Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución de expediente sancionador 23/2002 a María Victoria Pires Piñeiroá.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente san

cionador 23/2002, seguido de oficio pola Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, contra María Victoria Pires Piñeiroá, finalizando este trámite con resolución do expediente sancionador por non dedica-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses.

O citado acordo é do seguinte teor:

Resolución do expediente sancionador 23/2002.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo en relación coa vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-83/030, conta 72, adxudicada a María Victoria Pires Piñeiroá, rúa Vila, 90, 2º D, de San Cosme de Barreiros (Lugo) e unha vez terminadas estas e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos.

1. Con data do 10 de xuño de 2002 realízase de oficio visita de inspección á vivenda de referencia, resultando imposible localizar a ninguén nela e constatando indicios de que a adxudicataria non reside de maneira habitual e permanente neste domicilio, segundo se reflicte na correspondente acta de inspección nº 1006/02.

2. Con data do 13 de xuño de 2002 solicitáronse os seguintes certificados:

-Certificado de empadroamento da adxudicataria solicitado ó Concello de Barreiros.

-Certificado do consumo de enerxía eléctrica da vivenda solicitado á empresa BEGA, S.A.

-Certificado sobre o consumo real de auga da vivenda solicitado á empresa TEDESA.

3. En contestación ás anteriores peticións recíbese a seguinte documentación:

-Con data do 25 de xuño de 2002 certificado do Concello de Barreiros, segundo o cal resulta que no padrón de habitantes dese concello figura inscrita a titular.

-Con data do 25 de xuño de 2002 certificado de consumo de auga remitido pola empresa Tedesa, indicando as lecturas bimestrais do contador que o consumo durante os últimos meses é practicamente inexistente.

-Con data do 25 de xuño de 2002 certificado de consumo de enerxía eléctrica remitido pola empresa Bega, S.A., indicando que o consumo durante o último ano é moi baixo.

4. O artigo 5, letra c), da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses, constitúe unha infracción grave.

5. En data do 23 de outubro de 2002 dictouse proposta de resolución do meritado expediente sancionador, pola que se propoñía a imposición a María Victoria Pires Piñeiroá dunha sanción de 601,02 euros de multa, notificada á denunciada en data do 28 de outubro de 2002. Concedido prazo de 15 días para presentar alegacións, a denunciada non fixo uso deste dereito.

Feitos probados.

Da práctica dos medios probatorios derivan os seguintes feitos probados:

Único.-Que María Victoria Pires Piñeiroá incumpriu a obriga de destina-la vivenda adxudicada a domicilio habitual e permanente.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la resolución deste expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada se encontra tipificada no artigo 5, apartados b) e c), da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda que sinala que terán a cualificación de infraccións graves... b) a dedicación das vivendas de protección oficial a usos non autorizados ou a alteración do réxime de uso destas, establecido na cédula de cualificación definitiva e c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses e, en tal sentido, o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda define no seu artigo 3 que se entende por domicilio habitual e permanente, e deste despréndese que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario ou arrendatario, e sen

que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e outro, ata o terceiro grao que convivan co titular, exerzan na vivenda unha profesión ou pequena industria doméstica, aínda que sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual, enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

3. Que non xustificou plenamente a ocupación da vivenda de promoción pública que lle foi adxudicada mediante as alegacións presentadas e a documentación unida a estas.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común e o

Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

RESOLVO:

Impoñer a María Victoria Pires Piñeiroá unha sanción de 601,02 euros de multa.

Contra esta resolución que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común diante do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.

Lugo, 19 de novembro de 2002.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo