Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Sábado, 21 de decembro de 2002 Páx. 17.522

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario ó servicio do Concello da Pobra do Caramiñal.

Visto o expediente do acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario ó servicio ó servicio do Concello da Pobra do Caramiñal, que tivo entrada nesta delegación provincial o día

7-11-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación do concello, e, da parte social pola representación dos traballadores o día 28-2-2002, ratificado polo pleno o 21-3-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de novembro de 2002.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acordo regulador das condicións económicas e sociais dos funcionarios ó servicio do Concello da Pobra do Caramiñal

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

A regulación das condicións de traballo contidas neste acordo serán de aplicación a todo o persoal funcionario, que presta os seus servicios para o Concello da Pobra do Caramiñal.

Artigo 2º.-Período de vixencia.

Este acordo terá vixencia de tres anos, desde o 1 de xaneiro de 2002, independentemente da data da súa aprobación polo órgano de Goberno competente, sen prexuízo da súa publicación no BOP, e manterao ata o 31 de decembro de 2004.

Artigo 3º.-Comisión mixta de seguimento.

Dentro do mes seguinte á aprobación deste acordo será constituída a referida comisión, que terá unha composición paritaria.

Esta comisión reunirase cantas veces sexa necesaria por petición de calquera das partes, logo de convocatoria por escrito.

A comisión asumirá as funcións de interpretación e vixilancia do pactado, así como o seguimento de cantos temas integran este instrumento xurídico durante a totalidade da súa vixencia. Exercerá de secretario da comisión mixta o que é secretario do concello, sen voz nin voto, quen levantará acta de tódolos acordos adoptados.

Os acordos sobre a interpretación do pactado neste documento serán vinculantes para as partes asinantes, sen prexuízo de que con anterioridade á súa entrada en vigor, sexan comunicados ó órgano competente, que na primeira reunión que celebre deberá pronunciarse sobre el. Considérase como órgano competente o Pleno da Corporación.

Artigo 4º.-Denuncia do acordo.

Efectuarase de xeito automático, con un mes de antelación ó remate da súa vixencia e iniciaranse as negociacións do novo acordo en data posterior ós 15 días naturais, contados a partir da data de denuncia.

Artigo 5º.-Prórroga do acordo.

Este documento, unha vez denunciado o seu pacto, e mentres non se acade un novo acordo expreso, manterase en vigor na totalidade do seu contido normativo, excepto no que afecta ó capítulo de retribucións, no que se seguirá o disposto na Lei de orzamentos do Estado para cada ano, e mesmo no que respecta ó calendario laboral aprobado polo Pleno da Corporación.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

As melloras establecidas en calquera outra disposición de rango superior e todas aquelas situacións colectivas que sexan mellores cás deste acordo serán de aplicación para os traballadores funcionarios do Concello da Pobra do Caramiñal.

Artigo 7º.-Organización do traballo.

Conforme a lexislación vixente, a organización do traballo é facultade da corporación a través do órgano de goberno que esta prevé, logo de información ós delegados de persoal.

A súa aplicación práctica corresponde ó alcalde na forma que se establece no Regulamento orgánico da corporación e sen prexuízo da xefatura directa do persoal que lle atribúe a Lei de bases de réxime local, e sempre sen prexuízo dos dereitos de audiencia e información recoñecidos ó persoal nas leis 8/1880, do 10 de marzo, e 9/1987, do 12 de maio.

Procederase á confección dun cadro orgánico de persoal, no que figurarán os cometidos que correponden a cada posto e as retribucións que se lle sinalen.

En todos aqueles expedientes relativos ó persoal que se remitan á aprobación pola Comisión de Goberno ou polo Pleno da Corporación deberán levar incluído o informe do/os delegados de persoal.

Capítulo II

Xornada, calendario laboral e horarios

Artigo 8º.-Xornada e horarios.

Establecerase con carácter xeral unha xornada de traballo efectivo de 37 horas e media semanais para todo o persoal municipal.

A xornada comprendida entre o día 1 de xullo e 31 de agosto reducirase nunha hora diaria en tódolos servicios.

A xornada realizarase preferentemente, se as necesidades do servicio o permiten, de luns a venres en horario de 7.45 a 15 horas, excluíndose deles aqueles servicios que xa teñan establecidas diferentes quendas de traballo. O tempo restante ata cumpri-las 37 horas e media farase efectivo a través das quendas dos sábados.

Artigo 9º.-Permuta da xornada.

Para o cálculo da xornada semanal, computaranse os días festivos como días efectivamente traballados.

Os funcionarios municipais poderán ser suplidos por outro empregado do concello que, estando libre de servicio ostente o mesmo nivel de categoría e funcións, e estea destinado na mesma dependencia ou servicio. A referida permuta, deberá ser sometida a informe ou autorizada previamente polo xefe do servicio ou dependencia.

Artigo 10º.-Xornada continuada.

Todo o persoal municipal en réxime de xornada continuada terá dereito, durante esta, a unha pausa de vinte minutos, computable como de traballo efectivo.

Artigo 11º.-Reducción da xornada por lactación.

A xornada do traballador con fillos de ata nove meses de idade reducirase nunha hora diaria, por motivos de lactación. En caso de traballar ámbolos dous cónxuxes, só un deles poderá beneficiarse da reducción da xornada sinalada.

Artigo 12º.-Calendario laboral.

a) O calendario laboral será o que os organismos competentes da Administración central, autonómica ou, dentro das súas respectivas competencias, sinale para o efecto o Concello da Pobra do Caramiñal.

Establécese como festa propia dos funcionarios da Administración local e, en concreto, dos empregados do Concello da Pobra do Caramiñal, con carácter de non recuperable, a festividade de Santa Rita, padroeira dos funcionarios públicos locais.

b) Os servicios que pola súa peculiaridade teñan que organiza-lo seu traballo en réxime de quendas ou non admitan o tratamento común en canto a calendario laboral, elaborará os seus calendarios baixo os principios de igualdade, rotación e non discriminación entre os/as traballadores/as.

