Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.730

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 19 de decembro de 2002 pola que se regula a solicitude única, no ano 2003, de axudas a superficies, animais e indemnización compensatoria, así como a solicitude doutras primas gandeiras.

I

O Regulamento (CEE) 3508/1992, do Consello, do 27 de novembro, establece un sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axuda comunitarios, que ten como obxectivo fundamental aumenta-la eficacia e rendibilidade dos mecanismos de xestión e control, co fin de que non se perciba unha dobre axuda con base a unha superficie concreta ou por un animal determinado.

No Regulamento (CE) 2419/2001, da Comisión, do 11 de decembro, establécense as normas de aplicación do devandito sistema integrado de xestión e control.

II

Polo que se refire a cultivos herbáceos, o Regulamento (CE) 1251/1999, do Consello, do 17 de maio, establece un réxime de apoio ós productores de determinados cultivos herbáceos, baseado na concesión de pagamentos compensatorios, por unha superficie que estea sementada de cultivos herbáceos ou que fora retirada do cultivo e que non sobrepase unha superficie básica rexional.

As disposicións de aplicación das axudas por superficie mencionadas establécense nos regulamentos (CE) da Comisión 1586/1997, do 29 de xullo, e 2316/1999, do 22 de outubro.

Así mesmo, o Regulamento (CE) 1673/2000, do Consello, do 27 de xullo, polo que se establece a organización común de mercados no sector do liño e do cánabo, considera a concesión dunha axuda para o liño destinado á producción de fibras e para o cánabo.

Noutra orde de cousas, o Regulamento (CE) 1577/1996 do Consello, do 30 de xullo, polo que se establece unha medida específica en favor de determinadas leguminosas de gran, considera unha axuda por hectárea para as sementeiras de lentellas, garavanzos, vezas e órobos, cunha superficie máxima garantida de 400.000 ha para o conxunto da Unión Europea, dispoñendo, así mesmo, que se aplicará o sistema integrado de xestión e control á devandita medida.

O Real decreto 1026/2002, do 4 de outubro, sobre pagamentos por superficie ós productores de determinados productos agrícolas establece a normativa básica aplicable ós réximes de axuda comunitarios a deteminados cultivos herbáceos, arroz e leguminosas gran.

III

Polo que se refire ás primas gandeiras, o Regulamento (CE) 1254/1999, do Consello, do 17 de maio, establece a nova organización común de mercados no sector da carne de vacún, no que se prevén varias axudas para os productores que exercen a actividade no sector.

Así mesmo, o Regulamento (CE) 2342/1999, da Comisión, do 28 de outubro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1254/1999, define distintos aspectos en relación coas condicións de acceso ás axudas e ós procedementos de xestión e pagamento das mesmas.

Por outra banda, a evolución do mercado da carne de vacún en toda Europa, como consecuencia da extensión da encefalopatía esponxiforme bovina (EEB) a diversos estados membros, entre os que se atopa España, fixo necesaria a modificación de determinados aspectos dos réximes de axuda e a reorientación doutros para a reordenación do sector de gando vacún cara á mellora da competitividade e da calidade, garantindo o cumprimento das esixencias do consumidor.

Así mesmo, o Regulamento (CE) 2529/2001, do Consello, do 19 de decembro, desenvolto polo Regulamento (CE) 2550/2001, da Comisión, do 21 de decembro, establece a organización común de mercados no sector da carne de ovino e cabrún, que substitúe a normativa anterior sobre axudas a este sector.

Debe terse en conta, ademais, que o Regulamento (CE) 1760/2000, do Consello, do 17 de xullo, establece un sistema de identificación e rexistro dos animais, e que o Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, incorpora requisitos relativos á identificación e ó rexistro dos animais da especie bovina.

O Real decreto 138/2002, do 1 de febreiro, sobre determinadas axudas comunitarias no sector da carne de vacún, establece a normativa básica para a prima especial a productores de bovinos machos, as primas a productores que manteñan vacas nutrices, a prima por sacrificio, o pagamento por extensificación e os pagamentos adicionais neste sector.

O Real decreto 139/2002, do 1 de febreiro, sobre determinadas axudas comunitarias no sector das carnes de ovino e cabrún establece a normativa básica dos réximes de axudas directas á producción de ovino e cabrún.

IV

No que atinxe ás indemnizacións compensatorias, no capítulo V do Regulamento (CE) 1257/1999, do Consello, do 17 de maio, sobre axuda ó desenvolvemento rural, e no Regulamento (CE) 445/2002, da Comisión, do 26 de febreiro, que establece as disposicións de desenvolvemento do anterior, defínense as condicións básicas para a percepción destas axudas en determinadas zonas desfavorecidas, co obxectivo de asegurar un uso continuado das terras agrarias, contribuíndo ó mantemento dunha comunidade rural viable.

Con base no anterior, a Decisión C (2000) 3549, da Comisión, do 24 de novembro, modificada pola Decisión C (2001) 4739, do 20 de decembro, aproba o documento de programación sobre desenvolvemento rural (medidas de acompañamento) para España, referido ó período 2000-2006, no que se detallan as condicións para a aplicación da medida de indemnización compensatoria no devandito período.

Ademais o Real decreto 3482/2000, do 29 de decembro, regula a indemnización compensatoria en determinadas zonas desfavorecidas, establecendo o marco básico para a tramitación destas axudas no Estado español, xunto co Real decreto 708/2002, do 19 de xullo, polo que se establecen medidas complementarias do programa de desenvolvemento rural para as medidas de acompañamento da política agraria común.

V

Ó abeiro da normativa comunitaria aplicable, constituída basicamente polo Regulamento 1258/1999, do Consello, do 11 de maio, desenvolvido polo Regulamento 1663/1995, da Comisión, do 7 de xullo e co Real decreto 2206/1995, do 28 de decembro, que crea o Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) como organismo de coordinación dos diversos organismos pagadores que puideran constituírse nas distintas comunidades autónomas, o Ilgga é o organismo pagador dos gastos financiados polo FEOGA-Garantía, nesta comunidade autónoma, segundo o disposto no Decreto 359/1996, do 13 de setembro, modificado polo Decreto 93/1998, do 20 de marzo.

Ademais, o dito instituto, creado pola Lei 7/1994, do 29 de decembro, ten atribuídas, entre outras, competencias para a xestión das accións derivadas da política agrícola común (PAC), o que se desprende tamén do disposto no Decreto 128/1996, do 14 de febreiro, que desenvolve a anterior e establece a súa estructura orgánica, modificada por última vez polo Decreto 50/2002, do 14 de febreiro.

Pola súa parte, conforme o precitado Decreto da estructura orgánica da Consellería de Política Agroalimentaira e Desenvolvemento Rural, correspóndelle á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria a función de autorización do pagamento das indemnizacións compensatorias, tendo, para tal efecto a consideración de organismo de dirección do organismo pagador dos gastos relacionados coa política agraria común.

VI

Coa intención de facilitarlle ós interesados a tramitación das súas solicitudes, prevese a posibilidade de que estes poidan dirixirse ás sucursais das entidades financeiras, con implantación nesta comunidade autónoma que teñan asinado un convenio para o efecto con esta Administración, para que estas se encarguen da mecanización de diversos trámites relacionados coas solicitudes, ó abeiro do disposto na orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural do 21 de decembro de 2001.

VII

De acordo con todo o exposto, a razón da presente orde, sen prexuízo da aplicabilidade directa da normativa comunitaria correspondente, que en parte se transcribe para unha maior operatividade, é defini-las normas de aplicación e o procedemento para a tramitación e concesión de axudas a superficies, animais e indemnización compensatoria de zonas desfavorecidas, dentro dunha solicitude única, no ano 2003, así como doutras primas gandeiras nesta comunidade autónoma, determinando a súa imputación económica con cargo ós orzamentos de Gastos do Ilgga e da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural para o ano 2003, segundo o disposto na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto.

Polo tanto, de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988

DISPOÑO:

Capítulo I

Xeneralidades

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito.

1. Esta orde regula o procedemento para a solicitude, tramitación e concesión, ós titulares de explotacións agrarias situadas en Galicia, das seguintes axudas e primas para o ano 2003:

1.1. Axudas incluídas na solicitude única de axudas superficies e primas gandeiras e indemnización compensatoria:

a) As axudas por superficies, consideradas no Regulamento (CE) 1251/1999, do Consello, do 17 de maio, ós productores de determinados cultivos herbáceos.

b) As axudas por superficie para certas leguminosas gran (lentellas, garavanzos, vezas e ervebravas), establecidas no Regulamento (CE) 1577/1996, do Consello, do 30 de xullo.

c) A prima en beneficio ós productores que manteñan na súa explotación vacas nutrices, establecida no artigo 6 do Regulamento (CE) 1254/1999, do Consello.

d) A prima nacional complementaria ós productores de vacas nutrices, establecida no devandito artigo 6.

e) O pagamento por extensificación para os beneficiarios da prima especial, prima á vaca nutriz ou ámbalas dúas, establecida no artigo 13 do Regulamento (CE) 1254/1999, do Consello.

f) A prima en beneficio dos productores de ovino e cabrún, establecida no artigo 4 do Regulamento (CE) 2529/2001, do 19 de decembro de 2001.

g) A prima complementaria para a cría de ovinos e cabrúns en determinadas zonas desfavorecidas da comunidade, establecida no artigo 5 do anterior regulamento, e os pagamentos complementarios previstos no artigo 11 deste.

h) A indemnización compensatoria de zonas desfavorecidas, conforme os artigos 13 a 20 do Regulamento (CE) 1257/1999 e os artigos 11 e 12 do Regulamento (CE) 445/2002, da Comisión.

1.2. Outras primas gandeiras:

a) A prima especial ós productores de carne de vacún, establecida no artigo 4 do Regulamento (CE) 1254 /1999, do Consello, do 17 de maio.

b) A prima por sacrificio de bovinos, cando este se realice dentro da Unión Europea ou cando se exporten a un terceiro país, de acordo co artigo 11 do devandito regulamento.

2. Establécense, tamén, as normas para a concesión dos pagamentos adicionais a productores de gando bovino, para solicitantes de prima por vaca nutriz, primas especiais de carne de vacún e prima por sacrificio.

3. Así mesmo, esta orde regula a aplicación en Galicia do sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axudas comunitarios, de acordo co previsto nos regulamentos (CEE) 3508/1992, do Consello e (CE) 2419/2001, da Comisión.

4. Para os efectos do disposto na presente orde, para que unha explotación agraria se considere situada en Galicia, deberá atoparse nunha das dúas situacións seguintes:

a) No caso de que o productor presente solicitude de axuda por superficies, de indemnización compensatoria ou declaración de superficies forraxeiras, cando a maior parte da superficie das parcelas relacionadas na devandita solicitude se atope en Galicia.

b) Nos demais casos, cando a maior parte da superficie da súa explotación dedicada á alimentación do gando polo que se solicite a prima se atope en Galicia.

Artigo 2º.-Condicións das solicitudes de axuda.

1. Solicitude única.

Os interesados en obte-los pagamentos por superficie de cultivos herbáceos e leguminosas gran, primas por vacas nutrices, pagamentos por extensificación, primas de ovino-cabrún e indemnización compensatoria de zonas desfavorecidas deberán presentar unha única solicitude, de acordo cos modelos do anexo 1.

2. Solicitude doutras primas gandeiras.

Para a prima especial ós productores de carne de vacún e para a prima ó sacrificio poderase presentar máis dunha solicitude ó longo do ano de xeito individualizado.

3. Os productores poderán tramita-las axudas incluídas na solicitude única a través das entidades financeiras que teñan asinado ou asinen un convenio

para o efecto co Ilgga ó abeiro do disposto na orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, do 21 de decembro de 2001.

4. As solicitudes deberán ser asinadas polo titular da explotación ou persoa debidamente autorizada por el no seu nome.

5. Coas solicitudes achegaranse, ademais dos específicos de cada tipo de axuda, os seguintes documentos:

a) Fotocopia do CIF, DNI ou etiqueta de identificación fiscal do solicitante e do cónxuxe. No caso de que o DNI non leve a letra do NIF, será necesario presentar, ademais, fotocopia do NIF.

b) Certificado da entidade financeira acreditativo do código conta-cliente da titularidade do solicitante, para a transferencia das axudas, ou selo da entidade financeira no impreso indicativo da conta bancaria.

c) Documento de autorización de sinatura da solicitude se non é o titular quen a asina e a presenta.

d) Ademais, cando na solicitude de axudas (anexo 1 DP) non se autorizase o Ilgga e a Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria para solicitar da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Economía e Facenda, a expedición dos certificados acreditativos de estar ó corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública desta comunidade autónoma, deberá achegar por si mesmo as ditas certificacións xunto coa solicitude.

e) Copia do impreso de cambio de titularidade da explotación en caso de novos solicitantes.

Artigo 3º.-Prazo de presentación e de admisión de solicitudes.

1. O prazo para a presentación das solicitudes de axuda por cultivos herbáceos, leguminosas gran, da declaración de superficies forraxeiras, primas por vacas nutrices, pagamentos por extensificación, primas de ovino cabrún e indemnización compesatoria, empezará o día 1 de xaneiro de 2003 e rematará o día 14 de marzo de 2003.

2. Ademais do anterior:

a) As solicitudes de prima especial de vacún, poderanse presentar desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do ano 2003.

b) As solicitudes de primas ó sacrificio presentaranse dentro dos catro meses seguintes ó do sacrificio e, en todo caso, nos seguintes períodos:

a) Do 1 ó 31 de marzo de 2003.

b) Do 1 ó 30 de xuño de 2003.

c) Do 1 ó 30 de setembro de 2003.

d) Do 1 de decembro do ano 2003, ó 15 de xaneiro de 2004.

A primeira das solicitudes de prima ó sacrificio presentada por un productor constituirase en decla

ración de participación no réxime de axuda, de acordo co disposto no artigo 34 do Regulamento (CE) 2342/1999.

No caso de animais que se exporten vivos a terceiros países, o prazo de catro meses contarase a partir da data de exportación.

3.1. De acordo co establecido no artigo 13 do Regulamento (CE) 2419/2001, a presentación das solicitudes de axuda por superficie ou por gando fóra dos prazos sinalados nas alíneas 1 e 2 b) dará lugar a unha reducción, do 1% por día hábil, dos importes ós que o productor tería dereito no caso da presentación no prazo previsto, agás nos casos de forza maior.

3.2. No caso de retraso superior a 25 días naturais a solicitude considerarase inadmisible.

3.3. A presentaciòn fóra de prazo das solicitudes de axuda por superficie que teñan por obxecto unicamente pastos permanentes, darán lugar a unha reducción, do 0,5% por día hábil, dos importes ós que tivera dereito o productor con cargo ós réximes de axuda correspondentes.

3.4. Cando as solicitudes de axuda por superficie correspondentes ás superficies forraxeiras se presenten fóra de prazo, a reducción acumularase ás reduccións aplicables pola presentación tardía das solicitudes de axuda establecidas nos artigos 12 e 13 do Regulamento (CE) 1254/1999.

Artigo 4º.-Presentación das solicitudes.

1. Sen prexuízo do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a solicitude única de axudas e as correspondentes a outras primas gandeiras presentaranse, na Oficina Agraria Comarcal na que estea situada a explotación ou, se é o caso, onde estea a maior parte da superficie da relación de parcelas agrícolas incluÍdas na solicitude única.

2. Non obstante, para a cobertura das súas solicitudes os interesados poderán dirixirse ás oficinas das entidades financeiras asinantes do convenio co Ilgga para a tramitación das axudas e primas da presente orde ó abeiro do disposto na orde desta consellería, do 21 de decembro de 2001 (DOG 28/12/2001), segundo o disposto no artigo 2º.3.

Artigo 5º.-Definicións.

1. Definicións relativas a axudas por superficie e declaración de superficie forraxeira:

a) Explotación, o conxunto de unidades de producción xestionadas polo titular da explotación que se atopen no territorio do Estado español.

b) Titular da explotación, o productor agrícola individual, persoa física ou xurídica ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, cando a súa explotación se atope no territorio do Estado español.

c) Parcela agrícola, a superficie continua de terreo na que un único titular de explotación realice un único tipo de cultivo.

Considerarase como parcela agrícola a que conteña, pola súa vez, árbores, sempre que o cultivo herbáceo ou os labores de barbeito, no caso de que sexa afectada polo cumprimento do requisito de retirada de terras, poidan ser realizadas en condicións similares ás das parcelas non arbóreas da mesma zona. Neste caso, a superficie que se vai considerar, para efectos de solicitude e concesión das axudas, será a resultante de minora-la superficie ocupada polas árbores.

d) Superficie forraxeira, a superficie da explotación dispoñible durante todo o ano natural para a cría de bovinos, ovinos ou cabrúns. Non se contabilizarán nesta superficie:

-As construccións, os bosques, os regos e os camiños.

-As superficies que se empreguen para outros cultivos beneficiarios dun réxime de axuda comunitario ou que se utilicen para cultivos permanentes ou hortícolas.

-As superficies ás que se aplique o réxime de apoio fixado para os productores de determinados cultivos herbáceos, utilizadas para réxime de axuda para as forraxes desecadas ou obxecto dun programa nacional ou comunitario de retirada de terras.

A superficie forraxeira incluirá as superficies utilizadas en común e as que estean dedicadas a un cultivo mixto, debendo comprender, alomenos, un 50 por cento de terrra de pastoreo, cando o solicitante se acolla ó pagamento por extensificación e, neste caso, as superficies dedicadas a cultivos herbáceos non serán consideradas como forraxeiras.

e) Terra de pastoreo, a superficie ocupada por calquera producción vexetal, espontánea ou sementada, que proporciona alimento ó gando vacún ou ovino mediante pastoreo ou de maneira mixta: pastoreo e como forraxe, en verde ou conservado.

2. Definicións correspondentes ás axudas ó sector vacún:

a) Productor de carne de vacún, o gandeiro, persoa física ou xurídica, ou agrupación destas persoas físicas ou xurídicas, cando a súa explotación se atope no territorio do Estado español e se dedique á cría de animais da especie bovina.

b) Explotación de vacún, o conxunto de unidades de producción administradas polo productor, situadas no territorio do Estado español.

c) Touro, un animal macho non capado da especie bovina.

d) Boi, un animal macho capado da especie bovina.

e) Vaca nutriz, a vaca que perteneza a unha raza cárnica ou que proceda dun cruzamento con algunha desas razas e que forme parte dun rabaño que estea destinado á cría de tenreiros para a producción de carne.

f) Xovenca, o bovino femia a partir de oito meses de idade que non parira.

3. Definicións correspondentes ás axudas ó sector ovino e cabrún:

a) Productor de carne de ovino e cabrún, o gandeiro individual, persoa física ou xurídica, que asuma de forma permanente os riscos e a organización da cría de, polo menos, dez ovellas e, en todo caso, dez ovellas ou cabras, nas explotacións situadas nas provincias de Ourense e Pontevedra ou nas zonas de montaña das de Lugo e A Coruña, tal como se definen no artigo 18 do Regulamento (CE) 1257/1999, do Consello, do 17 de maio, relativo a axudas ó desenvolvemento rural.

b) Explotación de ovino/cabrún, o conxunto de unidades de producción administradas polo productor ou postas a súa disposición e situadas no territorio español.

c) Ovella, toda femia da especie ovina que parira polo menos unha vez, ou que teña, como mínimo, un ano o derradeiro día do período de retención.

d) Cabra, toda femia da especie cabruna que parira polo menos unha vez, ou que teña, como mínimo, un ano o derradeiro día do período de retención.

4. Definicións correspondentes á indemnización compensatoria:

a) Explotación agraria:

O conxunto de bens e dereitos organizados empresarialmente polo seu titular no exercicio da actividade agraria, primordialmente con fin de mercado e que constitúe, en si mesma, unha unidade técnico-económica.

b) Titular de explotación:

A persoa física ou xurídica que exerce a actividade agraria, organizando os bens e dereitos integrantes da explotación, con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidade civil, social e fiscal que poidan derivarse da xestión da explotación.

c) Agricultor a título principal:

O agricultor profesional que obteña, polo menos, o 50% da súa renda, da actividade agraria exercida na súa explotación e o seu tempo de traballo dedicado a actividades non relacionadas coa explotación sexa inferior á metade do seu tempo de traballo total.

d) Explotacións agrarias prioritarias:

As explotacións agrarias familiares e as asociadas que estean cualificadas como prioritarias, conforme a Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización de explotacións.

e) Módulo base:

É a cantidade que se vai pagar na indemnización compensatoria por hectárea de superficie indemnizable.

f) Boas prácticas agrarias:

Enténdense como tales as que aplica un agricultor responsable na súa explotación e que inclúen o cumprimento dos requisitos medioambientais obrigato

rios e as que foron definidas, expresamente, polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, para as actuacións en zonas desfavorecidas e que se indican no anexo 19.

g) Unidade de Gando Maior (UGM):

Enténdese por UGM, os touros, vacas e outros animais da especie bovina de máis de dous anos e os équidos de máis de seis meses. Para outras idades ou especies de gando establécese a seguinte equivalencia:

a) Os bovinos de seis meses a dous anos equivalen a 0,6 UGM.

b) Cada animal da especie ovina ou cabruna equivale a 0,15 UGM.

Capítulo II

Das solicitudes de axudas por superficie

Artígo 6º.-Plan de rexionalización e subsuperficies.

1. As zonas homoxéneas de producción, determinadas de acordo co establecido no Plan de Rexionalización Productiva, así como os índices de barbeito, os rendementos medios dos cereais en secaño, de cereais en regadío, de millo en regadío e doutros cereais en regadío, diferenciados por provincia e comarca agraria, que servirán de base para a aplicación do sistema de pagamentos por superficie ós productores de determinados cultivos en Galicia, son os que se indican no anexo 3.

2. As subsuperficies básicas de secaño e de regadío correspondentes a Galicia son de 75.399 ha e 2.000 ha, respectivamente. Desta superficie total de regadío, 500 ha corresponden a millo.

3. Para os efectos da percepción de pagamentos por superficies en regadío, terán a consideración de regadío as parcelas agrícolas catastradas como tales.

Artigo 7º.-Retirada de terras.

1. Aqueles productores que soliciten pagamentos por unha superficie que non exceda da necesaria para producir 92 toneladas de cereais, en función dos rendementos determinados no Plan de Rexionalización Productiva (anexo 3) para cada comarca e tipo de cultivo que figure na solicitude, non estarán obrigados a retirar terra da producción. Polo tanto, toda retirada de cultivo que realicen terá a consideración de voluntaria e, en consecuencia, haberá de respecta-lo límite establecido para esta.

2. Os productores non incluídos na alínea 1, que soliciten un pagamento por superficies deberán retirar da producción parte da terra das súas explotacións, percibindo a correspondente compensación.

Esta obriga poderá cumprirse mediante as seguintes modalidades:

a) Retirada fixa, que implica un compromiso de retirada das parcelas afectadas, durante un período plurianual non superior a cinco anos, aplicándose

o establecido no artigo 20 do Regulamento (CE) 2316/1999, da Comisión.

b) Retirada libre, que non esixe ningún compromiso plurianual respecto das parcelas que han de retirarse do cultivo.

3. Considerase retirada voluntaria a realizada nunha porcentaxe superior ó 10% establecida como básica e obrigatoria pola regulamentación comunitaria, desde a campaña de comercialización 2000/2001 ata a campaña de comercialización 2006/2007.

A retirada voluntaria poderá alcanzar ata o 10% da superficie total pola que se solicitan pagamentos en secaño ou en regadío, ou superala nos casos previstos na alínea 3º do artigo 12 do Real decreto 1026/2002, do 4 de outubro.

4. Para poderen percibi-los pagamentos correspondentes en terras retiradas do cultivo realizarase o barbeito, de acordo coas directrices que se indican no anexo 4.

5. Nas superficies retiradas, os productores poderán cultivar, con fins distintos ó consumo humano ou animal, as materias primas indicadas nos anexos I e II do Regulamento (CE) 2461/1999, da Comisión, do 19 de novembro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1251/1999, do Consello, no que respecta á utilización das terras retiradas da producción con vistas á obtención de materias primas para a fabricación, na Comunidade Europea, de productos que non se destinen directamente ó consumo humano ou animal «NON FOOD», sen perde-lo dereito ó pagamento por superficie, agás se se cultiva remolacha, pataca e achicoria, casos nos que non se percibirá o pagamento correspondente á retirada.

Para os efectos das obrigas destes productores, dos receptores e dos transformadores, haberá que aterse ó disposto nos artigos 16, 17 e anexo 6 do Real decreto 1026/2002, do 4 de outubro, sobre pagamentos por superficie a determinados productos agrícolas.

Artigo 8º.-Requisitos para optar ós pagamentos por superficie ós productores de liño e cánabo destinados á producción de fibra

O pagamento por superficie de liño destinado á producción de fibras supeditarase, segundo os casos, á presentación, a máis tardar o 15 de setembro seguinte a presentación da solicitude, dunha copia dun dos contratos, ou do compromiso ós que se refire a alínea 1º do artigo 2 do Regulamento (CE) 1673/2000, do Consello, do 27 de xullo, polo que se establece a organización común do mercado no sector do liño e do cánabo destinados á producción de fibra. Ademais, os agricultores deberán utilizar nas sementeiras unicamente sementes certificadas, das variedades autorizadas que figuran no anexo 7, nas doses mínimas que se indican no anexo 5.

Artigo 9º.-Requisitos para optar ós pagamentos por superficie ós productores de oleaxinosas.

Para poder optar ós pagamentos por superficie de oleaxinosas, os agricultores deberán utilizar nas

sementeiras sementes en doses acordes coas prácticas tradicionais da zona en que radiquen as parcelas de oleaxinosas. Para as sementeiras de oleaxinosas só se poderá utilizar semente certificada. En todo caso, os agricultores axustaranse ó disposto nos artigos 3 e 4 do Regulamento (CE) 2316/1999, da Comisión e utiliza-las doses mínimas de sementes do anexo 5.

Artigo 10º.-Superficie mínima pola que se poden solicitar axudas.

A superficie mínima pola que se poden solicitar axudas por superficie para cereais, oleaxinosas, proteaxinosas e liño é de 0,30 ha no conxunto deses cultivos.

A superficie de retirada deberá ter unha extensión de, polo menos, 0,3 ha, por parcela indivisa e unha largura de 20 metros, como mínimo, agás os casos indicados no artigo 18.2º do Real decreto 1026/2002, do 4 de outubro.

