Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Sábado, 21 de decembro de 2002 Páx. 17.533

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (5355/2002).

Por este edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta sección segunda, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, acordouse admitir a trámite o recurso interposto polo procurador José Antonio Castro Bugallo en nome e representación de Asociación Gallega Mriscadoras y Mariscadores Agamar contra Decreto 237, do 11-7-2002, polo que

se modifica o Decreto 423, do 17-12-1993, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños (DOG 18-7-2002).

Recurso número: 02/0005355/2002.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento ás persoas que, non o sendo persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. De o faceren con posterioridade teranse por parte para os trámites precluídos.

A Coruña, vinte de novembro de dous mil dous.

Isabel Freire Corzo

Secretaria