Nos servicios nos que as actividades se desenvolvan en domingos, festivos, horas nocturnas ou en condicións de perigosidade penosidade ou toxicidade, as xornadas realizadas nas ditas circunstancias deberán ser repartidas equitativamente entre todo o persoal adscrito ó servicio, atendendo ás características específicas de cada posto de traballo.

Neste caso, as propostas de calendario laboral específico de cada servicio serán elaboradas polos

xefes dos servicios respectivos e negociadas co/os representantes dos traballadores, ou con estes directamente.

c) Os calendarios laborais elaboraranse antes do 15 de decembro de cada ano e deberán permanecer expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro de traballo. Só poderán ser modificados cando circunstancias imprevistas ou sobrevidas así o requiran.

Calquera modificación que se pretenda levar a cabo nos calendarios laborais deberá ser debidamente motivada e argumentada, e notificarase coa antelación oportuna ós representantes do persoal e ós interesados.

d) O cambio dun funcionario/a ou grupo de funcionarios/as dentro das quendas preestablecidas deberá ser motivado e obxectivado mediante informe do xefe do servicio. En todo caso deberán ser oídos/as os interesados/as e o órgano de representación sindical.

e) Naqueles servicios municipais nos que pola natureza da súa actividade deban organizarse quendas de traballo, estas efectuaranse coa rotación entre tódolos/as os traballadores/as.

Especificamente, procurarase que nos servicios nos que a actividade se desenvolva en domingos, festivos, ou horas nocturnas as xornadas traballadas nas ditas circunstancias sexan repartidas equitativamente entre todo o persoal adscrito ó servicio.

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de paro laboral existente e co obxectivo de favorece-la creación de emprego, acórdase a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, isto é, as realizadas fóra da xornada laboral.

As horas extraordinarias, feitas fóra da xornada normal de traballo, salvo necesidade urxente do servicio, non poderán exceder de 7 ó mes ou 70 ó ano.

Cando nalgún servicio se exceda de 800 horas extraordinarias, e respectando en todo caso o procedemento establecido na lexislación vixente (especialmente o artigo 90 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local en relación co artigo 22.2º i) do devandito corpo legal) deberá contemplarse no cadro de persoal a creación dun novo posto de traballo.

Para o debido control do número de horas extraordinarias feitas, deberase levar un rexistro por servicios co número de horas extraordinarias feitas ó longo do ano.

As horas extraordinarias compensaranse preferentemente con descansos, a razón dunha hora e media por cada hora deste tipo traballada. No caso de seren realizadas en domingos, festivos ou días de descanso, compensaranse con dúas horas. Se por necesidades do servicio, estas non puidesen compensarse con descansos, a compensación farase con retribución económica, a razón de horas extras festivas, mediante

liquidación que se realizará trimestralmente. A contía por grupos e postos de traballo será a reflectida no capítulo de retribucións.

Por acordo entre o funcionario ou grupo de funcionarios e o xefe do servicio, ou unidade administrativa, o desfrute das horas de compensación, poderán acumularse ata chegar a completar unha xornada de traballo.

Artigo 14º.-Asistencia ó xulgado.

Tódolos funcionarios que ó estaren desfrutando do seu día de descanso, sexan convocados a asistir a declarar ó xulgado por motivos relacionados coas súas funcións, ou ó seu posto de traballo por necesidades do servicio conmutaráselle ese día por outro día de descanso, e aboaránselle os gastos ocasionados polo desprazamento.

Artigo 15º.-Descanso entre quendas.

Naqueles servicios nos que se realicen quendas, transcorrerán un mínimo de 16 horas de descanso entre cada quenda.

Capítulo III

Mobilidade do persoal

Artigo 16º.-Traslados.

O traslado consiste no cambio de posto de traballo dentro dun mesmo grupo (A, B, C, D, E).

O réxime de traslado será o seguinte:

a) Se non supoñen cambio de nivel de complemento de destino ou específico, efectuarao directamente o alcalde, logo de audiencia ós delegados de persoal e ó interesado ou á interesada.

b) Procurarase o traslado de persoal con condicións físicas diminuídas a postos de subalternos para a realización das tarefas que lle son propias e respectándolle sempre as súas retribucións de orixe. A unidade de persoal, logo de informe médico e audiencia ós delegados de persoal e ó interesado, proporá anualmente a relación de persoal afectado.

c) Se os traslados supoñen cambio de nivel, efectuaranse a través de concurso, sen prexuízo de poder cubrirse directamente pola alcaldía de forma temporal, por motivos de urxencia debidamente apreciados e xustificados, e informe previo dos delegados de persoal.

d) As solicitudes para tomar parte no concurso dirixiranse ó alcalde e conterán, en caso de seren varios os postos solicitados, a orde de preferencia para a súa adxudicación.

e) O prazo para presentación de instancias será de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no taboleiro de edictos da casa do concello. O devandito anuncio publicarase así mesmo, nos taboleiros de anuncios dos servicios municipais.

O prazo máximo para a resolución dos concursos será dun mes, e o seu resultado publicarase no mes

mo medio que a convocatoria. Os destinos así obtidos serán desempeñados durante un ano como mínimo.

f) En ningún caso poderán consolidarse os traslados provisionais polo mero transcurso do tempo, nin obter ningún tipo de beneficios en concurso de traslados ou promoción interna.

g) Para o funcionariado será de aplicación supletoria a normativa sobre provisión de postos de traballo, contida no Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro, e normas complementarias.

Baremo.

1. Méritos preferentes:

1.1. Valoración do traballo desenvolvido en anteriores postos.

1.2. Cursos de formación e perfeccionamento.

1.3. Titulacións académicas.

1.4. Antigüidade.

1.5. Coñecemento do idioma galego.

1.6. Linguaxe administrativa.

2. Méritos non preferentes:

2.1. Especialización profesional.

Artigo 17º.-Fomento da promoción interna.

Co fin de facilitar ó máximo a promoción interna e profesional, durante os anos de vixencia deste acordo, a Administración municipal adopta os seguintes compromisos:

1. Nas convocatorias que se efectúen para cubri-las prazas vacantes en execución das ofertas públicas de emprego, incorporarase unha reserva suficiente de prazas para promoción interna, en función do número de candidatos potenciais e do límite máximo establecido na normativa vixente ó respecto.

2. A Administración organizará cursos para a preparación das probas de acceso ó grupo ou escala superior, segundo os criterios que se establezan.

3. Poderán suprimirse algunhas das probas de aptitude, en función dos coñecementos xa demostrados.

4. A posibilidade de acceso por promoción interna a tódolos corpos ou escalas desde o grupo inmediatamente inferior. Enténdense incluídos para os efectos do establecido neste punto os funcionarios do grupo E de Administración xeral.

Excepcionalmente e logo de acordo da corporación, poderase autoriza-lo cambio de escala.

O réxime de promoción interna será o seguinte:

a) Condicións da promoción.

Rexerá o previsto na lexislación vixente, e como consecuencia diso, reservaranse para promoción interna o máximo de prazas que se convoquen, logo de negociación coas organizacións sindicais.

As condicións recollidas neste punto, promoción interna, serán de aplicación ó conxunto dos traballadores, que se recollen no artigo 1º deste acordo.

b) Acceso a promoción interna.

Deberase estar en posesión dos requisitos establecidos na lexislación vixente e sinalaranse expresamente para cada caso nas súas respectivas convocatorias ou bases.

c) Prazas.

As prazas que non se cubran por promoción interna acumularanse á quenda libre.

d) Persoal.

O persoal que se presente a quenda interna poderá facelo igualmente pola quenda libre.

e) Sistema de promoción.

1. Para o persoal funcionario establécese o sistema de concurso-oposición salvo que por imperativo legal se esixa outro.

O concurso-oposición rexerase polas seguintes bases:

a) A valoración dos méritos ou nivel de experiencia na fase de concurso non suporá con relación ás probas selectivas, máis dun 40% da puntuación máxima alcanzable na fase da oposición. Co fin de asegura-la debida idoneidade dos aspirantes, estes deberán superar, na fase de oposición, a puntuación mínima establecida para as respectivas probas selectivas.

b) As/os funcionarias/os deberán ter tres anos de antigüidade no grupo de procedencia, computándose para estes efectos os servicios prestados antes de acceder á condición de funcionario, como contratados ou interinos.

c) Na fase de concurso rexerá o seguinte baremo de méritos:

Baremo.

1.1. Antigüidade.

1.2. Cursos de formación e perfeccionamento.

1.3. Titulacións académicas.

1.4. Coñecemento do idioma galego.

1.5. Linguaxe administrativa.

Artigo 18º

A fase de oposición consiste na realización de dous exercicios, un teórico e outro práctico, agás que por disposición legal ou regulamentaria se estableza outra forma. Cada exercicio puntuarase globalmente de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña 5 puntos como mínimo en cada un dos exercicios.

Os temarios da oposición serán iguais en promoción interna que en quenda libre. En calquera dos casos, a oficina de persoal facilitará ós delegados de persoal e organizacións sindicais a bibliografía necesaria, que permita a estes a elaboración do correspondente temario.

A suma das puntuacións obtidas en ámbolos dous exercicios, sumada á obtida na fase de concurso, determinará a orde dos aspirantes.

Os tribunais quedarán constituídos cos mesmos membros que para a selección libre.

Capítulo IV

Selección de persoal

Artigo 19º.-Sistema de selección.

Con carácter xeral, rexerá o concurso, concurso-oposición, ou oposición libre agás que por disposición legal ou regulamentaria se esixa outro sistema.

Artigo 20º.-Fase de concurso.

Valoraranse como méritos os que figuran no seguinte baremo:

a) Coñecementos e experiencia profesional.

b) Cursos.

Artigo 21º.-Fase de oposición.

Constará de dous exercicios como mínimo, agás que por disposición legal ou regulamentaria se esixa outro método. Os exercicios un teórico e outro práctico, cualificaranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña un mínimo de 5 puntos en cada un dos exercicios.

Ademais farase unha proba de coñecemento de galego, que se valorará ata un máximo de 2 puntos, e que será axeitada ás funcións da praza.

Segundo o grupo ó que pertenzan as prazas, o número de temas será o seguinte:

Grupo A90 temas.

Grupo B60 temas.

Grupo C40 temas.

Grupo D20 temas.

Grupo E10 temas.

No temario sempre deberán incluírse temas relacionados coa organización municipal e dereitos dos funcionarios, tendéndose á especialización.

Os temarios, previamente á súa aprobación, deberán ser de coñecemento do comité de persoal, e estes ateranse sempre ás normativas vixentes ou publicacións oficiais, achegando xunto cos temarios, tódolos datos bibliográficos (libros de texto, páxinas, etc.) que permita ós delegados e organizacións sindicais coñece-la procedencia do temario.

O exame teórico será preferentemente tipo test, baseándose en preguntas relacionadas co temario, sen prexuízo de que nas bases das respectivas convocatorias se poida fixar outra modalidade, por motivos legais ou de oportunidade, debidamente xustificados.

Como medida de garantía da limpeza nas oposicións no Concello da Pobra do Caramiñal, ó remate dos exames, o presidente ou secretario do tribunal farase cargo dos exercicios, e gardaraos en sobre pechado, que será asinado por tódolos compoñentes do tribunal, así como un número indeterminado de opositores sacados ó chou de entre os aspirantes.

En tódolos procesos de selección de persoal así como de promoción interna, o tribunal ou tribunais

quedan obrigados a garanti-lo anonimato dos aspirantes opositores, e polo tanto a corrección dos exames terá ese carácter anónimo.