Artigo 11º.-Contido das solicitudes de axudas por superficies.

1. Na solicitude de axuda por superficies deberán relacionarse a totalidade das parcelas agrícolas e das superficies forraxeiras da explotación, que incluirán tódalas utilizacións presentes nesta.

2. Para cada parcela agrícola deberán, así mesmo, indicarse, no impreso PA do anexo 1:

a) As referencias identificativas, que serán as alfanuméricas correspondentes á parcela ou parcelas catastrais que, en todo ou en parte, constitúen a correspondente parcela agrícola, constituídas por provincia, municipio, polígono e parcela (zona catastral ou de concentración parcelaria, se é o caso), así como a superficie catastral e sementada, en hectáreas, con dous decimais e nome do predio ou lugar, se é o caso.

No que atinxe ás superficies forraxeiras de montes veciñais en man común ou similares, utilizadas conxuntamente por varios productores, só se anotarán as referencias catastrais relativas á situación das distintas parcelas (provincia e municipio) con indicación expresa do nome e, se é o caso, código do monte veciñal ou similar, a superficie forraxeira total e a superficie utilizada.

b) A especie cultivada, indicando a variedade, cando se trate de liño téxtil e o grupo de cultivo ó que pertence, en función da finalidade da declaración realizada, segundo se especifica nos anexos 6 e 7 desta orde.

De se-lo caso, o solicitante diferenciará se a parcela agrícola debe ser tida en conta como superficie forraxeira, ben para efectos de carga gandeira ou de utilización para obter forraxes desecadas (non percibindo, entón, axudas por superficie para os cultivos subvencionables sementados nela), ou se está sementada de cultivos subvencionables (cereais,

millo, oleaxinosas, proteaxinosas, leguminosas ou liño), ou ben se se trata doutras utilizacións.

No caso do liño téxtil, especificarase a data de sementeira e a dose de semente utilizada, segundo o anexo 8.

O tipo de retirada de cultivo, diferenciando entre: retirada obrigatoria (especificando se se trata de fixa ou non fixa) e retirada voluntaria (anexo 6). Especificarase, nos tipos de retiradas distintas das «NON FOOD» se se manterá a terra baleira ou cunha cuberta vexetal cun cultivo non destinado á alimentación humana nin animal ou a outro tipo, segundo se indica no anexo 7.

Para as retiradas «NON FOOD» indicarase tamén a variedade de acordo co cadro correspondente no mesmo anexo 7.

c) O sistema de explotación: secaño ou regadío.

d) Nas superficies ou parcelas agrícolas declaradas para efectos do cálculo do factor de densidade gandeira da explotación, indicarase a parte destas que se considerarán como terras de pastoreo.

No caso de terras de pastoreo, indicarase se corresponden a superficies pastables ou de aproveitamento mixto (pastoreo e como forraxe verde ou conservado), de acordo co indicado no anexo 9.

3. A declaración de superficies para a campaña 2003 deberá de facerse de acordo coas referencias identificativas e superficies correpondentes co catastro vixente na data de publicación do padrón do ano 2002 aínda no caso de que o catastro fora renovado con posterioridade.

4. Naqueles termos municipais, ou parte destes, onde se estea executando a concentración parcelaria ou se procedera á reordenación da propiedade e para os que non se dispoña dun catastro renovado, poderanse admiti-las novas referencias identificativas alfanuméricas contidas nos plans oficiais de concentración parcelaria en tanto non se dispoña dos novos datos de catastro. Estas zonas indícanse no anexo 10.

Artigo 12º.-Declaración de superficies forraxeiras.

1. Os productores que desexen obter algunha das axudas a explotacións gandeiras relativas á prima por vaca nutriz, prima nacional complementaria, prima especial a productores de carne de vacún ou pagamentos por extensificación, deberán presentar unha declaración de superficie forraxeira.

2. Non obstante o anterior, estarán exentos de presenta-la declaración de superficies forraxeiras os productores que se atopen nalgunha das seguintes situacións:

a) Productores de vacas nutrices e de bovinos machos, cando o número de animais que deban tomarse en consideración para a determinación da carga gandeira da súa explotación non supere as 15 UGM e que, ademais, non desexen beneficiarse do pagamento por extensificación.

b) Productores de vacún que desexen beneficiarse, exclusivamente, das primas por sacrificio establecidas nos artigos 22º ó 25º desta orde.

c) Productores de ovino e cabrún que non desexen beneficiarse de primas no sector vacún, con excepción das primas por sacrificio establecidas nos artigos 22º ó 25º desta orde, ou que aínda que desexen beneficiarse destas, se atopen englobados na letra a) deste punto.

Artigo 13º.-Documentación complementaria das solicitudes de axudas por superficies e declaración de superficies forraxeiras.

1. Ademais da documentación indicada na alínea 5º do artigo 2, as solicitudes de axuda para superficies ou declaración de superficies forraxeiras deberán acompañarse do seguiente:

a) Certificado da autoridade competente, segundo modelo do anexo 11, no caso de montes veciñais en man común, ou similares, onde existan as superficies forraxeiras utilizadas conxuntamente por varios productores. No caso de montes que dispoñan de código, a relación de parcelas catastrais que compoñen este será remitida polo responsable do monte ó Servicio Provincial do Ilgga.

b) Bosquexos acoutados que permitan situar e localiza-las parcelas agrícolas (agás montes veciñais en man común ou similares), no caso de parcelas catastrais con superficie catastral superior a 10 ha e declaradas parcialmente.

c) No caso de declarar parcelas con referencias de Catastro de Urbana, certificación da Xerencia Territorial de Catastro relativa a estas mesmas e plano ou bosquexo que permita a súa perfecta identificación no terreo.

d) Para as superficies de regadío, certificado expedido polas xerencias territoriais do catastro, no que se acredite a superficie de regadío das parcelas catastrais que forman parte das parcelas declaradas. Quedarán exentas desta obriga as parcelas que recibiran axudas por superficie como regadío na campaña anterior.

2. Nos controis que se efectúen poderáselle pedir ó titular da explotación que acredite a titularidade das parcelas e, se é o caso, que presente as facturas de compra das sementes utilizadas na sementeira destas, así como a documentación complementaria xustificativa das circunstancias indicadas na solicitude.

A xustificación insuficiente derivada da alínea anterior poderá dar lugar á exclusión das parcelas controladas das axudas.

Artigo 14º.-Modificación das solicitudes de axudas por superficies e os seus requisitos.

1. De acordo co establecido no artigo 8 do Regulamento 2419/2001, e sen prexuízo do disposto na alínea 3, unha vez rematado o prazo para a presentación das solicitudes de axudas por superficie, as parcelas agrícolas, que aínda non se declarararan

na solicitude de axuda poderán engadirse a esta e poderán introducirse cambios relativos á utilización ou ó réxime de axuda, sempre que cumpran os requisitos fixados nas normas sectoriais aplicables ó réxime de axuda correspondente.

2. A adición de parcelas agrícolas ou as modificacións introducidas de conformidade coa alínea 1 comunicaranse por escrito ó servicio provincial do Ilgga a máis tardar o 31 de maio de 2003.

3. Non obstante cando o Ilgga informase o productor da existencia de irregularidades na súa solicitude de axuda ou cando lle manifestara a súa intención de levar a cabo un control sobre o terreo e cando este control puxera de manifesto a existencia de irregularidades, non se autorizarán as adicións nin os cambios contemplados nas alíneas 1 e 2 respecto das parcelas agrícolas afectadas pola irregularidade.

4. As modificacións das solicitudes de axudas superficies contempladas neste artigo, presentaranse no mesmo tipo de impresos específicos indicados no anexo 1, modelos PA e RS. Na súa cabeceira escribirase con letras maiúsculas a frase modificación de solicitude, especificando o número de expediente asignado á súa solicitude, o dato ou datos suxeitos a modificación e a documentación xustificativa destes. No obstante, cando se trate de pequenos productores sen obriga de retirar terras da producción, ou que só declararan superficies forraxeiras, poderá utilizarse o impreso do anexo 12.

Artigo 15º.-Notificación de non sementeira.

1. A data límite de sementeira para tódolos cultivos herbáceos incluídos no Regulamento (CE) 1251/1999 é o 31 de maio do 2003, agás para o millo doce que será o 15 de xuño.

2. Os titulares de explotacións agrarias que, con posterioridade á presentación da súa solicitude de axuda a superficies ou, se é o caso, da solicitude de modificación, decidan que non van sementar na súa totalidade as superficies previstas, deberán notificalo ata as datas límite sinaladas no punto anterior.

Para realizar esta modificación deberá cubrirse o formulario para a solicitude de axuda superficies indicado no anexo 1, modelos PA e RS, nos que na súa cabeceira, se escribirá, con letras maiúsculas, a frase notificación de non sementeira, especificando o número de expediente asignado á súa solicitude, o dato ou datos suxeitos á modificación e á documentación xustificativa destes. Non obstante, cando se trate de pequenos productores do sistema simplificado ou que só declararan superficies forraxeiras, poderá utilizarse o impreso do anexo 12.

As notificacións previstas no presente artigo e no artigo 14º, na forma e prazos anteriormente indicados, presentaranse, preferentemente, na mesma oficina na que se presentou a solicitude de axuda, de acordo co previsto no artigo 4º desta orde.

Capítulo III

Das solicitudes de primas gandeiras

Sección primeira

Prima por vacas nutrices

Artigo 16º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios da prima por vaca nutriz, prevista no punto 4 do artigo 6 do Regulamento (CE) 1254/1999, os productores que así o soliciten, de acordo cos modelos DP, RG, VN e IA do anexo 1, teñan asignados dereitos individuais de prima, e cumpran as condicións indicadas nos artigos 31º, 32º, 33º e 34º desta orde e que se atopen incluídos nalgún dos seguintes supostos:

a) Que non vendan leite ou productos lácteos procedentes da explotación durante os 12 meses seguintes á presentación da solicitude.

Non obstante, a subministración de leite ou productos lácteos efectuada directamente da explotación ó consumidor non impedirá a concesión da prima.

b) Que aínda vendendo leite ou productos lácteos na explotación, teñan unha cantidade de referencia individual asignada o 31 de marzo do ano 2003, igual ou inferior a 120.000 quilos.

Cando na explotación se venda leite, para determina-lo número de cabezas primables, a pertenza dos animais ó censo de vacas leiteiras ou ó de nutrices establecerase mediante a relación entre a cantidade de referencia para a producción de leite do beneficiario e o rendemento leiteiro medio para España de 4.650 kg/vaca. Non obstante, os productores que acrediten oficialmente un rendemento leiteiro superior, poderán utilizar este último para a realización do cálculo.

2. Os productores deben manter na súa explotación un número de vacas nutrices ó menos igual ó 60 por cento do número total de animais polo que solicita a axuda e un número de xovencas que non supere o 40 por cento do devandito número total.

Non obstante, para o ano 2003, o número do xovencas que deberá conservarse será igual, ou non inferior ó 15 por cento do número total de animais polo que solicita a axuda. A esixencia dun número mínimo de xovencas no rabaño non será aplicable ós productores que soliciten a prima para menos de 14 animais.

No caso de que o cálculo do número mínimo ou máximo de xovencas, expresado en forma de porcentaxe, dea como resultado un número fraccionario de animais, o dito número redondearase á unidade inferior se é menor de 0,5 e o número entero superior se é igual ou superior a 0,5.

3. Para ter dereito á prima, as vacas nutrices e as xovencas deberán pertencer a unha raza cárnica ou procederen dun cruzamento cunha destas razas e formaren parte dun rabaño destinado á cría de tenreiros para a producción de carne. Para estes efectos, non se considerarán vacas ou xovencas de

raza cárnica, as de razas bovinas enumeradas no anexo 13 da presente orde.

4. Os solicitantes de prima a productores con vacas nutrices deberanse comprometer:

a) No caso dos productores contemplados na letra a) da alínea 1, a non realizar entregas de leite ou productos lácteos procedentes da súa explotación a compradores, durante o período de doce meses a partir do día de presentación da solicitude.

b) No caso dos productores contemplados na letra b) da alínea 1, a non incrementa-la súa cantidade de referencia individual de leite asignada por encima dos 120.000 quilos, durante o período de doce meses a partir do día de presentación da solicitude.

Artigo 17º.-Prima nacional complementaria.

Os beneficiarios por vaca nutriz regulada no artigo anterior obterán unha prima nacional complementaria de 24,15 euros por idéntico número de cabezas.

Sección segunda

Prima especial a productores de carne de vacún

Artigo 18º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios da prima especial, contemplada no artigo 4 do Regulamento (CE) 1254/1999, os productores de bovinos machos que o soliciten, de acordo cos modelos T do anexo 2 desta orde e cumpran as condicións descritas nesta orde e na normativa estatal e comunitaria aplicables.

2. A prima especial concederase por un máximo de 90 animais por explotación e grupo de idade. No caso dos touros, un mesmo animal no poderá ser obxecto de máis dunha solicitude de prima. Os bois poderán ser obxecto de prima unha vez por cada un dos grupos de idade que se indican na letra b) do punto seguinte.

3. Só poderán ser obxecto de subvención os animais que, na data inicial do período de retención:

a) Teñan como mínimo 7 meses, no caso de touros.

b) Teñan como mínimo 7 meses e, como máximo 19, no primeiro grupo de idade, ou como mínimo 20 meses, no segundo grupo de idade, no caso de bois.

4. Non obstante o disposto no punto 2, os cebadeiros comunitarios nos que os socios posúan vacas nutrices e nos que só se engorden animais nados das devanditas vacas e que cumpran co resto das condicións establecidas na normativa estatal poderán beneficiarse da prima especial, polo número máximo de animais indicado.

5. Os documentos administrativos ós que se refire o artigo 9 do Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, presentados xunto coa solicitude de prima especial correspondentes a cada un dos animais polos que se solicita a prima, serán devoltos ó productor unha vez rematado o período de retención, facendo constar nestes que a prima foi solicitada.

6. De acordo co artigo 3 do Regulamento (CE) 2342/1999, respecto dos animais excluídos do beneficio da prima por aplicación do factor de densidade gandeira ou do previsto no artigo 29º da presente orde, considerarase que recibiron a prima.

7. No caso de que un bovino macho sexa obxecto dun traslado a outro Estado membro da Comunidade Europea, o documento administrativo citado na alínea 5 utilizarase como documento administrativo de intercambio comercial, de acordo co disposto no artigo 4 do Regulamento (CE) 2342/1999, para os efectos de control no dito Estado membro.

7. Igualmente, se un productor establecido en España adquire bovinos machos noutro Estado membro, para poder solicita-la prima en España para os devanditos animais, deberá presentarlle á Dirección do Ilgga o documento administrativo de intercambio comercial correspondente, expedido polas autoridades competentes do Estado membro de procedencia, ou o documento equivalente que se estableza en aplicación do disposto no Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro.

Sección terceira

Pagamentos por extensificación

Artigo 19.-Pagamento por extensificación. Condicións xerais de concesións.

1. Os beneficiarios da prima especial, da prima por vacas nutrices, ou de ámbalas dúas, recibirán, logo de solicitude, de acordo cos modelos DP, RS, PA, RG e REX do anexo 1, un pagamento por extensificación, segundo o previsto no artigo 13 do Regulamento (CE) 1254/1999, cando a carga gandeira da súa explotación sexa inferior ou igual a 1,4 UGM por hectárea.

2. Para estes efectos, os solicitantes poderán acollerse, pola súa elección, ás dúas modalidades de acceso ó rexime de pagamento por extensificación.

a) Rexime simplificado, para aqueles productores que se comprometan a manter tódolos días ó longo do ano natural, unha densidade gandeira igual ou inferior a 1,4 UGM por hectárea.

b) Réxime media, para aqueles productores que manteñan durante o ano unha densidade gandeira igual ou por debaixo de 1,4 UGM por hectárea, calculada en forma de media aritmética, sobre a base do censo da explotación, en cinco datas de reconto, que establecerá o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación.

3. En ámbalas dúas modalidades e, non obstante o disposto no artigo 32º da presente orde, para o acceso ó pagamento por extensificación á carga gandeira determinarase:

a) Tendo en conta tódolos bovinos, machos e femias, presentes na explotación durante o ano de que se trate, así como tódalas cabezas de gando ovino e cabrún polas que se presentara solicitude de prima.

b) Tomando en consideración unha superficie forraxeira que se compoñerá, nun 50 por cento, polo menos, de terras de pastoreo, segundo se definen nos artigos 5º.1.e) e 20º da presente orde. Non poderán considerarse superficies forraxeiras, para estes efectos, as utilizadas para a producción de cultivos herbáceos, segundo a definición do anexo 1 do Regulamento (CE) 1251/1999, do 17 de maio.

4. O número de animais converterase en UGM da forma descrita no artigo 34º.4 a) da presente orde.

Artigo 20º.-Terras de pastoreo.

1. Para os efectos do establecido no artigo anterior e no marco da definición de terras de pastoreo do artigo 5.1º e), desta orde, consideraranse terras de pastoreo as definidas no anexo 9 desta.

2. Co fin de garanti-la adecuada aplicación da presente orde, naquelas explotacións nas que a terra de pastoreo se atope xeograficamente separada do resto da explotación, o productor deberá demostrar que existe aproveitamento desta. Para tal efecto, as terras consideraranse xeograficamente separadas cando sexa necesario utilizar un medio de transporte para despraza-los animais ás devanditas terras.

3. Non poderán te-la consideración de terras de pastoreo aquelas parcelas que resultaran afectadas por un incendio, nalgún dos tres anos inmediatamente anteriores ó da presentación da declaración de superficies, agás que a autoridade competente teña autorizado, expresamente, o pastoreo nas devanditas terras, de acordo co establecido no Decreto 45/1999, polo que se establecen medidas preventivas e de restauración de áreas afectadas polos incendios forestais.

Artigo 21º.-Declaracións de carga gandeira.

1. Os productores de vacún que desexen beneficiarse do pagamento por extensificación de acordo coa modalidade media, descrita no artigo 19º.2.b) da presente orde, deberán declara-lo censo de gando vacún da súa explotación en cinco datas de reconto, ó longo do ano, establecidas aleatoriamente e publicadas no Boletín Oficial del Estado.

2. No prazo dun mes trala publicación das datas de reconto no BOE, os productores deberán presentar, ante os servicios provinciais do Ilgga, unha declaración do censo de vacún presente nas súas explotacións nas devanditas datas, no impreso especificado no anexo 15 desta orde.

3. Non se efectuarán pagamentos por extensificación a aqueles productores con declaración de carga gandeira que amosen un censo de animais igual a cero en máis dunha das devanditas datas. Así mesmo, se o contido da declaración demostra, nunha data de reconto, un censo inferior nun 70% á media aritmética das cinco datas, o productor deberá xustificar que tal censo obedece a prácticas habituais de xestión da explotación.

4. Non obstante, o disposto nas puntos 1 e 2 anteriores e sempre que tódolas unidades de producción gandeiras do titular estean radicadas en Galicia, o Ilgga, obterá a información sobre a carga gandeira das explotacións nas cinco datas de reconto, a partir da base de datos a que se refire o Real decreto 1980/1998 e non será necesario que os productores presenten ningunha declaración ó respecto.

Sección cuarta

Prima por sacrificio de vacún

Artigo 22º.-Beneficiarios.

1. Os productores de gando vacún poderán obte-la prima por sacrificio establecida no artigo 11 do Regulamento (CE) 1254/1999, cando os seus animais se sacrifiquen no interior da Unión Europea, ou se exporten vivos a un terceiro país, logo de solicitude, de acordo co modelo SA do anexo 2, e cumpran as condicións descritas nesta orde e na normativa estatal e comunitaria aplicables.

2. Só terán dereito á subvención os bovinos que, na data de sacrificio.

a) Teñan polo menos 8 meses de idade para a prima por sacrificio de bovinos adultos, ou

b) Teñan máis dun mes e menos de 7 meses e un peso en canal inferior a 160 quilos no caso da prima polo sacrificio de tenreiros.

No caso de animais de menos de 5 meses de idade, a condición relativa ó peso entenderase respectada.

Nos demais casos, para a determinación do peso en canal terase en conta a presentación e faenado dos canais que se describe no anexo 16 da presente orde.

Se por circunstancias excepcionais, non fose posible determina-lo peso en canal dos animais, considerarase que cumpren as condicións regulamentarias sempre que o peso vivo non sobrepase os 290 kg.

Artigo 23º.-Declaración de participación dos establecementos de sacrificio.

1. Co fin de simplifica-la xestión das primas ó sacrificio, así como de facilita-lo control destas, os centros de sacrificio autorizados en Galicia que desexen participar, por primeria vez, como colaboradores no réxime de primas por sacrificio, deberán comunicar, previamente, a súa vontade de participación no réxime de prima ó sacrificio, mediante escrito dirixido á dirección do Ilgga.

2. Para tal fin, a dita comunicación de participación conterá, polo menos, os seguintes extremos:

a) A identificación de establecemento de sacrificio autorizado, incluíndo o número de rexistro sanitario e o número de explotación gandeira deste, en virtude do disposto no Real decreto 1980/1998.

b) O compromiso de levar un rexistro informatizado, relativo ó sacrificio de tódolos animais que cumpran os requisitos para a obtención de prima, que inclúa, como mínimo:

-Data de sacrificio.

-Número de identificación dos animais, de acordo co establecido no Real decreto 1980/1998.

-Números de identificación dos canais, relacionados cos animais.

-Peso de cadanseu canais de bovino de idades comprendidas entre os cinco e menos de sete meses.

c) A descrición da presentación do faenado habitual dos canais dos bovinos, de máis de 1 mes e menos de 7 meses, que se utiliza no establecemento e o compromiso de realiza-la determinación do peso dos canais conforme ó procedemento descrito no anexo 16 da presente orde.

d) A identificación das persoas autorizadas para a remisión das probas de sacrificio mencionadas no artigo 24º.

e) O compromiso de someterse ós controis que estableza a autoridade competente e de colaborar na realización destes.

3. O incumprimento dalgún dos compromisos na declaración de participación, das obrigas establecidas no artigo 13 do Real decreto 1980/1998, ou do prazo establecido no artigo 24.4º desta orde, dará lugar á exclusión do establecemento da participación no réxime de primas durante un ano, sen prexuízo das responsabilidades de toda índole que puidesen derivarse, especialmente as recollidas na Lei 26/2001, do 27 de decembro, polo que se establece o sistema de infraccións e sancións en materia de encefalopatías esponxiformes transmisibles.

Artigo 24º.-Proba de sacrificio.

1. Só poderán terse en conta, para os efectos da prima por sacrificio, os animais que foran sacrificados en centros de sacrificio que tiveran declarada a súa participación nas devanditas primas, conforme o disposto no artigo anterior, que estean rexistradas conforme o previsto no Real decreto 1980/1998.

2. A comunicación da baixa do animal, realizada polo centro de sacrificio, conforme o establecido no artigo 13 do R.D. 1980/1998, terá a consideración de proba de sacrificio, no sentido aludido polo artigo 35, alínea 1ª letra a) do Regulamento (CE) 2342/1999, da Comisión, e realizarase a través da remisión mensual, á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, dun ficheiro de acordo coa descrición do anexo 17.

3. Ademais, e no caso de animais comprendidos entre 5 e menos de 7 meses e por petición do productor, o establecemento de sacrificio expedirá unha certificación relativa ó peso en canal de cada animal que se inclúa na solicitude de axuda, ou comunicará esta información no ficheiro indicado no anexo 17.

4. Sen prexuízo dos prazos de comunicación das baixas de animais establecidas no artigo 13 do Real decreto 1980/1998, e para os efectos de que o Ilgga poida efectua-las comprobacións previas ó pagamento da prima por sacrificio, tódolos animais sacri

ficados durante o ano 2003 deberán constar no servidor central da base de datos do sistema de identificación e rexistro dos bovinos, a máis tardar, o 28 de febreiro do ano 2004.

Artigo 25º.-Concesión de prima no caso de expedición ou exportación dos animais fóra de España.

1. No caso de expedición de animais subvencionables a outro Estado membro da Unión Europea, a prima prevista no artigo 22º solicitarase e concederase en España, sendo as condicións aplicables as descritas no devandito artigo. Non obstante, a proba de sacrificio, neste caso, consistirá nun certificado emitido polo matadoiro do Estado membro de destino, que conterá as mencións descritas na letra a) da alínea 1ª do artigo 35 do Regulamento (CE) 2342/1999.

2. Se os animais son exportados a un país que non pertenza á Unión Europea, as condicións serán as mesmas, pero a proba de sacrificio será substituída pola presentación das probas de exportación como parte da documentación que se cita no artigo 37º d).4 desta orde.

Sección quinta

Pagamentos adicionais a productores de gando bovino

Artigo 26º.-Principios xerais.

1. En aplicación do artigo 14 do Regulamento (CE) 1254/1999, do Consello, establécese un pagamento adicional ós productores de gando vacún situados en Galicia por unha contía total, para o ano 2003, de 5.476.243 euros.

2. Os pagamentos adicionais adoptarán a modalidade de pagamentos por cabeza de gando e realizaranse de acordo cos criterios establecidos no artigo 27º da presente orde, non podendo supera-lo importe de 100 euros por cabeza e ano.

3. Os importes unitarios indicados no artigo 27º poderán incrementarse ata un 50% no caso de que os beneficiarios:

a) Sexan agricultores mozos titulares de explotacións prioritarias.

b) Posúan vacas nutrices ou xovencas inscritas nalgúns dos libros xenealóxicos das razas bovinas autóctonas, tal e como se definen no Real decreto 1682/1997, do 7 de novembro, polo que se actualiza o catálogo oficial de Razas de Gando de España.

Artigo 27º.-Modalidades dos pagamentos.

Os pagamentos adicionais poderán adopta-las modalidades seguintes:

1º. Pagamentos adicionais á prima especial por bovino macho establecida no artigo 18º e á prima por vaca nutriz establecida no artigo 16º, da presente orde, para os productores que cumpran algunha das condicións seguintes:

a) Ser titulares de explotacións cualificadas como explotacións gandeiras ecolóxicas de acordo cos

requisitos do Regulamento (CE) 1804/1999, do Consello, do 19 de xullo, polo que se completa, para incluí-las produccións animais, o Regulamento (CE) 2092/1991, sobre producción agrícola ecolóxica e a súa indicación nos productos agrarios e alimentarios, sempre que estea sometida a un sistema de control externo que se axuste á norma EN 45011. Neste caso a axuda por cabeza será de 100 euros.

b) Ser titulares de explotacións que contribúan á fixación da poboación en determinadas zonas desfavorecidas, de acordo co establecido no artigo 18 do xa citado Regulamento (CE) 1257/1999, do 17 maio. A axuda por cabeza será de ata 50 euros.

c) Ser titulares ou cotitulares de explotacións agrarias prioritarias, tal e como se definen no artigo 2 do Real decreto 613/2001, de 8 de xuño, para a mellora e modernización das estructruas de producción das explotacións agrarias, cun importe de 50 euros por cabeza.

d) Ser titulares de explotacións que sexan catalogadas, de acordo co que a correspondente normativa nacional estableza, como de producción gandeira integrada, cun importe de 100 euros por cabeza.

e) Ser titulares de explotacións que obtiveran, nos cinco anos anteriores, ó abeiro do derrogado Real decreto 204/1996, do 9 de febreiro, polo que se dictan normas relativas á modernización das explotacións agrarias, ou do Real decreto 613/2001, do 8 de xuño, para a mellora e modernización das estructuras de producción das explotacións agrarias algunha dos seguintes tipos de axudas oficiais:

-Axuda para a realizacións de investimentos na explotación agraria.

-Axuda para a primeira instalación de agricultores mozos.

-Axudas a investimentos en plans de mellora destinadas a adecua-la base territorial da explotación.

O importe por cabeza será de 50 euros.

2. Pagamentos adicionais á prima por vaca nutriz establecida no artigo 16º, para os productores, cando a súa explotación reduza a súa carga gandeira, expresada en UGM por hectárea de superficie forraxeira, nun mínimo do 15 por cento, con respecto da carga gandeira consignada para a explotación no ano inmediatamente anterior. Para estes efectos, a superficie forraxeira que se vai considerar será a definida conforme o artigo 19º.3 b) da presente orde e as UGM as correspondentes ó artigo 19º.3.a).

A reducción da carga gandeira que dará dereito a percibi-lo pagamento complementario, alcanzarase reducindo o número de cabezas de gando da explotación ou tamén aumentando a superficie de pastoreo, entendida esta no sentido do artigo 20º da presente orde, sempre que se trate de explotacións en proceso de reestructuración. Neste último caso, o Ilgga establecerá controis para que este pagamento adicional non constitúa un estímulo para altera-lo

espacio natural, en concreto, mediante o recurso a queimas ou prácticas tendentes a amplia-la superficie destinada a pastos con prexuízos graves para outros ecosistemas.

O importe por cabeza será de 100 euros.

3. Pagamentos adicionais á prima especial por bovino macho, establecida no artigo 18º para aqueles productores con explotacións nas que se engorden bovinos que pertenzan a algunha das razas autóctonas, tal e como se definen no Real decreto 1682/1997, polo múmero de animais pertencentes ás ditas razas.

O importe por cabeza será de 100 euros.

4. Pagamentos adicionais á prima por sacrificio de bovinos adultos, á que se refire o artigo 22º da presente orde, para os productores que cumpran algunha das condicións seguintes:

a) Que estean comercializando animais a través de programas de etiquetaxe facultativa de carne de vacún, de acordo co artigo 16 do Regulamento (CE) 1760/2000, do 17 de xullo, no que no seu prego de condicións se prevexa a inclusión de informacións adicionais nas etiquetas do producto.

Estas informacións referiranse :

-Ás condicións de alimentación do gando.

-Ó sistema ou modo de producción, ou

-Ós datos básicos dos animais dos que procede a carne, tales como a súa idade, raza, orixe ou outras informacións.

O sistema de control establecido pola entidade, en aplicación do artigo 16 do Regulamento (CE) 1760/2000, deberá incluír, expresamente, o control externo da veracidade de todas estas informacións a través de entidades de control que cumpran a norma EN 45011 e dispoñan do oportuno certificado de acreditación.

b) Que estean comercializando animais a través de indicacións xeográficas protexidas, de acordo co establecido no Regulamento (CEE) 2081/1992, do 14 de xullo, do Consello.

c) Que engorden na súa explotación, ata o sacrificio, os animais nados das súas vacas nutrices.

Os pagamentos poderán alcanzar unha contía de 100 euros por cabeza sacrificada, comercializada ou nada e engordada de acordo co indicado neste punto.

5. No caso de que a axuda total correspondente ós productores e animais indicados nos puntos 1 a 4, tendo en conta os incrementos do artigo 26º, supere a cantidade total de 5.476.243 euros, diminuirase proporcionalmente a axuda correspondente a cada productor ata que a suma acade o límite indicado.

Sección sexta

Primas a productores de ovino-cabrún

Artigo 28º.-Condicións xerais de concesión.

1. Ó abeiro do disposto nos regulamentos (CE) 2529, do Consello e 2550 da Comisión, do 19 e

21 de decembro de 2001 respectivamente, para ter dereito ás axudas, os solicitantes deberán solicitalo de acordo cos modelos DP, RG, OC e OL do anexo I, e:

a) Ter asignado un límite individual de dereitos de prima, de acordo co establecido no Real decreto 1839/1997, do 5 de decembro, polo que se establecen as normas para a realización de transferencias e cesións de dereitos de prima e para o acceso á reserva nacional.

b) Manter na súa explotación un número de animais que cumpran as condicións para a súa concesión igual, polo menos, a aquel polo que solicitara a axuda correspondente, durante un período mínimo de cen días, contados a partir do día do remate do prazo para a presentación das solicitudes. Calquera variación do número de animais obxecto de solicitude, incluído o seu traslado, deberá ser comunicado polo solicitante á autoridade competente.

2. O número de animais polo que se presente unha solicitude de prima non poderá ser inferior a dez.

Artigo 29º.-Prima por ovella e por cabra.

1. O productor que posúa ovellas na súa explotación poderá obte-la prima por ovella prevista no artigo 4 do Regulamento (CE) 2529/2001, de acordo coas condicións previstas na presente orde e na lexislación estatal e comunitaria.

2. O productor que posúa cabras na súa explotación poderá obte-la prima por cabra prevista no devandito artigo 4 do Regulamento (CE) 2529/2001 sempre que a súa explotación se atope situada nas provincias de Ourense e Pontevedra ou nas zonas de montaña, tal como se definen no artigo 18 do xa citado Regulamento (CE) 1257/1999 do Consello, do 17 de maio, das provincias de A Coruña e Lugo.

3. O período a considerar, en relación cos productores de ovino que comercializan leite ou productos lácteos de ovella, é o ano natural correspondente a aquél no que se solicita a prima.

Artigo 30º.-Prima complementaria.

Poderán obte-la prima complementaria prevista no artigo 5 do Regulamento(CE) 2529/2001 os productores de ovino e cabrún cando a súa explotación se atope situada nalgún dos municipios indicados no anexo 18 da presente orde, e sempre que, ó menos, o 50 por cento da superficie adicada á agricultura se sitúe en zonas desfavorecidas segundo a definición establecida no Regulamento (CE) 1257/1999.

Sección sétima

Pagamentos adicionais a productores de

ovino-cabrún

Artigo 31º.-Principios xerais.

1. En aplicación do artigo 11 do Regulamento (CE) 2529/2001, do Consello establécese un pagamento

adicional ós productores de ovino-cabrún situados en Galicia por un importe anual total de 157.486 euros.

2. Non obstante o establecido no punto anterior, esta cantidade incrementarase, para o ano 2003 mediante a reducción da contía dos pagamentos, contemplados no artigo 54.3º.d) desta orde, en 0,5 euros por cabeza.

3. Os pagamentos adicionais adoitarán a forma de pagamentos por cabeza de gando e realizaranse de acordo cos criterios establecidos no artigo 32º da presente orde, non superando o importe de 3 euros por cabeza e ano.

4. Os importes unitarios indicados na alínea 3 poderán incrementarse ata un 50% cando os beneficiarios se atopen nalgunha das seguintes circunstancias:

a) Sexan agricultores xoves titulares de explotacións prioritarias.

b) Posúan animais ovinos ou cabrúns, incritos nalgun dos libros xenealóxicos das razas ovina e cabrunas autóctonas, tal e como se definen no Real decreto 1682/1997, do 7 de novembro, polo que se actualiza o Catálogo Oficial de Razas de Gando en España. O incremento da contía unitaria, que poderá ser diferente en cada caso e sempre dentro do límite do 50 por cento, non será computable para os efectos da superficie do importe máximo fixado na alínea 3 do presente artigo.

Artigo 32º.-Modalidades dos pagamentos.

1. Os pagamentos adicionais poderan adopta-las modalidades seguintes:

a) Pagamentos adicionais ós productores de ovino e cabrún que posúan explotacións que contribúan á fixación da poboación en determinadas zonas catalogadas como desfavorecidas, de acordo co establecido no artigo 18 do Regulamento (CE) 1257/1999, do 17 de maio, sobre axuda ó desenvolvemento rural. A residencia do productor estará situada no termo municipal onde radica a explotación ou nun termo municipal limítrofe.

b) Pagamentos adicionais ós productores titulares ou cotitulares de explotacións agrarias prioritarias, tal e como se definen no artigo 2 do Real decreto 613/2001, do 8 de xuño, para a mellora e modernización das estructuras de producción das explotacións agrarias.

c) Pagamentos adicionais ós productores que posúan explotacións cualificadas como Explotacións Gandeiras Ecolóxicas de acordo cos requisitos do Regulamento (CE) 1804/1999 do Consello, do 19 de xullo, polo que se completa, para incluí-las produccións animais, o Regulamento (CEE) 2092/1991, sobre a producción agrícola ecolóxica e a súa indicación nos productos agrarios e alimenticios, sempre que estean sometidos a un sistema de control externo que se axuste á norma EN 45011.

d) Pagamentos adicionais ós productores que pertenzan a cooperativas ou agrupacións de productores agrarios (APA), e que a súa finalidade sexa a mellora e racionalización da transformación e comercialización da carne de ovino e cabrún.

e) Pagamentos adicionais ós productores que posúan explotacións que obtiveran nos cinco anos anteriores, ó abeiro do derrogado Real decreto 204/1996, do 9 de febreiro, sobre melloras estructurais e modernización das explotacións agrarias ou do Real decreto 613/2001, algunha dos seguintes tipos de axudas oficiais:

1ª Axuda para a realización de investimentos na explotación agraria.

2ª Axuda para a primeria instalación de agricultores xoves.

3ª Axudas a investimentos en plans de mellora destinadas a adecua-la base territorial da explotación.

f) Pagamentos adicionais ós productores integrados en agrupacións de defensa sanitaria (ADS), reguladas no Real decreto 1880/1996, do 2 de agosto, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.

g) Pagamentos adicionais ós productores que participan en denominacións específicas de calidade, tal e como queda recollido no Regulamento (CE) 2081/1992, do Consello, do 14 de xullo, relativo á protección das indicacións xeográficas e das denominacións de orixe das produccións agrícolas e alimentarias.

2. No caso de que a axuda total correspondente ós productores e animais indicados no punto 1 deste artigo, aplicando os importes unitarios previstos no punto 3 do artigo 31º, incrementados, se é o caso, co establecido no punto 4 do mesmo artigo, supere a cantidade total establecida no punto 1 do artigo 31º, aumentada co indicado no punto 2 do mesmo artigo, diminuirase proporcionalmente a axuda correspondente a cada productor ata que a suma se reduza ós límites establecidos.

Sección oitava

Condicionantes comúns a varias primas gandeiras

Artigo 33º. -Reducción do número de animais con dereito a prima por superación dos límites

1. Toda solicitude de prima á vaca nutriz e de prima en beneficio dos productores de ovino e cabrún, presentada para un número de animais que supere o dos dereitos individuais asignados ó productor en cada un dos réximes, será reducida ata o número de animais correspondentes ós ditos dereitos. Se a solicitude de prima en beneficio dos productores de ovino e cabrún corresponde a un rabaño mixto a, dita reducción será proporcional ó número de animais de cada especie que compoña o rabaño.

2. Se o número total de animais polo que se presentara unha solicitude de prima especial para o

primeiro tramo de idade, que respondan ás condicións para seren primados, supera no ano 2003 o límite máximo nacional de 643.525 animais, establecido no anexo 1 do Regulamento (CE) 1254/1999, do Consello, o número de animais con dereito a prima por productor reducirase proporcionalmente.

3. Se o número total de bovinos para os que se presentou unha solicitude de prima por sacrificio respecto de cada un dos grupos indicados no artigo 22º.2 da presente orde e que satisfagan as condicións para a concesión da prima, supera o límite nacional establecido para cada grupo de 1.982.216 animais de máis de 8 meses e 25.629 animais de máis de 1 mes e menos de 7 meses, reducirase proporcionalmente o número de tódolos bovinos con dereito a prima da dita categoría, por productor e para o ano que se trate. O ano de sacrificio ou da exportación determinará o ano de imputación dos animais obxecto dunha solicitude de prima por sacrificio.

Artigo 34º.-Factor de densidade gandeira da explotación.

1. A concesión das axudas ó vacún establecidas nos artigos 16º a 18º da presente orde, no ano 2003 estará supeditada a que o factor de densidade gandeira da explotación do solicitante non exceda de 1,8 unidades de gando maior (UGM) por hectárea dedicada ós animais nela mantidos, de acordo coa declaración de superficie forraxeira realizada polo solicitante.

2. Non obstante, os productores quedarán exentos da aplicación do factor de densidade gandeira cando o número de animais que manteñan na súa explotación e que deba tomarse en consideración para a determinación da dita carga non pase as 15 UGM, e ademais, non desexen percibi-lo pagamento por extensificación.

3. O número de bovinos machos e de vacas nutrices primables estará limitado pola aplicación do factor de densidade gandeira indicada no punto 1.

4. Para a determinación do factor de densidade gandeira da explotación deberán terse en conta:

a) As vacas nutrices e xovencas que sexan obxecto de solicitude de prima, así como os bovinos machos e os ovinos e cabrúns polos que se solicitan as primas correspondentes con cargo ó ano 2003. Así mesmo, as vacas leiteiras para produci-la cantidade de referencia de leite asignada individualmente ó productor o 31 de marzo do ano 2003.

A conversión do número de animais así obtido, en UGM, farase de acordo coa seguinte táboa de conversión:

-Bovinos machos e xovencas de máis de 24 meses de idade, vacas nutrices e vacas leiteiras: 1,0 UGM.

-Bovinos machos e xovencas de 6 meses a 2 anos: 0,6 UGM.

-Ovinos e cabrúns: 0,15 UGM.

b) A superficie forraxeira segundo se define no artigo 5.1.d) da presente orde.

5. En virtude do disposto no Regulamento (CE) 2342/1999, o Ilgga determinará, para cada productor, o número de UGM que corresponde ó número de animais polo que poderán ser concedidas primas no sector de vacún, tendo en conta a superficie forraxeira da explotación, de acordo co seguinte cálculo:

nmUGM = (superficie forraxeira determinada en hectáreas x 1,9) - (VL x 1 + OC x 0,15) sendo:

a) nmUGM: o máximo de UGM con dereito á prima especial e prima ás vacas nutrices.

b) Superficie forraxeira determinada: a declarada ou validada polo Ilgga unha vez aplicadas as normas de control integrado.

c) VL: o número de vacas leiteiras necesarias para produci-la cantidade de referencia individual asignada ó productor, o 31 de marzo anterior ó inicio do período de 12 meses de aplicación da taxa suplementaria, que empece o ano natural correspondente á solicitude da prima. Este número calcularase mediante o cociente enteiro, por exceso, entre a devandita cantidade de referencia e o rendemento medio para España que se establece en 4.650 quilos por vaca e ano. Non obstante, se o productor presenta un certificado oficial de control leiteiro no que se faga consta-lo rendemento medio da súa explotación, poderá utilizarse esta cifra en lugar da mencionada.

d) OC: o número de ovellas e cabras polas que se solicite a prima correspondente para o ano 2003, o número de dereitos á prima por ovino-cabrún dos que é titular o productor, no caso de que este número sexa inferior.

Artigo 35º.-Identificación e rexistro dos animais da especie bovina.

1. Cada animal polo que se solicite unha axuda deberá estar identificado, rexistrado e dotado do documento de identificación, conforme as disposicións do Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina .

2. Así mesmo, para beneficiarse das axudas, os productores deberán observa-la totalidade das esixencias establecidas no devandito real decreto.

Artigo 36º.-Períodos de retención.

1. Os productores de vacas nutrices deberán manter na súa explotación, durante un mínimo de 6 meses consecutivos, a partir do día seguinte á presentación da solicitude, un número total de animais primables, polo menos, igual a aquel polo que se solicitou a prima e dos que o número de vacas nutrices sexa, polo menos, igual ó 60% do número total de animais polo que solicita a axuda e o número de xovencas non supere o 40% do devandito total.

2. Para ter dereito á prima especial, o productor de vacún de carne deberá manter na súa explotación, para o engorde, durante dous meses, como mínimo,

contados desde o día seguinte ó da presentación da solicitude, os animais incluídos nesta.

3. Para teren dereito ás axudas de ovino-cabrún os solicitantes deberán manter na súa explotación un número de animais que cumpran as condicións para a súa concesión igual, polo menos, a aquel polo que solicitaron a axuda correspondente, durante un período mínimo de cen días, contados a partir do día seguinte ó de finalización do prazo para a presentación das solicitudes.

4. No que se refire ós productores de vacún que soliciten prima por sacrificio, deberán manter na súa explotación cada animal polo que solicite a prima, durante un período de retención mínimo de dous meses e sempre que este finalizara no prazo máximo dun mes antes do sacrificio. No caso de tenreiros sacrificados antes dos tres meses, o período de retención será dun mes.

5. Calquera diminución no número de animais polo que se solicitara a prima, que impida o seu mantemento na explotación nos períodos establecidos nos puntos 1, 2 e 3, deberá ser comunicada por escrito ó respectivo Servicio Provincial do Ilgga, no prazo máximo de dez días hábiles seguintes a partir do coñecemento do feito, con indicación das causas e a súa xustificación.

Para os efectos, as notificacións á base de datos de identificación e rexistro de animais da especie bovina, nos prazos previstos no Real decreto 1980/1998, terán a mesma validez que as comunicacións previstas no parágrafo primeiro deste punto 5 nos seguintes casos:

-Comunicación de baixas por causas de forza maior por consecuencia do sacrificio obrigatorio dos animais a causa dunha epizootia.

-Comunicación de baixas por causas naturais, previstas no artigo 49º.

-Comunicación do cambio de condición de xovenca a vaca nutriz.

6. Nas explotacións de gando en réxime de trashumancia ou cando fora necesario traslada-los animais con dereito a prima a unha unidade de producción diferente da indicada na solicitude, o productor queda obrigado a notifica-lo devadito traslado ó respectivo Servicio Provincial do Ilgga, antes da súa realización, mediante escrito razoado no que se expresen as causas que van a dar lugar ó traslado, así como as datas nas que se producirán os movementos, o número de animais que se van trasladar, coa súa identificación, o termo municipal e os predios ou lugares nas que se atoparán os animais, para efectos de poder efectua-las preceptivas inspeccións.

Artigo 37º.-Documentación complementaria das solicitudes de primas gandeiras.

Ademais das solicitudes específicas dos anexos 1 e 2 e da documentación indicada no artigo 5º.2,

os solicitantes de primas gandeiras achegarán a seguinte documentación:

a) Productores de vacas nutrices:

1. Relación de animais que constan na base de datos informatizada susceptibles de prima actualizada.

2. No caso de que se solicite por animais incorporados a explotacións e que aínda non figuren na relación anterior, fotocopia dos documentos de identificación bovina de cada animal (DIB).

3. Copias da portada e das páxinas do Libro de Explotación Gandeira, onde estean inscritos os animais polos que se solicita prima, cando as unidades de producción gandeira do titular estéan situadas noutra comunidade autónoma.

4. Se é o caso, certificación do xefe do Servicio de Producción Gandeira da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, que acredite o rendemento leiteiro oficial medio das vacas leiteiras da súa explotación, entre o 1 de decembro de 2001 e o 30 de novembro de 2002.

b) Productores de ovino-cabrún:

1. Fotocopia da portada do Libro de Explotación, actualizada.

2. Fotocopia das follas de balance ou de animais presentes do libro de explotación, actualizado.

3. Fotocopias das follas de actualización do censo de reproductoras ou femias de máis de 12 meses do Libro de Explotación, actualizado.

c) Os productores de carne de vacún, prima especial:

1. Orixinais dos exemplares de acompañamento do animal dos documentos administrativos de identificación de bovinos de cadanseu touro e/ou boi polo que se solicita prima, no que os servicios competentes farán consta-la data de solicitude de prima, incorporando, posteriormente, unha copia destes ó expediente e devolvendo o orixinal ó productor, unha vez rematado o período de retención de animais.

2. Se é o caso, certificación do xefe do Servicio de Producción Gandeira da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, que acredite o rendemento leiteiro oficial medio das vacas leiteiras da súa explotación, entre o 1 de decembro de 2001 e o 30 de novembro de 2002.

d) Productores acollidos á prima por sacrificio:

1. Orixinais ou copia dos exemplares para o interesado dos documentos de identificación bovina dos animais polos que se solicita prima.

2. No caso de animais de, polo menos, 5 meses e menores de 7 meses, e cando o establecemento de sacrificio non notifique directamente esta información á autoridade competente, certificado relativo ó peso en canal dos animais incluídos na solicitude de axudas.

3. No caso de animais sacrificados noutro país da Unión Europea, copia do certificado sanitario internacional, no que consten os números de iden

tificación individual dos animais e certificados de sacrificio destes, conforme a alínea 1º do artigo 15 do Real decreto 138/2002.

4. No caso de animais exportados vivos a un terceiro país, proba de saída do territorio aduaneiro da Unión Europea, DUA, e certificado sanitario internacional que conteña unha relación expresa do número de identificación auricular dos animais que foron exportados.

e) Productores acollidos ó pagamento por extensificación:

1. Copia da portada e da folla do balance do Libro de Explotación Gandeira actualizado, se existen unidades de producción noutras comunidades autónomas.

2. Declaración de carga gandeira, no caso de acollerse ó rexime media, de acordo co modelo do anexo 15 da presente orde, nas datas establecidas.

Capítulo IV

Indemnización compensatoria

Artigo 38º.-Ámbito de aplicación.

Poderase conceder unha indemnización compensatoria anual, ós agricultores que reúnan os requisitos que se establecen no artigo 39º, polas superficies das explotacións que radiquen nos municipios incluídos na lista comunitaria de zonas agrícolas desfavorecidas, cualificadas como zonas de montaña, despoboamento ou con dificultades especiais, conforme os artigos 18, 19 e 20, respectivamente, do Regulamento 1257/1999, e que se indican no anexo 18.

Artigo 39º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas indicadas na presente sección as persoas físicas que reúnan as seguintes condicións:

a) Ser agricultor a título principal ou titular dunha explotación agraria cualificada como prioritaria, ben a titulo individual ou como socio dunha explotación agraria constituída como cooperativa ou sociedade agraria de transformación. Cada socio poderá percibi-la indemnización correspondente á súa cota de participación que, se é o caso, deberá acumularse á da súa explotación individual para os efectos do cálculo dunha indemnización compensatoria única.

b) Residir no termo municipal no que radique a súa explotación ou nalgún dos municipios limítrofes localizados en zonas desfavorecidas.

c) Comprometerse, formalmente, a mante-la actividade agraria, polo menos durante os cinco anos seguintes á data en que cobre a indemnización, salvo causa de forza maior.

d) Comprometerse, formalmente, a exerce-la agricultura sustentable empregando métodos de boas prácticas agrícolas, adecuadas ás características agrarias da localidade, compatibles co medio e o mantemento do campo e da paisaxe, indicadas no anexo 19.

Artigo 40º.-Requisitos das explotacións.

1. As explotacións obxecto da axuda deberán cumpri-las seguintes condicións:

a) Estaren situadas, total ou parcialmente, nas zonas desfavorecidas indicadas no anexo 18.

b) Teren unha carga gandeira máxima de 1 UGM/ha de superficie forraxeira en comarcas con pluviometría media anual a 600 mm/ano; inferior a 1,5 UGM/ha, en comarcas con pluviometría media anual entre 600 e 800 mm/ano; e inferior ou igual a 2 UGM/ha en comarcas con pluviometría superior a 800 mm/ano. A carga gandeira mínima deberá ser maior ou igual a 0,2 UGM por hectárea.

c) Teren unha superficie agrícola superior a 2 ha.

d) Cumpri-las boas prácticas agrarias habituais, indicadas no anexo 19.

e) Para efectos do cálculo da carga gandeira indicada na alínea b) terase en conta:

1) Para a determinación das UGM, a media dos censos de machos e femias de bovino dos seis primeiros meses de 2003, o número de machos e femias de ovino, caprino e équidos presentes na explotación no momento da solicitude, que se converterán en UGM de acordo coas seguintes equivalencias:

-Équidos de máis de 6 meses: 1 UGM.

-Touros, vacas e outros bovinos de máis de 24 meses: 1 UGM.

-Bovinos de máis de 6 meses a 2 anos: 0,6 UGM.

-Ovinos e cabrúns: 0,15 UGM.

2) Para a determinación da superficie forraxeira teranse en conta as superficies indicadas no artigo 5.1º d) da presente orde.

2. As explotacións para as que se solicite indemnización compensatoria quedarán inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias perceptoras deste tipo de axuda da Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.

Artigo 41º.-Documentación complementaria.

Ademais da solicitude específica do anexo 1 e da documentación xeral indicada na alínea 5 do artigo 2º, os solicitantes de indemnización compensatoria achegarán a seguinte documentación:

a) Copia da portada e da folla do censo de animais do Libro de Explotación Gandeira, se existen unidades de producción noutra comunidade autónoma.

b) Certificado de alta no Réxime Especial Agrario da Seguridade Social ou no de traballadores autónomos, pola súa actividade agraria, ou o derradeiro cupón de pagamento á Seguridade Social neste réxime.

c) Certificado da SAT ou cooperativa, se é o caso, acreditativo da porcentaxe de participación do solicitante nesta, segundo modelo ICC do anexo 1.

d) Copia da declaración do IRPF do ano 2001 ou compromiso de presentar a do ano 2002 se é novo solicitante.

e) Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do declarante, do cónxuxe ou de ámbolos dous, no caso de que na declaración do IRPF se inclúan rendementos de traballo.

Artigo 42º.-Incompatibilidades.

A indemnización compensatoria será incompatible coa percepción polo beneficiario dunha pensión de xubilación, do subsidio de desemprego ou calquera outra prestación pública análoga.

Capítulo V

Controis, reduccións e exclusións

Artigo 43º.-Controis administrativos.

1. En virtude do disposto no artigo 16 do Regulamento (CE) 2419/2002, da Comisión, un dos elementos esenciais dos controis administrativos será a realización dos cruzamentos informáticos necesarios cos datos relativos ás parcelas e ós animais declarados, para garantir que non se efectúen pagamentos indebidos e, en particular, evita-la concesión de dobres axudas con cargo a unha superficie concreta ou por un animal determinado para o mesmo ano civil.

2. Controis sobre a solicitude única.

a) Os servicios provinciais do Ilgga recibirán os expedientes, realizarán os controis correspondentes á titularidade da explotación e ós aspectos establecidos no artigo 2º da presente orde, solicitando, se é o caso, a documentación complementaria necesaria ós productores, integrarán a información na base de datos e remitirán a documentación específica da indemnización compensatoria ós servicios provinciais de explotacións agrarias.

b) Os servicios provinciais do Ilgga custodiarán a documentación básica da solicitude única e a específica da declaración de superficies e primas gandeiras. No caso de axudas por superficies, declaracións de superficies forraxeiras e indemnización compensatoria, o Ilgga realizará os cruzamentos informáticos necesarios cos datos relativos ás parcelas e as comunicacións pertinentes ós solicitantes para evita-la concesión de dobres axudas con cargo a unha superficie concreta.

c) Os servicios provinciais do Ilgga realizarán a análise da documentación e dos cruzamentos informáticos necesarios para evita-la concesión de dobres axudas por un animal determinado para o mesmo ano civil nas solicitudes de prima por vaca nutriz, prima de ovino e cabrún e prima por extensificación.

d) Os servicios provinciais de explotacións agrarias verificarán a documentación e realizarán os cruzamentos informáticos necesarios para garantir que os beneficiarios e explotacións cumpren o establecido nos artigos 29 e 40 da presente orde en relación coa indemnización compensatoria, agás o indicado

na alínea d) dos devanditos artigos, que será verificado polo Ilgga nos controis sobre o terreo.

3. Controis sobre solicitudes doutras primas gandeiras.

Os servicios provinciais do Ilgga realizarán a análise da documentacion e os cruzamentos informáticos necesarios para evita-la concesión de dobres axudas por un animal determinado para o mesmo ano civil nas solicitudes de prima especial de vacún e primas por sacrificio.

Artigo 44º.-Controis sobre o terreo.

No marco dos plans nacionais de control sobre o terreo, establecidos polo Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), o Ilgga elaborará os plans de control sobre o terreo das axudas superficies e de primas gandeiras.

O plan de control sobre o terreo de axudas superficies contemplará tamén controis relacionados coa indemnización compensatoria, de acordo coa normativa específica comunitaria, estatal e autonómica sobre esta axuda, tendo en conta as especificacións que determine a Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.

Polo Ilgga determinaranse, en cada caso, as solicitudes concretas que hai que controlar no terreo, respectando, en todo caso os criterios que se establezan nos plans nacionais.

Os controis sobre o terreo efectuaranse de maneira inopinada; non obstante, poderán notificarse cunha antelación limitada ó mínimo estrictamente necesario, sempre e cando non se comprometa ó proposito do control. Esa antelación, agás nos casos debidamente xustificados, non excederá de 48 horas.

O Ilgga realizará os controis sobre o terreo das solicitudes de superficies en tempo hábil, de maneira que permita efectua-las comprobacións regulamentarias das parcelas agrícolas obxecto das solicitudes de axuda.

Artigo 45º.-Superficie determinada nos controis.

1. Unha vez realizados os controis administrativos e sobre ó terreo das superficies das parcelas incluídas en cada solicitude, o Ilgga definirá a superficie determinada en cada parcela tanto para efectos de axudas por superficies, de superficies forraxeiras ou de indemnización compensatoria.

Artigo 46º.-Reduccións e exclusións na determinación das axudas por superficie.

1. Se a superficie determinada dentro dun grupo de cultivo dos establecidos no artigo 30 do Regulamento 2419/2001, é superior á declarada na solicitude de axuda, será esta última a que se teña en conta para o cálculo do importe da axuda.

2. Se se comproba que a superficie declarada nunha solicitude de axuda por superficie pasa a superficie determinada para ese grupo de cultivo, como consecuencia dos controis administrativos ou sobre o terreo, será esta última a que se teña en conta para o cálculo do importe da axuda.

3. Cando para un grupo de cultivos, a superficie determinada sexa inferior á superficie declarada, a axuda calcularase sobre a base da superficie determinada, reducida no dobre da diferencia comprobada se esta é superior ó 3% ou de dúas hectáreas, pero inferior ou igual ó 20% da superficie determinada.

4. Se a diferencia é superior ó 20% da superficie determinada non se concederá axuda ningunha por superficie en relación co grupo de cultivo en cuestión.

Se, respecto da superficie global determinada incluída nunha solicitude de axuda no sector de producción vexetal do sistema integrado, a superficie declarada excede a superficie determinada en máis dun 30%, denegarase a axuda á que tivera dereito o productor neses réximes de axuda no ano natural en cuestión.

Se a diferencia fose superior ó 50% quedará excluído de novo do beneficio da axuda ata un importe igual ó rexeitado de acordo co parágrafo anterior. Este importe deducirase dos pagamentos das axudas con cargo a calquera dos réximes de axuda da producción vexetal ou animal correspondentes ó sistema integrado, ás que teña dereito o agricultor polas solicitudes que presente durante os tres anos naturais seguintes a aquel no que se descubra a declaración excesiva.

5. No caso de incumprimento intencional aplicarase o establecido no artigo 33 do Regulamento 2419/2001.

6. Os puntos 1 a 5 deste artigo aplicaranse para o cálculo da superficie forraxeira con vistas á concesión de axudas a vacas nutrices e prima especial de vacún.

No caso de declaración de superficies forraxeiras para a obtención de primas gandeiras, cando se detecte unha diferencia superior ó 50% entre a superficie declarada e a inspeccionada, o productor quedará excluído, de novo, respecto dunha superficie forraxeira igual a aquela pola que se denegue a axuda, durante os tres anos naturais seguintes ó ano natural no que se descubra a irregularidade.

As reduccións e as exclusións deste punto só se aplicarán cando a superficie declarada dera ou dese lugar a un pagamento máis elevado.

7. No caso de pagamentos por extensificación, se a carga gandeira correspondente á superficie determinada non pasa o límite de 1,4 UGM/hectáreas, esa superficie servirá de base para o cálculo do pagamento por extensificación.

Se pasa límite, o importe total da axuda á que teña dereito o productor durante o ano natural en cuestión reducirase nun 50% do importe que o productor recibira ou puidese recibir doutro modo como pagamento por extensificación.

8. Cando a diferencia entre a superficie forraxeira declarada e a determinada derive de irregularidades

cometidas intencionadamente aplicarase o establecido no punto 3 do artigo 35 do Regulamento 2419/2001.

Artigo 47º.-Reducción e exclusións aplicables ós bovino.

1. Se o número de animais declarado nunha solicitude de axuda é superior ó determinado, como consecuencia de controis administrativos ou sobre o terreo, a axuda calcularase a partir do número de animais determinado.

Non obstante, cando o productor non puidera cumpri-la súa obriga de retención por motivos de forza maior ou por circunstancias excepcionais, conservará o dereito á axuda polo número de animais subvencionables no momento no que se producira o caso de forza maior ou circunstancia excepcional.

2. En ningún caso se poderá conceder axuda por un número de animais superior ó indicado na solicitude de axuda.

3. As substitucións de animais que se efectúen deberán realizarse no prazo de 20 días a partir do evento que faga necesaria a dita substitución, anotaranse no rexistro do productor no prazo de 3 días dende a substitución e deberáselle comunicar ó Servicio Provincial do Ilgga nos 10 días hábiles seguintes a esta.

4. Cando nunha solicitude de axuda de acordo cos réximes de axuda por bovinos se detecte unha diferencia entre o número de animais declarados e o determinado, o importe total de axuda á que teña dereito o productor reducirase na porcentaxe determinada no punto 6, se as irregularidades non afectan a máis de 3 animais.

5. Se as irregularidades afecta a máis de 3 animais o importe total da axuda reducirase do seguinte xeito:

a) Unha porcentaxe que se determinará de acordo co punto 6, se non é superior ó 10%.

b) O dobre da porcentaxe, que se determinará de acordo co punto 6, se é superior ó 10% pero inferior ou igual ó 20%.

Se a porcentaxe determinada de acordo co punto 6 é superior ó 20%, denegarase a axuda con cargo a ese réxime durante o período de prima correspondente.

Se a porcentaxe determinada de acordo co punto 6 é superior ó 50%, o productor quedará excluído, outra vez, do beneficio da axuda ata un importe igual ó rexeitado. Ese importe deducirase dos pagamentos das axudas con cargo ós réximes de axuda por bovinos ós que teña dereito o productor polas solicitudes que presente durante os tres anos naturais seguintes a aquel no que se descubra a irregularidade.

6. Para determina-las porcentaxes indicadas nos puntos 4 e 5, o número de animais da especie bovina para os que se presentaran solicitudes con cargo a tódolos réximes de axuda por bovinos durante o período de prima correspondente e respecto dos que se detectasen irregularidades, dividirase polo núme

ro total de animais da especie bovina determinados para o período de prima correspondente.

7. Cando as diferencias entre o número de animais declarados e determinados se deriven de irregularidades cometidas intencionadamente aplicarase o establecido no punto 4 do artigo 38 do Regulamento 2419/2001.

8. Cando se detecten casos de incumprimento das disposicións en materia de identificación e rexistro de bovinos non obxecto de solicitude aplicarase o disposto no artigo 39 do Regulamento 2419/2001.

9. Cando, en aplicación do Real decreto 1373/1997, do 29 de agosto, se detecten en animais vacúns pertencentes a un productor, residuos de substancias prohibidas de acordo co establecido no Real Decreto 1749/1998, do 31 de xullo, ou de substancias autorizadas no mesmo real decreto, pero utilizadas ilegalmente, este productor quederá excluido, durante o ano civil en que se efectúe a comprobación, do beneficio das axudas ás que se fai mención no capítulo III para productores de gando vacún.

10. O productor quedará, así mesmo, excluído, durante o ano civil en que se efectúe a comprobación, do beneficio das devanditas axudas, se se atopa no seu poder, ou na súa explotación calquera substancia ou producto non autorizado polo devandito real decreto posuído dunha maneira ilegal.

11. Calquera autoridade que, no exercicio das súas competencias, detecte algúnha das anomalías establecidas nos puntos 9 e 10 en explotacións situadas na Comunidade Autónoma de Galicia, deberá comunicalo ó Ilgga.

Artigo 48º.-Reduccións e exclusións aplicables ós animais das especies ovina e cabruna obxecto de solicitude.

1. Cando, respecto das solicitudes de axuda con cargo ós réximes de axuda por ovino e cabrún se detecte unha diferencia entre o número de animais declarados e o determinado aplicarase mutatis mutandis o disposto nos puntos 5, 6 e 7 do artigo 47º, desde o primeiro animal do que se comproben irregularidades.

2. Ademais, segundo o disposto no artigo 40 do devandito Reglamento 2419/2001, modificado polo Regulamento (CE) 2550/2001, da Comisión, aplicaranse as seguintes penalizacións:

-As do artigo 40º.2 cando o productor de ovino comercialice leite e productos lácteos de ovino e non declare tal actividade na súa solicitude de prima.

-As do artigo 40º.3 cando se comprobe que, respecto das primas complementarias, menos do 50% da superficie da explotación está situada nas zonas especificadas no artigo 30º.1 da presente orde.

-As do artigo 40º.4 cando a porcentaxe de superficie da explotación dedicada á agricultura que estea situada nas zonas definidas no artigo 29º.2 da presente orde, sexa inferior ó 50%.

-As do artigo 40º.5 para o caso do incumprimento dos requisitos inherentes á trashumancia.

3. Cando se descubra que as irregularidades do punto anterior se cometeran de modo intencionado, aplicaranse as penalizacións do artigo 40.6º do Regulamento 2419/2001.

Artigo 49º.-Circunstancias naturais.

As reduccións e exclusións contempladas nos puntos 5, 6 e 7 do artigo 47º e no artigo 48º non se aplicarán cando, por circunstancias naturais da vida do rabaño, o productor non poida cumpri-lo seu compromiso de mante-los animais obxecto de solicitude de axuda durante o período de retención, sempre e cando notifique ese extremo, por escrito, ó Servicio Provincial do Ilgga nun prazo de 10 días hábiles desde a comprobación da reducción do número de animais.

Os servicios provinciais do Ilgga poderán admitir, sen prexuízo das circunstancias concretas que poidan terse en conta en cada caso, como casos de circunstancias naturais da vida do rabaño.

a) A morte dun animal como consecuencia dunha enfermidade.

b) A morte dun animal como consecuencia dun accidente do que non poida considerarse responsable ó gandeiro.

Artigo 50º.-Forza maior e circunstancias exepcionais.

1. Os casos de forza maior e de circunstancias excepcionais, coa presentación das probas pertinentes a enteira satisfación dos servicios provinciais do Ilgga, deberán notificarse por escrito nun prazo de 10 días hábiles a partir do momento no que o productor se atope en situación de facelo.

2. Para tal efecto, os servicios provinciais do Ilgga poderán recoñecer como circunstancias excepcionais os supostos seguintes:

a) A morte do productor

b) Unha longa incapacidade profesional do productor, de acordo co disposto no Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social.

c) Unha catástrofe natural grave que afecte considerablemente á superficie agrícola da explotación.

d) A destrucción acidental dos edificios da explotación destinados ó gando.

e) Unha epizootia que afecte a todo ou parte do gando do productor.

Capítulo VI

Resolución e pagamentos

Artigo 51º.-Superficie para o cálculo dos pagamentos.

Para os efectos do pagamentos das axudas por superficie establecidas no artigo 1 a) e b) da presente orde, teranse en conta as superficies declaradas ou

as establecidas, en cada caso, polo Ilgga, segundo o exposto no artigo 45º da presente orde. Polo tanto, as superficies polas que se presenten solicitudes deberán ser reducidas nos casos que proceda, tendo en conta as disposicións referentes:

a) A retirada do cultivo das terras que se benefician dos pagamentos compensatorios contemplados no Regulamento (CE) 1251/1999 do Consello, a normativa específica do réxime de apoio ós productores de sementes para sementeira e ó uso de terras retiradas para a producción de materias primas con destino non alimentario.

b) Á superficie básica rexional ou a superficie nacional de referencia para España no que se refire á oleaxinosa, de conformidade co Regulamento (CE) 1251/1999 do Consello.

c) As relativas ós controis, establecidas nos regulamentos (CEE) 3508/1992 e (CE) 2419/2001.

Artigo 52º.-Resolución das solicitudes.

1. Solicitudes de axudas superficies e primas gandeiras:

Unha vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo establecidos nos artigos 43º e 44º e comunicado polo FEGA o importe da eventual minoración que se vai aplicar ás superficies subvencionables e a contía da porcentaxe de reducción que se vai aplicar no número de bovinos machos con dereito a prima por productor, e no número de cabezas obxecto de prima por sacrificio, así como a restante información que resulte necesaria, o Ilgga establecerá, para cada unha das solicitudes presentadas no seu ámbito, as superficies e o número de animais con dereito a recibi-las axudas, así como as superficies que poidan ser computadas para o cálculo do factor de densidade gandeira da explotación, para o pagamento por extensificación da explotación.

Ó mesmo tempo, dito instituto establecerá a relación das solicitudes de axuda que, polas causas previstas nos regulamentos de aplicación, especialmente os que se refiren ó sistema integrado de xestión e control, perdan o dereito á obtención das axudas e primas.

2. Solicitudes de indemnización compensatoria:

Unha vez realizados polos servicios provinciais de explotacións agrarias os controis administrativos correspondentes e polos servicios provincias do Ilgga os controis sobre o terreo, de acordo co plan establecido, a Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria establecerá a axuda que corresponda a cada solicitude. Para a resolución das solicitudes relativas á indemnización compensatoria de zonas desfavorecidas se, unha vez determinado o importe da axuda correspondente a tódalas solicitudes recibidas e que cumpran tódolos requisitos, este supera o orzamento dispoñible, previsto no punto b) da disposición adicional primeira, incluídos os incrementos previstos, aplicaranse os seguintes criterios de prioridade:

1) Titulares de explotacións que reúnan os requisitos de agricultor mozo.

2) Titulares de explotacións localizadas en zona da Rede Natura 2000.

3) Solicitantes incluídos nalgún dos programas agroambientais establecidos na orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural do 23 de agosto de 2002.

4) Resto das explotacións.

Dentro de cada grupo terán prioridade as explotacións que acrediten realizar un nivel máis elevado das boas prácticas agrarias definido polos seguintes parámetros:

a) Menor carga gandeira

b) Maior índice prados permanentes/ermo a pastos

3. Os servicios provinciais do Ilgga e de Explotacións Agrarias, despois de efectua-los controis administrativos e sobre o terreo pertinentes, elevarán a oportuna proposta, a través da delegación provincial, ó director do instituto ou o director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, respectivamente, sobre as solicitudes presentadas.

O director do Ilgga será competente para resolve-las solicitudes de primas gandeiras e axudas por superficies. A resolución das solicitudes de indemnización compensatoria, corresponderá ó conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Artigo 53º.-Modificación da resolución.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 54º.-Pagamentos das axudas e primas e importes das mesmas.

1. O Ilgga realizará os trámites pertinentes para efectuar cando finalizaran tódolos controis establecidos no Regulamento 3508/1992, nas datas que se indican, os seguintes pagamentos:

a) No período comprendido entre o 16 de novembro do ano 2003 e o 31 de xaneiro do ano 2004: os pagamentos por superficie correspondentes a cereais, oleaxinosas, proteaxinosas, liño e retirada de terras, agás no caso contemplado na alínea c).

b) Nos sesenta días seguintes á publicación do seu importe definitivo: a axuda ás leguminosas gran.

c) No período comprendido entre o 16 de novembro de 2003 e o 31 de marzo do ano 2004, o pagamento por superficies correspondente ás superficies de retirada utilizadas para a producción de cultivo con destino non alimentario.

d) A partir do 16 de outubro de 2003 aboaranse os anticipos para todas aquelas solicitudes de primas de vacún que finalizaran os controis, que representarán o 60 por cento do montante da axuda no primeiro caso de primas por vaca nutriz, da prima espe

cial e das primas por sacrificio. Non se aboarán anticipos das seguintes axudas:

a. Pagamento por extensificación.

b. Prima nacional complementaria por vaca nutriz

c. Pagamentos adicionais.

e) Os pagamentos definitivos, descontados, se é o caso, os anticipos pagados, correspondentes ós gandeiros que manteñan vacas nutrices, ós productores de carne de bovino, sacrificio e pagamentos adicionais, así como os importes complementarios por extensificación, a aqueles cunha densidade gandeira que sexa inferior a 1,4 UGM/ha, (artigo 13 do Regulamento 1254/1999, do Consello), efectuarase como máximo ata o 30 de xuño de 2004.

f) A prima nacional complementaria ós productores de vacas nutrices, como máximo ata o 30 de xuño de 2004.

g) As primas correspondentes ós productores de ovino e cabrún, a partir do 16 de outubro de 2003 e ata o 31 de marzo de 2004.

2. A Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria realizará os trámites pertinentes para efectuar, cando remataran tódolos controis establecidos, o pagamento da indemnización compensatoria.

3. Os importes unitarios das axudas por superficie para a campaña de comercialización 2003/2004 serán os establecidos pola normativa comunitaria, de 63 euros/tonelada no caso de cereais, oleaxinosas, liño e retirada de terra, e de 72,5 euros/tonelada para as proteaxinosas.

4. Os importes unitarios das primas gandeiras para o ano 2003 serán os seguintes:

a) Para a prima por vaca nutriz, 200 euros por vaca subvencionable, ó que se sumará a prima nacional complementaria prevista no artigo 6.5º do Regulamento (CE) 1254/1999, do Consello, de 24,15 euros.

b) Para a prima especial, 150 euros por boi e tramo e 210 euros por touro, coas reduccións correspondentes, en aplicación da alínea 4º do artigo 4 do Regulamento (CE) 1254/1999.

c) Para os productores de carne de vacún e os que manteñan vacas nutrices nas explotacións nas que o factor de densidade sexa inferior a 1,4 UGM/ha, o importe complementario previsto no artigo 13 do Regulamento (CE) 1254/1999, do Consello, de 100 euros por cabeza primada.

d) Para a prima en beneficio dos productores de ovino e cabrún, segundo o disposto nos regulamentos (CE) 2529, do Consello e 2550, da Comisión, ámbolos dous de 2001, os importes serán os seguintes:

1. Ovellas: 21 euros/cabeza. Non obstante para os productores que comercialicen leite ou productos lácteos de ovella a prima será de 16,8 euros.

2. Cabra: 16,8 euros por cabeza.

3. Prima complementaria por ovella e cabra: 7 euros/cabeza.

e) Prima por sacrificio de gando bovino:

-En aplicación do artigo 11 do Regulamento 1254/1999, concederanse as seguintes primas por sacrificio de gando bovino, coas reduccións correspondentes en aplicación da alínea 4 do devandito artigo:

-Touros, bois, vacas e xovencas, a partir de 8 meses de idade, 80 euros por animal.

-Tenreiros, de máis de 1 mes e de menos de 7 meses de idade e co seu peso en canal inferior a 160 kg, 50 euros por animal.

5. A contía da indemnización compensatoria anual a percibir por cada solicitante determinarase en función das superficies indemnizables e coeficientes que se indican no anexo 20, partindo dos módulos base seguintes:

-Zona de montaña (art. 18 R.1257/1999): 75 euros/ha.

-Zona de despoboamento (art 19. R. 1257/1999): 45 euros/ha.

-Zona con dificultades especiais (art. 20 R. 1257/1999): 120 euros /ha.

A contía da indemnización compensatoria anual a pecibir polo titular da explotación non poderá ser inferior a 300 nin superior a 2.000 euros.

Artigo 55º.-Recursos administrativos.

1. Contra a resolución do director do Ilgga caberá a interposición do recurso de alzada ante o presidente do devandito instituto, no prazo dun mes contado desde a notificación da resolución que hai que recorrrer.

2. Contra as resolucións que se dicten nos expedientes de solicitude de indemnización compensatoria cabe interpoñer potestativamete, recurso de reposición ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural ou ben impugnalos, directamente, ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Artigo 56º.-Recuperación dos pagamentos indebidos.

1. No caso de pagamento indebido, o productor quedará obrigado a reembolsar ese importe máis os xuros calculados de acordo co punto 2.

2. Os xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a notificación da obriga de reembolso ó productor e o reembolso ou a deducción.

O tipo de xuro aplicable sería o establecido, anualmente nos orzamentos xerais do Estado para cada exercicio para o xuro de demora.

3. A obriga de reembolso establecida no punto 1 non se aplicará se o pagamento é froito dun erro

da administración xestora ou doutra autoridade e non podía ser razoablemente detectado polo productor.

Sen embargo, cando o erro estea relacionado con elementos factuais pertinentes para o cálculo do pagamento correspondente, o punto primeiro só se aplicará se a decisión de recuperación non se comunicou nun prazo de 12 meses a partir do pagamento.

4. A disposición do punto 3 non se aplicará ós anticipos.

5. O Ilgga e a Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria poderán renunciar á recuperación dos importes iguais ou inferiores a 100 euros, xuros non incluídos, por productor e por período de prima.

Artigo 57º.-Obriga de facilitar información.

Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lle poidan esixi-los órganos competentes para a xestión de cada axuda ou prima os solicitantes das axudas previstas na presente orde teñen a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida polo Servicio de Auditoría Interna do organismo pagador, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lle sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Disposicións adicionais

Primeira.

1. A concesión destas axudas realizarase, con cargo ó orzamento de gastos do Ilgga e da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, segundo o que se determine nos orzamentos xerais desta Comunidade Autónoma para 2003, por tramitarse esta orde de forma anticipada, ó abeiro do disposto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, nas seguintes aplicacións orzamentarias:

a) Para as axudas especificadas nos capítulos II e III da presente orde:

09.60.614A.779.0-Ordenación, reestructuración, fomento e mellora da producción agraria. Axudas comunitarias a productores derivadas da nova PAC: 2.500.000 euros.

09.60.614A.779.1-Fomento do sector gandeiro, axudas comunitarias a productores derivadas da nova PAC : 12.783.527 euros.

b) Para as axudas especificadas no capítulo IV da presente orde:

09.03.614A.772.1-Indemnizacións compensatorias: 4.128.100 euros.

As dotacións orzamentarias indicadas nos puntos a) e b) poderán incrementarse con outras procedentes do FEOGA-Garantía, dos orzamentos xerais do

Estado e con fondos propios da Comunidade Autónoma cando proceda.

2. En todo caso, a concesión das axudas condiciónase á existencia de crédito axeitado e suficiente e limitarase ás dispoñibilidades orzamentarias, debendo procederse á tramitación do oportuno expediente de xeración e ampliación de crédito no caso de que a cantidade inicialmente consignada non resulte suficiente.

Segunda.-As oficinas agrarias comarcais responsabilizaranse da tramitación das axudas referidas ás explotacións agrarias situadas no seu ámbito de actuación.

Terceira.-Sen prexuízo do previsto nos capítulos V e VI desta orde, seralle de aplicación ós beneficiarios das axudas reguladas nesta, o réxime de infraccións e sancións previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, conforme a redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e presupostarias e de función pública e actuación administrativa.

Disposición transitoria

As solicitudes formuladas ó abeiro da normativa autonómica, nacional e comunitaria reguladora das

axudas a productores de determinados cultivos herbáceos e das primas en beneficio dos productores de carne de ovino e cabrún, dos productores de vacún e dos que manteñen vacas nutrices e indemnización compensatoria en campañas anteriores, ás que non se lles concedeu a subvención solicitada, teranse en conta na presente convocatoria. A tramitación dos expedientes continuará no trámite no que se atopaban ó remate do exercicio anterior.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia e o director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, no ámbito das súas competencias, para dicta-las instruccións precisas para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de aplicación desde o un de xaneiro de 2003.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural