Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.280

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (228/2002).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 228/2002 se dictou a sentencia da que se xunta copia.

En Santiago de Compostela o oito de outubro de dous mil dous.

En nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción, visto e oído

en xuízo oral e público esta causa xuízo de faltas 228/2002, seguida por unha falta de furto sendo partes Mirian Olano Ferreiro, José Ángel Fuentes Raña e o Ministerio Fiscal, pronunciou a seguinte sentencia:

«Antecedentes de feito.

Único.-O Ministerio Fiscal no acto de xuízo oral non formulou acusación.

Feitos probados.

Único.-Mirian Olano Ferreiro o día 20 de xuño de 2002 formulou denuncia contra José Ángel Fuentes Raña na que se acusa de furto, feitos estes que non quedaron acreditados no acto de xuízo de faltas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Segundo doutrina sentada polo Tribunal Constitucional (st. 18-4-85), no sistema penal españo rexe o principio acusatorio conforme o cal a facultade de xulgar depende de que algunha das partes procesuais, xa sexa o Ministerio Fiscal ou o acusador particular exerza a acción penal, pois só neste caso poderá o xuíz dictar sentencia condenatoria, quedando en caso de falta de acusación, vinculado por este e compelido a dictar sentencia absolutoria.

En consecuencia, facendo aplicación do exposto ó presente caso, ó non soster acusación (en trámite de conclusións) ningunha das partes, sen que vistas as circunstancias do caso procede facer uso da facultade establecida no artigo 644 da LAC nin por analoxía co previsto no artigo 733 do mesmo corpo penal procede dictar sentencia absolutoria.

Segundo.-As custas deben ser declaradas de oficio, conforme os artigos 123 do Código penal, e 239 e 240 da LAC.

Vistos os artigos citados e demais de xeral aplicación decido debo absolver e absolvo a José Ángel Fuentes Raña, con declaración de custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña, sección sexta con sede en Santiago de Compostela no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, pronúncio, mándoo e asínoo».

Publicación.-Dada, lida e publicada foi a anterior sentencia polo mesmo xuíz que a dictou, estando celebrando audiencia pública en Santiago de Compostela, o oito de outubro de dous mil dous, do que eu, o secretario, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a José Ángel Fuentes Raña, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o doce de novembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado