Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación do servicio de limpeza na Casa do Mar de Porto do Son e de mantemento do sistema de extinción de incendios en centros dependentes desta delegación provincial.

Esta delegación provincial, de conformidade co establecido na Orde do 19 de decembro de 2001 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais na Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza na Casa do Mar de Porto do Son e de mantemento do sistema de extinción de incendios en centros dependentes da delegación provincial.

b) Lugar de execución:

Exp. 1/03: Casa do Mar de Porto do Son (rúa Atalaia, s/n - 15970 Porto do Son).

Exp. 2/03: Residencia de Maiores de Carballo (praza de Vigo, s/n - 15101 Carballo).

Residencia de Maiores de Ferrol (rúa Pardo Bazán, s/n - 15406 Ferrol).

Residencia de Maiores de Oleiros (lugar de Pousada, s/n - 15173 Oleiros).

Residencia de Maiores da Pobra do Caramiñal (rúa Venecia, s/n - 15940 A Pobra do Caramiñal).

Residencia de Maiores de Santiago de Compostela (rúa As Rodas, 2 - 15704 Santiago de Compostela).

Residencia de Maiores Torrente Ballester (Agra de San Amaro, s/n - 15002 A Coruña).

Centro de Educación Especial Santiago Apóstol (As Xubias, s/n - 15006 A Coruña).

Fogar do Maior da Coruña (rúa Pensamentos, s/n -15008 A Coruña).

Fogar do Maior de Ferrol (rúa Real 1-7, 15402 Ferrol).

Centro Social das Pontes de García Rodríguez (rúa Ferrol, 23 - 15320 As Pontes de García Rodríguez).

Centro Social de Carballo (praza de Vigo, s/n 15101 Carballo).

Centro Social de Corcubión (rúa Médico Vicente Fraguela s/n, 15130 Corcubión).

Centro Social de Fene (Lugar do Castro-Perlío, 15500 Fene).

Centro Social de Muros (Hospital, 21 -15250 Muros).

Centro Social de Ortigueira (Recheo de Alameda, s/n-15330 Ortigueira).

Centro Social da Pobra do Caramiñal (rúa Castelao 5, 15940 A Pobra do Caramiñal).

Centro Social de Santa Comba (Ourense, s/n -15186 Santa Comba).

c) Prazo de execución:

Expte. 1/03: dous (2) anos prorrogable por igual período.

Expte. 2/03: un (1) ano prorrogable por igual período.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon mínimo de explotación:

a) Importe total:

-Expte. nº: 1/03.

Centro: limpeza Casa do Mar de Porto do Son.

Cantidade: catorce mil seiscentos corenta e nove con trinta e seis euros (14.649,36 euros).

-Expte. nº: 2/03.

Centro: mantemento do sistema de extinción de incendios.

Cantidade: catorce mil douscentos oitenta e sete con oitenta e sete euros (14.287,87 euros).

5. Garantía:

a) Provisional:

Expte. 1/03: douscentos noventa e dous con noventa e nove euros (292,99 euros).

Expte. 2/03: douscentos oitenta e cinco con setenta e seis euros (285,76 euros).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 2º.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15011.

d) Teléfono: 981 18 58 03/06.

e) Telefax: 981 18 58 01.

f) Internet: www.xunta.es/contratacion.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse durante o prazo de presentación de proposicións, dende as 9 ás 14 horas, en días hábiles, excepto sábados, nas catro delegacións provinciais, así como na Secretaría Xeral da Consellería en Santiago de Compostela.

7. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación:

a) Prazo de presentación: será de sete días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Forma de presentación: a documentación que integrará as ofertas deberá presentarse en sobres pechados e é a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais da Coruña, rúa Gregorio Hernández, 2-4, 21. Sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Se as proposicións se cursan por correo, terá que xustificarse a data de presentación e comunicarse no mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax (enderezo indicado no punto 6).

8. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Enderezo: Concepción Arenal, 7-9.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto (6º) día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Se cadrara en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións:

Nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.

11. Gastos do anuncio:

Serán por conta dos adxudicatarios cun prezo máximo de mil cento sesenta euros (1.160 euros). Esta cantidade desfrutarase en proporción á contía de cada adxudicación.

A Coruña, 12 de decembro de 2002.

Mª José Ares Casal

Delegada provincial da Coruña