de titulado superior.

Designarase o mesmo número de suplentes, coas mesmas características, e propostas.

II.5.2. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo á directora xeral da Función Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas nesta base.

II.5.3. A autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base II.5.2.

II.5.4. Logo da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal. Á constitución deberá asisti-la a totalidade dos seus membros. A realización da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de quince días a partir da publicación do tribunal e no prazo mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, o tribunal adoptará tódalas decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

II.5.5. A partir da sesión da constitución, o tribunal para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

II.5.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

II.5.7. Por cada sesión do tribunal levantarase acta, que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificacións que procedan, se autorizará coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

II.5.8. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas, para as fases que coide pertinentes, limitándose estes asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

II.5.9. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos demais participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista, as adaptacións posibles en tempos e medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ó que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

II.5.10. Os tribunais que actúen neste proceso selectivo terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

O número máximo de sesións de cada un dos tribunais será fixado por resolución da Dirección Xeral da Función Pública, podendo só amplia-lo número delas, con base en causa xustificada, a dita dirección xeral.

II.5.11. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarará que superaron o proceso selectivo un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

II.5.12. As comunicacións que formulen os aspirantes ó tribunal dirixiranse á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano-Santiago de Compostela).

III. Lista de aprobados.

III.1. Rematadas as fases do proceso selectivo, o tribunal fará públicas no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións territoriais e naqueles outros que coide oportuno, as relacións de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

O presidente do tribunal enviaralle proposta da lista de aprobados á directora xeral da Función Pública.

IV. Presentación de documentos e nomeamento de funcionarios.

IV.1. Os que dentro do prazo fixado, e salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación prevista no artigo 30 da Lei da función pública de Galicia ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2., non poderán ser nomeados funcionarios de carreira, segundo corresponda, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

IV.2. Rematado o proceso selectivo, os que o superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante orde do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

IV.3. O persoal laboral que supere as probas de acceso quedará destinado no mesmo posto de traballo que viña ocupando.

IV.4. A toma de posesión do aspirante aprobado será efectuada no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, de conformidade coas disposicións previstas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes.

V. Disposición derradeira.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 12 de xullo.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

INSTRUCCIÓNS PARA O/A INTERESADO/A

PARA CUBRI-LO ANEXO I:

*Instruccións xerais:

-Escrita soamente á máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, empregando maiúsculas de tipo imprenta.-Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles en tódolos exemplares.-Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou riscaduras.

-Non escriba nos espacios sombreados ou reservados.-Non esqueza asina-lo impreso.-Non esqueza achega-lo impreso de autoliquidación de taxas debidamente cuberto e selado pola entidade bancaria.-Non esqueza xuntar fotocopia do seu DNI ou documentación acreditativa segundo a base I.3.1 da convocatoria.-Non esqueza xuntar copia cotexada da cualificación da minusvalidez, se é o caso.