Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.478

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de auto (166/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este Xulgado do Social tramitados baixo o número 166/2002, contra a empresa Pesquera Malpica, S.L. e outros sobre incapacidade derivada de AT, se dictou a seguinte resolución:

Auto: A Coruña, dezanove de novembro de dous mil dous.

Feitos.

Primeiro.-Que na data 8 de marzo de 2002 formulou demanda Ramón Agrafojo Caamaño contra o INSS e outros, na que reclamaba incapacidade derivada de AT, e correspondeu pola quenda de oficio a este xulgado co número 166/2002.

Segundo.-Que para o xuízo do día 19 de novembro de 2002 ás 9,55 horas a parte demandante non compareceu nin alegou ningún motivo que xustificase a suspensión e consta nos autos a súa citación en forma.

Fundamentos xurídicos.

Único.-De conformidade co disposto no artigo 83.2º da LPL e ó non comparece-la actora nin alegar

ningunha xustificación, procede dala por desistida da demanda e arquívense os autos sen máis trámite.

Decido que se teña por desistida á parte demandante da demanda dos presentes autos que se arquivarán sen máis trámite.

Así, por este auto acórdao e asínao o maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous da Coruña, Jorge Hay Alba, e dou fe.

E para que sirva de notificación á empresa Pesquera Malpica, S.L., mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), que ten o seu domicilio descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña, 19 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado