Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Sábado, 21 de decembro de 2002 Páx. 17.536

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (515/2002).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 515/2002, seguidos por instancia de Patricia Fragío Cosque contra empresa María Belén Méndez Lemus sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data do 15 de novembro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por Patricia Fragío Cosque, debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibi-la cantidade de 1.839,83 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e nese sentido debo condenar e condeno á empresa María Belén Méndez Lemus a que estando e pasando por tal declaración aboe á demandante, cantidade de 1.839,83 euros en concepto de salarios e liquidación.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que, contra a dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá de anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando ó letrado que deberá de presentalo, é posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá tamén acreditar, anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, conta nº 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario,

constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en caliade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa María Belén Méndez Lemus que tivo o seu último enderezo coñecido na rúa San Andrés, 67 (15004, A Coruña), e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 15 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado