Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Sábado, 21 de decembro de 2002 Páx. 17.535

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (88/2002).

Eu, María Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria do Xulgado de Primeria Instacia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 88/2002 se dictou a seguinte cédula de citación:

«O/A xuíz/a do Xulgado de Primeria Instacia e Instrucción número un de Betanzos acordou citar a vde. co fin de que o vindeiro día catorce de xaneiro, ás dez horas e trinta minutos, asista na sala de vistas á realización do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de realización de actividades sen seguro obrigatorio (636), en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Apercíbeselle que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, se lle poderá impoñer unha multa e recaerá sobre el o prexuízo ó que houber lugar en dereito e que, no caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

En Betanzos a dezanove de novembro de dous mil dous».

E para que conste e lle sirva de citación a Óscar Pérez Aldariz, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o dezanove de novembro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PADRÓN