Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Sábado, 21 de decembro de 2002 Páx. 17.535

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (160/2002).

Nos autos de referencia dictouse a seguinte resolución,

«Sentencia.

En Padrón o 5 de setembro de 2002.

Vistos por min, María de los Ángeles Lamas Méndez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, os autos de xuízo de desafiuzamento seguidos co número 160/2002, por instancia de María del Carmen Paz Patiño, representada polo procurador Óscar García Piccoli a asistida da letrada Ana Isabel Paz Rodríguez contra María Seco Magariños en rebeldía, sobre desafiuzamento por expiración de prazo, e nos que se dictou sentencia con base nos seguintes:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido, estima-la demanda promovida polo procurador Óscar García Piccoli en nome e representación de María del Carmen Paz Patiño contra María Seco Magariños, en rebeldía, e declara-la extinción do arrendamento rústico concertado por contrato de data 9-8-1974 en relación cos predios descritos no feito primeiro da demanda, coñecidas co nome de Palmeirón, de 11 concas ou 3 áreas e 85 centiáreas e Palmeirón de 11 concas e 9 décimas ou 4 áreas e 16 centiáreas, e condena-la demandada a deixa-los predios libres e á disposición da súa propietaria, apercibíndoa do lanzamento se non a desaloxase dentro do prazo de vinte días, con imposición de custas á demandada.

Contra a sentencia cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, que se preparará ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación».

E, para que sirva de notificación a María Seco Magariños expídese este edicto en Padrón o quince de outubro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado