Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Sábado, 21 de decembro de 2002 Páx. 17.536

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (355/2002).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 355/2002, por instancia de Antonio Brandariz Rodríguez, contra INSS e outras sobre invalidez, nos que recaeu sentencia o 12-11-2002, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que desestimando a demanda formulada por Antonio Brandariz Rodríguez, absolvo ás demandadas Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega Accidentes de Trabajo, Tesourería Xeral da Seguridade Social e empresa Inés Blanco Sousa-Talleres Valiña, confirmando en tódolos seus extremos a resolución recorrida.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Inés Blanco Sousa-Talleres Valiña, expido e asino esta cédula na Coruña o 20 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado