Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a iniciación dos expedientes sancionadores en materia de réxime de v.p.o. E.S.OU-15/02 e E.S. OU-17/02, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la iniciación dos expedientes sancionadores por infracción do réxime legal de v.p.o., por non ser posible a notificación a través do servivio de correos.

Noméase instructor do procedemento a Paulino González Rodríguez, xefe da sección de inspeccións e sancións da delegación provincial, e secretaria a Olga Paredes Medela, funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusados en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos e informacións coiden convenientes en defensa dos seus intereses e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), de non efectuárense alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do

procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 19 de novembro de 2002.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego da

Vivenda e Solo

ANEXO

-Expediente nº E.S. OU-15/02.

Responsable: María Remedios Penín Ribas.

Dirección: r/ Pablo Iglesias, nº 10, 6ºC.32004 Ourense.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5 c) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 601,02 euros.

E.S OU-17/02.

Responsable: Dolores Estévez Rodríguez.

Dirección: r/ Pablo Iglesias, nº 10, 8º B. Ourense.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5 c) da Lei 13/1996.

Sanción proposta: 601,02 euros.