Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Sábado, 21 de decembro de 2002 Páx. 17.535

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (221/2000).

Eu, Luis Fernández Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 221/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva din:

«Que debo condenar e condeno a Julio Turnes Martínez, como autor responsable dunha falta de ameazas, á pena de 20 días de multa con cota diaria de 300 pesetas, quedando suxeito, de non as satis

facer voluntariamente ou por vía de constrinximento, á responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas impagadas, e ó pagamento das custas.

Contra esta sentencia, que non é firme, poderase interpoñer neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación para a súa resolución pola Audiencia Provincial».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Julio Turnes Martínez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o once de novembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado