Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.478

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (458/1996).

Carmen Carballo Ramos, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña, dou fe de que no procedemento seguido neste xulgado con número 458/1996, se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentencia

A Coruña, trinta e un de decembro de dous mil un.

Javier San Claudio Piñón, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña, tendo visto os presentes autos de xuízo sobre protección dos dereitos fundamentais, promovidos por instancia de Eloy García García e, na súa representación, o procurador dos tribunais Jacobo Tovar-Espada y Pérez, e na súa defensa a letrada Isabel Barbero, contra José Mato Calderón, Francisco Mato Posse, María del Carmen Posse de la Linde, José Mato Posse, Nélida Reyes Pereira, José Otero Domínguez, María Jesús Medrano González, Francisco Silva Oreiro, Carmen Otero Reyes e Adolfo Agis Gómez, representados todos eles polo procurador Víctor López-Rioboo y Batanero, e na súa defensa o letrado Carlos Potel Lesquereux, e contra La Voz de Galicia, representada polo procurador Rodrigo de Santiago Zarco e, na súa defensa, o letrado Francisco Abuín Porto, e contra Dolores Vílchez Baeza, Francisco-Jesús Oreiro Vílchez e Avelino Oreiro Vílchez, que foron emprazados e non contestaron a demanda, e,

decido que, estimando en parte a demanda sobre portección do dereito á honra

interposta polo procurador Tovar Espada-Pérez, na representación de Eloy García García, condeno a José Mato Calderón, Francisco Mato Posse, María Jesús Medrano González, José Mato Posse, María del Carmen Posse de la Linde, José Otero Domínguez, Nélida Reyes Pereira, Francisco Silva Oreiro, Carmen Otero Reyes, Alfonso Agis Gómez, Dolores Vílchez Baeza, Francisco Jesús Oreiro Vílchez e Avelino Oreiro Vílchez, a pagar ó demandante a suma de 300.000 pesetas e a publicar á súa custa na edición para Pontevedra do xornal La Voz de Galicia a parte dispositiva desta sentencia.

Absólvese da demanda La Voz de Galicia, S.A.

Non se fai condena en custas.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que contra ela e de acordo co previsto no artigo 455 da LAC cabe recurso de apelación que se preparará neste xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo. Javier San Claudio».

E para publicar no Diario Oficial de Galicia para que sirva de notificación ós demandados rebeldes, expido e asino este edicto na Coruña no vintecinco de outubro de dous mil dous.

Rubricado