Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Sábado, 21 de decembro de 2002 Páx. 17.534

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE VIGO

EDICTO (98/2002 M).

José Luis Gutiérrez Martín, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número ocho de Vigo, certifica que nos autos de xuízo verbal 98/02 se dictou a seguinte resolución:

«Sentencia

Vigo, o dous de novembro de dous mil dous.

Susana Álvarez García, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número ocho de Vigo e o seu partido, vistos estes autos de xuízo verbal 98/2002, seguidos perante este xulgado, entre partes seguintes:

Demandante: Incovigo, S.L. representado polo procurador José Vicente Gil Tránchez e defendido polo letrado Francisco Javier Pleguezuelos Lafuente.

Demandado: Ansegon, S.A.

Versa o litixio sobre falta de pagamento de rendas e reclamación de cantidade, sobre o local sito en María Berdiales, 18, planta semisoto, local 5, Vigo.

Decido que estimando integramente a demanda formulada por Inmuebles Comerciales de Vigo, S.L. (Incovigo, S.L.) contra Ansegon, S.A., debo declarar e declaro resolto o contrato de alugueiro de data 1 de marzo de 2001 que vincula as partes, e debo condenar e condeno a demandada a estar e pasar pola dita declaración e a abandonar e devolve-lo local arrendado, sito en María Berdiales, 18 planta semisoto local nº 5 Vigo, deixándoo libre e á enteira disposición da súa propietaria, baixo apercibimento que de non verificar de inmediato o desaloxo do local se procederá ó seu lanzamento xudicial.

Así mesmo debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de mil cincocentos oitenta e tres euros con cincuenta e un céntimos (1.583,51 euros) en concepto de dez meses (abril/2001-xaneiro/2002), máis o importe das mensualidades de renda e gastos de luz devengados desde a data de interposición da demanda ata a data da presente resolución, cantidades ás que se lles aplicará un xuro de demora calculado sobre a base do Mercado Interbancario de Madrid (Mibor) a tres meses, segundo o índice Mibor publicado polo Banco de España na data en que se produciu a demora ou, no seu defecto, á anterior máis próxima no tempo, ó que se engadirán un diferencial de tres puntos por cento (3%), desde o momento dos sucesivos incumprimentos.

A demandada deberá aboar así mesmo as cantidades que, en concepto de renda e gastos de luz se devenguen desde a data desta resolución ata o desaloxo do local arrendado. Igualmente deberá satisface-las custas causadas neste procedemento.

Para efectos de execución debe terse en conta o disposto no fundamento de dereito quinto.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de 5 días a partir da súa notificación.

Así por esta miña sentencia, decidindo definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa inserción en ese diario oficial de xeito que sirva de notificación ó demandado Ansegon, S.A. por estar en paradoiro descoñecido, expido este edicto en Vigo, quince de novembro de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS