Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Sábado, 21 de decembro de 2002 Páx. 17.537

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (565/2002).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 565/2002, seguidos por instancia de Juan Carlos Suárez Canosa contra Fogasa e outra sobre despedimento, nos que recaeu sentencia do 25-9-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Juan Carlos Suárez Canosa, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Peta Peta Talleres, S.L. a que, á súa elección, que deberá efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto de traballo ou o indemnice coa cantidade de 5.518,14 euros, así como a aboar en concepto de salarios de tramitación para o suposto de readmisión a cantidade de 3.568,42 euros.

Absolvo o Fondo de Garantía Salarial das pretensións de demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante o xulgado do social no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense, a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604000060 565-2002, do Banco BBVA desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito; sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírteselle á parte demandada que, se fai uso de tal dereito e optan pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboarlle á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a prestarlle os seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Peta Peta Talleres, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 23 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado