Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación con carácter de contrato administrativo especial do servicio de cafetería da Residencia-Fogar do Maior Porta do Camiño de Santiago de Compostela.

Esta delegación provincial, de conformidade co establecido na Orde do 19 de decembro de 2001 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociales, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais na Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: explotación do servicio de cafetería na Residencia-Fogar do Maior Porta do Camiño de Santiago de Compostela.

b) Lugar de execución:

Exp. 17/02: Residencia-Fogar do Maior Porta do Camiño (Rúa As Rodas, 2 - 15704 Santiago de Compostela).

c) Prazo de execución: un (1) ano, prorrogable por períodos anuais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon mínimo de explotación (anual):

a) Importe total:

Expte.nº: 17/02.

Centro: Cafetería Residencia-Fogar do Maior Porta do Camiño de Santiago de Compostela.

Cantidade: cento corenta e cinco euros (145 euros).

5. Garantía:

a) Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dirección: Gregorio Hernández, 2-4, 2º.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15011.

d) Teléfono: 981 18 58 03/06.

e) Telefax: 981 18 58 01.

f) Internet: www.xunta.es/contratacion.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, en días hábiles, excepto sábados, nas catro delegacións provinciais, así como na Secretaría Xeral da consellería en Santiago de Compostela.

7. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación:

a) Prazo de presentación: será de sete días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Forma de presentación: a documentación que integrará as ofertas deberá presentarse en sobres pechados e é a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais da Coruña, rúa Gregorio Hernández, 2-4, 2º. Sen prexuízo do disposto no artígo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Se as proposicións se cursan por correo, terá que xustificarse a data de presentación e comunicarse no mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax (enderezo indicado no punto 6).

8. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Enderezo: Concepción Arenal, 7-9.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto (6º) día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Se cadrara en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións:

Nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido, e o nome do licitador.

11. Gastos do anuncio:

Serán por conta do adxudicatario, cun prezo máximo aproximado de 1.035 euros.

A Coruña, 9 de decembro de 2002.

Mª José Ares Casal

Delegada provincial da Coruña