Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2002 pola que se anuncia a modificación da do 18 de novembro de 2002, de licitación, polo sistema de concurso aberto e procedemento ordinario, da asistencia de redacción de Plan parcial do SUNP 12 en Santiago de Compostela. A Coruña. (Expediente C-2002/AT 04).

Advertido erro no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, cómpre face-la oportuna corrección:

Na cláusula 2.2.5.2. Proposta técnica e económica. B.1. Referencias técnicas. B.1.1., no segundo parágrafo, onde di: «así mesmo, detallaranse as liñas básicas do Plan de comunicación», debe dicir: «así mesmo, detallaranse as liñas básicas do Plan parcial».

O prazo de presentación de proposicións establecido na sinalada resolución computarase a partir do día seguinte ó da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo