Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Sábado, 21 de decembro de 2002 Páx. 17.534

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (439/2001).

Eu, María del Carmen Diéguez Camarón, secretaria da Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, certifico que no rolo de apelación 439/2001, se dictou resolución co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Presidente: Juan-Ángel Rodríguez Cardama. Maxistrados: Juan Luis Pía Iglesias, María del Carmen Mosquera Rodríguez. Na Coruña, o once de decembro de dous mil un.

Vistos pola Sección Terceira desta Audiencia Provincial, constituída polos señores expresados, estes autos de modificación de medidas número 308/1999, que perante ela penden en grao de apelación, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número seis de Ferrol, nos que é parte apelante José Sanjurjo Balseiro, representado polo procurador Sr. Bejerano Fernández e baixo a dirección da letrada Sra. Piñeiro Pereira, e como apelada e declarada en rebeldía Josefa Anca Lage sen representación de procurador nin de letrado, versando os autos sobre modificación de medidas.

Decidimos que, estimando en parte o recurso de apelación interposto por José Sanjurjo Balseiro contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número seis de Ferrol, debemos revogar e revogamos en parte a dita sentencia e, estimando en parte a demanda interposta pola procuradora Rodríguez Sanjosé, en nome e representación de José Sanjurjo Balseiro contra Josefa Anca Lage, rebelde, debemos declarar e declaramos que o dereito da demandada a percibir pensión compensatoria do demandante se extinguirá unha vez que transcorra un ano desde a data desta sentencia, isto é, que a última mensualidade en que se deberá aboa-la dita pensión será o mes de decembro de 2002, e na súa consecuencia debemos condenar e condenámo-la dita demandada a estar e pasar por tal declaración, a consentila e acatala e debemos abosolver e absolvémo-la demanda do resto das peticións da demanda, sen que haxa lugar a expreso pronunciamento respecto ás custas causadas neste recurso.

Así por esta nosa sentencia, definitivamente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Juan-Ángel Rodríguez Cardama, Juan Luis Pía Iglesias, Rafael-Jesús Fernández-Porto García. Asinado e rubricado».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á demandada rebelde Josefa Anca Lage, estendo e expido este edicto na Coruña o trinta e un de outubro de dous mil dous.

María del Carmen Diéguez Camarón

Secretaria xudicial