No caso da existencia de suposto práctico, en calquera destas seleccións (quenda libre ou promoción interna), o exercicio que se desenvolva será elixido ó chou de entre os propostos por cada un dos membros do tribunal. Do suposto elixido entregaráselle, para a súa corrección, a cada membro do tribunal, a solución nun sobre pechado, o que se abrirá no momento de corrección.

Capítulo V

Comisión de traslados tribunais de oposición

Artigo 22º.-Méritos.

Os méritos serán xulgados por unha comisión de valoración, integrada paritariamente por tres membros da corporación e tres designados polos delegados de persoal, coa cualificación necesaria para efectua-la selección. Presidirá o alcalde ou concelleiro en quen delegue.

Participará na comisión, con voz e sen voto, o xefe do servicio correspondente á especialidade e o xefe da unidade de persoal. Ó se designaren os membros da comisión de valoración, designaranse simultaneamente os seus suplentes.

O informe previo á avaliación, segundo o baremo establecido e con base a obxectivos no que refire a valoración dos servicios prestados anteriormente, efectuarase na unidade de persoal.

A comisión proporalle ó alcalde os traslados e, se é o caso, as promocións que se vaian efectuar e a súa proposta será vinculante, sempre que se axuste a dereito.

Con anterioridade á proposta, a comisión de valoración dará audiencia ós interesados, para que nun prazo de catro días efectúen as alegacións que estimen oportunas, e que ser resoltas en igual prazo.

Na comisión de valoración os representantes da corporación pertencerán un a cada grupo político municipal e os do comité de persoal un como mínimo a cada sindicato representado no comité. Formará parte da comisión en calidade de presidente o da corporación ou concelleiro no que delegue.

Artigo 23º.-Tribunais para a selección.

Para a selección de funcionarios tanto para quenda libre como para interna, será de aplicación a regulamentación para o ingreso na Administración pública do 19 de decembro de 1984, coas especialidades contidas no Real decreto 712/1982, do 2 de abril, e a normativa complementaria.

Asistirán, así mesmo, dous membros nomeados polos delegados de persoal con voz e voto, salvo modificación da lexislación vixente.

Capítulo VII

Formación, perfeccionamento e promoción

profesional

Artigo 24º

a) Considerando que a formación profesional é un instrumento fundamental para a profesionalización do persoal e a mellora dos seus servicios, a Administración municipal comprométese a elaborar un plano de formación. A comisión mixta fará un seguimento da elaboración e aplicación do devandito Plan Xeral de Formación Profesional.

b) Para facilita-la formación e reciclaxe profesional, o concello, no marco do convenio 140 da OIT comprométese a adopta-las seguintes medidas:

Todo o persoal municipal terá dereito a ver facilitada a realización de estudios para a obtención de títulos académicos ou profesionais e a realización de cursos de perfeccionamento profesional.

Nese senso, o/s representantes dos traballadores e as organizacións sindicais, elaborarán anualmente os programas de formación, que serán remitidos á corporación para a súa negociación e correspondente valoración económica. Os programas de formación e os seus orzamentos deberán estar elaborados, e polo tanto aprobados, conxuntamente cos orzamentos xerais do concello.

Artigo 25º

O persoal que curse estudios académicos ou de formación e perfeccionamento profesional terá preferencia para elixir orde de traballo, de vacacións anuais, así como á adaptación e compensación da xornada ordinaria de traballo para asistencia ós cursos.

Artigo 26º

Os programas de formación organizados polo concello exporanse en tódolos centros de traballo durante o prazo de quince días, transcorridos os cales comezará o prazo de inscrición por un período mínimo de vinte días, considerándose o tempo de asistencia a estes cursos, como de traballo efectivo.

Respecto ós restantes cursos, poderán subvencionarse ata un máximo dun 50% da súa duración e, de non ser posible, procurarase que unha parte se realice en horas de traballo, sen que esta poida exceder do 50% da duración do curso.

Cada servicio remitirá anualmente, e antes do 1 de setembro, os cursos de formación e perfeccionamento profesional que precisa realizar. A programación xeral realizaraa o comité de persoal conxuntamente coa corporación, fixando as horas para cada servicio e, se é o caso, os importes que se aboarán como subvención e as horas a facer dentro da xornada de traballo. Para a boa execución dos referidos cursos a corporación, unha vez negociada cos delegados de persoal, fixará anualmente a cantidade económica suficiente para este fin.

Artigo 27º

A corporación e os delegados de persoal velarán conxuntamente para que se respecte en todo momento o principio de igualdade de oportunidades no acceso ós cursos de capacitación e estudios por parte do persoal.

Ó remate dos cursos efectuarase unha proba de aproveitamento que no caso de ser superada, entregarase un título acreditativo que se considerará como mérito para traslados e promocións.

Existirá un programa permanente de formación e perfeccionamento específico para o persoal segundo o servicio.

Capítulo VIII

Vacacións, permisos e licencias

Artigo 28º.-Vacacións.

O período de vacacións, dun mes natural, para tódolos funcionarios do concello, será o comprendido entre os meses de xuño a setembro, ámbolos dous inclusive, e do 15 de decembro ó 14 de xaneiro. Agás naqueles servicios que xa teñen establecido un período máis curto ó acordado.

O persoal que desfrute das súas vacacións fóra do período establecido anteriormente, por razóns de servicio, obxectivamente valoradas, gozará dun período vacacional adicional de 10 días laborais.

Poderanse intercambia-las vacacións entre funcionarios do mesmo servicio, categoría e funcións dando conta disto ó xefe do servicio, á unidade de persoal e ós delegados.

As vacacións poderán desfrutarse en tódolos servicios do concello en dous períodos, do 1 ó 15, e do 16 a fin de mes, ou do 16 a fin de mes e do 1 ó 15.

Artigo 29º.-Cadro de vacacións.

Anualmente, e antes do 31 de decembro, aprobarase o cadro de vacacións para o ano seguinte que será negociado cos/as traballadores/as afectados. Para a súa elaboración teranse en conta os criterios antes enunciados, procurándose que o persoal rote no seu desfrute.

Artigo 30º.-Compensación de baixa durante as vacacións.

No caso de baixa por incapacidade temporal que requira de hospitalización durante o período das súas vacacións o funcionario terá dereito a que se interrompa o cómputo de días de vacacións. O desfrute do período vacacional comezará a partir do día seguinte ó da data da alta médica.

Artigo 31º.-Permisos e licencias.

A todo o persoal vinculado por este convenio, logo de aviso, obrigado, agás por causas excepcionais.

1. Concederanse permisos retribuídos polos seguintes motivos xustificados:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Polo nacemento dun fillo e a morte ou enfermidade grave dun familiar ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade, dous días cando o suceso se produza na mesma localidade e catro días cando sexa en localidade distinta, e igual dereito asistirá ás parellas de feito e conviventes acreditando estas circunstancias na forma que regulamentariamente se estableza.

c) Por traslado de domicilio sen cambio de residencia, un día.

d) Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou de representación do persoal, nos termos legalmente establecidos.

e) Para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude e avaliación en centros oficiais, durante os días da súa celebración.

f) O traballador cun fillo menor de nove meses terá dereito a unha hora diaria de ausencia do traballo. Este período de tempo poderá dividirse en dúas fraccións ou substituírse por unha reducción de xornada de media hora.

g) Quen, por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído psíquico ou físico que non desempeñe actividade retribuída terá dereito a unha diminución dun tercio ou un medio da xornada de traballo, coa reducción proporcional das súas retribucións.

2. Poderase conceder permiso polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal.

3. Poderase dispoñer de ata nove días ó ano, como máximo, de permiso para asuntos personais sen xustificación, atendendo sempre as necesidades do servicio.

4. No suposto de parto, as traballadoras terán dereito a un permiso de dezaseis semanas ininterrompidas, ampliables por parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo. O permiso distribuirase a opción da funcionaria, sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. En caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade ou, se é o caso, da parte que reste do permiso.

Maila o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ó parto de descanso obrigatoria para a nai, no caso de que a nai e o pai traballen, aquela, ó iniciarse o período de permiso por maternidade, poderá optar porque o pai goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto, ben de forma simultanea ou sucesiva có da nai, salvo que no momento da súa efectividade, a incorporación da nai ó traballo supoña un risco para a súa saúde.

O mesmo rexerá no caso de adopción ou acollemento de menores de ata seis anos.

Capítulo IX

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 32º.-Protección dos traballadores contra riscos laborais.

O funcionario ten dereito a unha protección eficaz da súa integridade física e a unha adecuada política de seguridade e hixiene no traballo. Así mesmo, o relativo deber de observar e poñer en práctica as medidas de prevención do seu centro de traballo e o control das medidas adoptadas no desenvolvemento dela, a través dos seus representantes legais e dos órganos internos e específicos de participación nesta materia.

A corporación está obrigada a promover, fomentar e aplicar unha adecuada política de seguridade e hixiene nos seus centros de traballo, así como a facilita-la formación práctica e adecuada nesta materia ó seu persoal cando cambie o posto de traballo ou teña que aplicar novas técnicas, equipos ou materiais que poidan ocasionar riscos para o traballador, os seus compañeiros ou terceiros.

O traballador funcionario ten a obriga de segui-las mentadas ensinanzas e realiza-las prácticas que se establezan dentro da xornada de traballo ou fóra dela, con desconto, neste último caso da súa xornada laboral, do tempo investido nelas.

Artigo 33º.-Comité de seguridade e hixiene.

O comité de seguridade e hixiene é o órgano interno de participación especializado nesta materia. A súa composición será paritaria, integrada por catro representantes dos funcionarios designados polos delegados de persoal e catro da corporación: o alcalde e tres concelleiros designados por este e a proposta da comisión informativa de réxime interior. O alcalde poderá delega-la presidencia nalgún concelleiro. O comité de seguridade e hixiene reunirase unha vez cada tres meses a petición de calquera das partes, laboral ou social.

Artigo 34º.-Funcións do comité de seguridade e hixiene.

O comité terá, ademais das funcións que lle atribúe a vixente lexislación, as seguintes:

a) Control de vestiarios e servicios hixiénicos que utilizará o persoal, velando para que sexan cualitativa e cuantitativamente os precisos.

b) Coidado de que ó persoal se lle entregue a roupa de traballo necesaria que se pacta neste convenio.

c) Seguimento da subministración de material de traballo e ferramenta precisa para as tarefas a realizar en bo estado de conservación, repoñéndose o que non reúna as condicións necesarias.

d) Propoñe-las medidas necesarias para eliminar no posible as condicións de perigosidade, penosidade ou toxicidade nos postos de traballo.

e) A organización de campañas de formación e sensibilización de tódolos empregados en materia de seguridade e hixiene.

f) Velar para que sexan realizados os recoñecementos médicos ó persoal, que terán a periodicidade anual, salvo os do persoal que realicen traballos tóxicos, penosos ou perigosos, que terán carácter semestral. O concello ou este comité poderán solicitar en calquera momento o recoñecemento dos traballadores que consideren oportuno, e para o cal porá os medios necesarios.

g) Os membros do comité de seguridade e hixiene poderán paralizar calquera traballo cando existan sospeitas fundadas de grave risco para a vida, saúde e integridade dos traballadores.

Artigo 35º.-Apertura de centros de traballo.

Deberase comunicar ó Comité de seguridade e hixiene e á autoridade laboral para que con anterioridade á súa apertura sexa emitido informe polos servicios competentes de seguridade e hixiene.

Artigo 36º.-Roupa de traballo.

Con carácter xeral, o persoal do concello terá dereito a que se lle faga entrega da roupa de traballo no primeiro trimestre de cada ano. Para isto os xefes de cada servicio remitirán á sección correspondente a relación de material necesario, no mes de outubro de cada ano.

Naqueles servicios nos que exista vestiario de inverno e de verán, o seu cambio farase logo de consulta da comisión de seguridade e hixiene.

A súa adxudicación farase atendendo ó informe-proposta dos delegados de persoal.

Capítulo X

Réxime disciplinario

Artigo 37º.-Procedemento.

O persoal poderá ser sancionado polo organismo competente, pola comisión das faltas tipificadas neste convenio, a través do seguinte procedemento: o que establece a lexislación vixente na materia, representada na actualidade polo Regulamento de funcionarios da Administración local e Real decreto 33/1986, do 10 de xaneiro.

Artigo 38º.-Sancións.

Unha vez cumprido co establecido no artigo 37º, o persoal municipal poderá ser sancionado como segue.

a) Por faltas leves.

Apercibimento ou deducción proporcional de retribucións.

b) Por faltas graves.

Deducción de retribucións ou suspensión de funcións por un período inferior a tres anos.

c) Por faltas moi graves.

Suspensión de funcións, suspensión de emprego e soldo por un período non inferior a tres anos, ou separación do servicio.

Artigo 39º.-Prescricións.

As faltas leves prescribirán ó mes.

As faltas graves prescribirán ós dous anos.

As faltas moi graves prescribirán ós seis anos.

A partir da realización do feito, salvo que a corporación iniciase expediente sancionador ou se dese calquera outra causa das que producen a interropción da prescrición, segundo dispón a lexislación vixente.

A suspensión provisional de funcións só se aplicará con carácter excepcional cando o aconselle a gravidade dos feitos, ou cando a permanencia do traballador signifique un notorio prexuízo para o servicio.

Artigo 40º.-Normas especiais de procedemento.

a) Os interesados poderán ter asistencia de letrado.

b) En caso de faltas graves e moi graves, entregarase ó/á expedientado/a copia da normativa vixente.

c) A sanción non se fará executiva ata que non se garantan tódolos trámites da defensa excepto os recursos diante das autoridades xudiciais.

d) Todo traballador poderá dar conta por escrito por si mesmo, ou a través dos seus representantes, dos actos que supoñan falta de respecto á súa intimidade ou á consideración debida á súa dignidade humana ou laboral. A alcaldía abrirá a oportuna información e instruirá as dilixencias previas para o esclarecemento destas conductas.

e) Defensa xurídica por responsabilidade civil.

Por parte do Concello da Pobra do Caramiñal subscribirase un seguro de responsbilidade civil para todo o seu persoal, o cal cubrirá tódolos casos nos que puidesen verse inmersos os traballadores deste concello, e sempre no desenvolvemento do seu traballo. O referido seguro cubrirá, tamén, a defensa xurídica.

f) Unha vez prescrita a falta, procederase á destrucción do expediente incoado por causa dela, sen necesidade de solicitude previa por parte do interesado. Unha vez prescrito, en ningún caso poderá ser utilizado contra el.

Capítulo XI

Réxime retributivo

Artigo 41º.-Retribucións.

A estructura retributiva será a seguinte:

* Retribucións básicas.

* Soldo base e trienios.

* Retribución complementarias:

a) Complemento de destino.

b) Complemento específico.

c) Complemento de productividade.

A súa contía e condicións estableceranse na relación de postos de traballo negociados entre a corporación e as organizacións sindicais representativas, tódolos anos e previamente á elaboración dos orzamentos xerais do concello.

* Retribucións persoais.

a) Gratificacións.

b) Prestación familiar.

c) Indemnización por razón do servicio.

Segundo as bases e dentro da contía global que fixa a corporación, logo de negociación e informe da mesa de negociación.

O importe de retribucións complementarias individualizadas, deberá ser público.

En caso de que as gratificacións sirvan para aboar horas extras, nocturnas, domingos ou día de descanso terán o seguinte valor:

a) Considéranse horas extras normais a xornada feita fóra do horario habitual de traballo, incrementándose o seu valor nun 75% sobre a hora normal.

b) A hora extra festiva e a hora extra nocturna incrementarase nun 100% sobre a hora normal.

c) A hora extra festiva-nocturna incrementarase nun 75% sobre a hora extra normal.

As contías dos complementos correspondentes ás retribucións persoais son as que figuran no anexo de retribucións.

Artigo 42º.-Pagamento de retribucións.

As nóminas dos funcionarios faranse efectivas o derradeiro día laborable de cada mes devengado.

Artigo 43º.-Complemento específico.

A súa contía é a que queda reflectida no anexo de retribucións, revisándose no seu momento, segundo o disposto nas normas orzamentarias legalmente aplicables.

Artigo 44º.-Pagas extraordinarias.

Tódolos funcionarios percibirán cada ano dúas pagas extraordinarias consistentes en salario base+antigüidade. As pagas extraordinarias faranse efectivas coa nómina de xuño e coa nómina de decembro.

Artigo 45º.-Nocturnidade.

Todo o funcionario que desenvolva a súa xornada laboral entre as 22 e as 7 horas percibirá un complemento de productividade consistente nun 10% da totalidade das súas retribucións brutas mensuais. A percepción deste complemento non será incompatible coa percepción deste mesmo complemento, debido a outras condicións laborais.

Artigo 46º.-Festividade.

Considerarase como traballo en período festivo o feito no tempo que medie entre as 13 horas do sábado e as 7 horas do luns, e entre as 22 horas da véspera de festivo e as 7 horas do día seguinte.

Artigo 47º.-Retribucións por incapacidade temporal.

Durante a situación de baixa por incapacidade temporal derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional, o concello garantirá para todo o persoal ó seu servicio os salarios e previsións legalmente establecidas.

Artigo 48º.-Anticipos.

Todo/a traballador/a municipal terá dereito a un anticipo dunha ou dúas mensualidades das súas retribucións totais (básicas) que haberá que devolver respectivamente en dez ou catorce meses.

Capítulo XII

Fomento de emprego e prestacións sociais

Artigo 49º.-Postos de traballo para traballadores con minusvalidez.

Elaborarase anualmente un catálogo de postos de traballo para traballadores con algunha minusvalidez establecéndose probas específicas de acceso, ata chegar a un 2% como mínimo, do cadro de persoal. Na relación de postos de traballo farase constar expresamente a citada condición para coñecemento dos interesados.

Artigo 50º.-Información de contratacións.

De acordo con contido da Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, o comité de persoal estará informado dos programas de contratación e as previsións futuras de necesidades de contratación do concello nos termos especificados na propia lei.

Artigo 51º.-Enfermidade profesional.

Aqueles/as traballadores/as que debido á incapacidade para desenvolve-lo seu traballo habitual motivada por enfermidade profesional, serán recolocados en novos postos de traballo na empresa, de acordo coas súas novas circunstancias físicas, mantendo as condicións económicas de orixe e nos supostos legalmente establecidos.

Artigo 52º.-Fondo social.

A xestión será atribuída a unha denominada comisión do fondo social, integrada polos representantes dos traballadores. Asistirán como asesores, un asistente social ou diplomado en traballos sociais, nomeado pola corporación e outro asesor nomeado polos traballadores.

Esta comisión regularase polo establecido no seu propio regulamento, elixindo un presidente e un secretario. Das súas reunións levantarase acta (Lei de procedemento administrativo).

As axudas outorgaranse logo de convocatoria pública no taboleiro de edictos e nos taboleiros dos servicios, e a través de criterios obxectivos previamente acordados pola comisión, en función das necesidades e capacidade adquisitiva dos solicitantes.

Para o persoal non permanente, as concesións adxudicadas serán polo prazo de duración da súa relación co concello.

A comisión terá á disposición da corporación e do persoal a información que permita coñecer en cada momento a execución dos programas do fondo e a súa situación económico-contable.

Artigo 53º.-Axudas para fins culturais e deportivos.

A corporación colaborará en todo tipo de iniciativas do seu persoal, que sexan de carácter cultural e deportivo, achegando para iso a cantidade de 100.000 pesetas anuais.

Bonificarase o acceso ás instalacións deportivas municipais e actos culturais organizados ou patrocinados polo concello ou organismos dependentes, con estricta suxeición ó réxime de control e localización física que se estableza con carácter xeral.

A bonificación instrumentarase a través dun sistema de carnés ou bonos específicos para o persoal municipal e o seu cónxuxe e fillos ó seu cargo que supoñan unha reducción no custo do 50%.

Artigo 54º.-Colaboración na xestión de créditos bancarios polo persoal.

A corporación xestionará perante entidades crediticias unha liña de créditos preferenciais para persoal municipal ó menor tipo de xuros.

Artigo 55º.-Asesoramento e defensa do persoal.

Como desenvolvemento do artigo 40 e), o concello prestará asesoramento e defensa xurídica ós traballadores municipais nas circunstancias que así o esixan, como consecuencia do desempeño da súa función, sempre que o feito que motiva a asistencia fose debido a actuacións propias do traballador no exercicio do seu cargo.

Artigo 56º.-Dereitos.

Individualmente cada traballador terá dereito a consulta-lo seu expediente persoal e a ser informado das incidencias que nel se produzan.

Artigo 57º.-Deberes.

Todo funcionario municipal ten o deber de cumpri-los termos deste convenio, especialmente no que se refire ó réxime de xornada, horario e incompatibilidades.

Artigo 58º.-Mediación nos conflictos de traballo.

A través do seu órgano de representación, comité de persoal, obrígase a negociar, e procura-lo procedemento de mediación obrigatoria con anterioridade ó exercicio do dereito a folga ou calquera outra medida que poida prexudica-lo servicio público que o concello representa.

Capítulo XIII

A representación sindical

Artigo 59º.-Actividade sindical.

A corporación, os sindicatos asinantes e os delegados de persoal, comprométense a promove-las condicións que permitan o pleno desenvolvemento da liberdade sindical, recoñecida no artigo 28 da Constitución e na Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

A actividade sindical na Administración rexerase polo título IV da citada lei e o previsto na Lei 9/1987, do 12 de maio, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas.

Recoñéceselle ós delegados de persoal, a capacidade para negocia-las seguintes materias:

* Determinación e aplicación das retribucións.

* Preparación e deseño dos programas de oferta de emprego público.

* A clasificación dos postos de traballo.

* Medidas sobre saúde laboral.

* Sistemas de ingreso, provisión e promoción profesional.

* Elaboración de programas de formación do persoal.

Artigo 60º.-Lexitimación sindical para iniciar procedementos.

A lexitimación para iniciar como interesado os correspondentes procedementos administrativos ou xudiciais, exercendo as accións en defensa dos intereses dos colectivos representados, corresponderalles á xunta de persoal e ó comité de empresa.

A lexitimación ante o concello teraa, en caso de que se constitúa, o comité de persoal, órgano conxunto de representación que agrupa os dous anteriores.

Artigo 61º.-Cota sindical.

A corporación descontará na nómina a cota sindical daqueles traballadores afiliados que o soliciten, aboándolla ó sindicato ó que pertenzan, e na conta que sexa sinalada pola correspondente sección sindical.

Artigo 62º.-Taboleiro de anuncios.

Existirán taboleiros de anuncios en tódolos centros de traballo, coas características precisas para a utilización polos delegados de persoal e as organizacións sindicais.

Artigo 63º.-Crédito horario.

Tódolos delegados de persoal disporán dun crédito de 25 horas ó mes para o desenvolvemento do seu labor sindical.

As horas dos delegados electos, ou das seccións sindicais de cada sindicato poderán ser acumuladas nos representantes que estas designen.

Artigo 64º.-Dereitos dos representantes do persoal.

Non se computarán como horas sindicais as que se utilicen para negociación do convenio colectivo e para reunións cos órganos da corporación, sempre que sexa por requirimento dos citados órganos, así como a asistencia ós tribunais como membros deles.

Tódolos delegados sindicais terán acceso libre a tódalas dependencias, oficinas e servicios municipais, tendo dereito a seren informados dos asuntos que deban coñecer pola representación que ostenten.

Artigo 65º.-Locais para actividade sindical.

A corporación facilitará ós delegados de persoal e ás organizacións sindicais un local idóneo para o desenvolvemento da súa actividade sindical, locais que reunirán as condicións idóneas para a celebración de reunións e demais actividades sindicais. Así mesmo, facilitará o material de oficina que precisen.

Artigo 66º.-Formación sindical.

Cada sindicato terá dereito a un crédito de horas anuais para a formación sindical, que poderán ser utilizados polos membros que designen os sindicatos e que deberán xustificarse documentalmente.

Así mesmo, cada delegado terá dereito a cinco días para asistencia a congresos sindicais.

Artigo 67º.-Dereito persoal.

Aqueles funcionarios/as ós que se lles inicien expedientes disciplinarios, independentemente da valoración da falta, e sempre que demostren a súa afiliación a un sindicato, terán dereito á que os delegados de persoal sexan informados do procedemento antes do seu inicio.

Capítulo XIV

Dereito de reunión e folga

Artigo 68º.-Reunións.

Están facultados para convocar reunións:

a) As organizacións sindicais, directamente, ou a través dos seus delegados.

b) Os delegados de persoal.

c) Colectivos do persoal do concello, sempre que o seu número non sexa inferior ó 20% dos traballadores convocados.

Con carácter xeral autorizaranse fóra da xornada de traballo. O alcalde poderá autorizalas dentro da xornada e con carácter excepcional, ata un máximo de 40 horas anuais, das que 18 corresponderán ás seccións sindicais.

Para convocar unha reunión será preciso como requisito:

Comunicar por escrito a súa celebración, indicando o lugar, orde do día e datos dos asinantes lexitimados para convocala cun prazo de 48 horas de antelación á data prevista. Se no prazo de 24 horas a alcaldía non formula obxección, enténdese autorizada. Os convocantes serán responsables da orde no desenvolvemento da mesma.

Artigo 69º.-Folga.

A folga convocarase con carácter xeral conforme o disposto no artigo 4 do Real decreto 17/1977, unha vez intentados procedementos de negociación e mediación; é preciso un aviso previo á corporación con 10 días de antelación, a través do comité de folga.

Os servicios mínimos non poderán exceder do 10% do cadro de persoal, salvo no caso da policía local que non poderán exerce-lo dereito de folga, ou accións substitutivas de conformidade co previsto no artigo 6.8º da Lei 2/1986, do 13 de marzo.

Se non se chegase a acordo, resolverá o gobernador civil, competente segundo artigo 10.2º do Real decreto 17/1977, do 4 de marzo.

Disposicións adicionais

Primeira.-Respectarase para todo o persoal, as condicións máis beneficiosas legalmente, en canto determinen mellor dereito que as contempladas neste acordo regulador.

Segunda.-Facúltase a comisión de interpretación, vixilancia e estudio para adoptar acordos de interpretación que permitan a aplicación deste acordo.

Terceira.-Cláusula de revisión.

A corporación municipal garantirá, en todo caso, as revisións salariais que legalmente se establezan nas normas orzamentarias.

Cuarta.-Reverterán directamente no fondo social as cantidades deducidas ó persoal municipal por sancións, folgas ou expedientes disciplinarios, nos que como consecuencia da resolución houbese descontos salariais.

Disposición derrogatoria

Este documento unha vez asinado polo equipo de Goberno e o comité de persoal, e aprobado pola corporación municipal, derroga calquera outro acordo ou resolución municipal que se lle opoña, en especial os anteriores acordos que, en materia de condicións de traballo do persoal, teña aprobados a corporación.

Na Pobra do Caramiña o 1 de marzo de 2002.

ANEXO

Táboa. Retribucións funcionarios Concello da Pobra do Caramiñal 1-1-2002.

PostoGrupoNivelS.B.C. Esp.C.D.C.P.

SecretaríaA301.007,89886,08885,03 V

Admvo. admón. xeralC22637,66253,36465,76

Admvo. admón. xeralC22637,66253,36465,76

Alguacil-porteiroE11476,00168,74217,07

NotificadorE14476,00168,74217,07 V

Secretaría particular 637,78203,80360,65

Cabo policía localD15521,40510,44299,12

Cabo policía localD15521,40304,07299,12

Axente policía localD14521,40227,53278,60110,70V

Axente policía localD14521,40227,53278,60110,70

Axente policía localD14521,40227,53278,60110,70

Axente policía localD14521,40227,53278,60110,70

Axente policía localD14521,40227,53278,60110,70

Axente policía localD14521,40227,53278,60110,70

Axente policía localD14521,40227,53278,60110,70

Axente policía localD14521,40227,53278,60110,70

Axente policía localD14521,40227,53278,60110,70

Axente policía localD14521,40227,53278,60110,70

Axente policía localD14521,40227,53278,60110,70

Axente policía localD14521,40227,53278,60110,70

Conserxe colexioE11476,00235,61217,07

AparelladorB22855,43316,99465,76 V

Admvo. urbanismoC20637,66253,36401,69

Op. brigada mantementoE11476,00489,41217,0772,12

Op. brigada mantementoE11476,00353,99217,07

Conductor camiónE11476,00268,18217,0772,12

BibliotecarioC20637,66253,36401,69 V

BibliotecarioD14521,40227,53278,62

RecadadorC20637,66253,36401,69

Administrador mercadoD14521,40227,53278,62110,70

InterventorA241.007,89780,89532,54 V

TesoureríaC20637,66498,51401,69 V

Técnico admón. financeiraA221.007,89653,33465,76

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO

CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO,

SECCIÓN SEGUNDA)