Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.477

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (122/2001).

Carmen Diéguez Camarón, secretaria da Sección Terceira da Audiencia Provincial, certifica que neste recurso dimanante dos autos de xuízo verbal 122/2001, do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña, se dictou sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentencia. Juan Ángel Rodríguez Cardama (pte.), Juan Luis Pía Iglesias, Rafael Jesús Fernández-Porto

García. Na Coruña o once de xaneiro de dous mil dous. Visto o presente recurso de apelación tramitado baixo o número 1583/2001, pola Sección Terceira desta Audiencia Provincial, constituída polos maxistrados que anteriormente se citan, interposto nos autos de xuízo verbal, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña, perante o que se tramitaron baixo o número 122/2001, nos que son parte, como apelante, o demandante José Martín González Pazos, maior de idade, veciño da Coruña, con domicilio no Paseo Marítimo, 6-21 esq., representado pola procuradora Isabel Tedín Noay, e dirixido polo avogado Antonio Vázquez; e hoxe como apelados, os demandados José Rodríguez Fontao, maior de idade, veciño de Culleredo (A Coruña), con domicilio na parroquia de Rutis, r/ Salvador Allende, 3-3º B; Zurich España Compañía de Segurios e Reaseguros, S.A., con domicilio en Madrid, r/ María de Molina, 37-bis, ambos representados

polo procurador Juan Lage Fernández-Cervera e dirixidos polo avogado Ricardo López Mosteiro; e Sabino García Suárez, maior de idade, veciño de Culleredo (A Coruña), con domicilio en Rutis, r/ Salvador Allende, 3-3º B, versando os autos sobre reclamación de cantidade por accidente de tráfico.

Decidimos que desestimando o recurso de apelación interposto en nome de José Martín González Pazos, contra a sentencia dictada o 9 de maio de 2001, polo Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña, nos autos de xuízo verbal seguidos co número 122/2001, por instancia contra Sabino García Suárez, José Rodríguez Fontao e Zurich España Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A., debemos confirmar e confirmámo-la dita resolución, impoñendo á parte apelante as custas desta alzada.

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia, e sirva de notificación ó demandado Sabino García Suárez, expídese e asínase este edicto.

Na Coruña o dezanove de abril de dous mil.

O secretario

Rubricado