Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.280

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SESENTA DE MADRID

EDICTO (525/2001).

Ángela María Guerrero Rabadán, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número sesenta de Madrid, fai saber que no dito tribunal se tramita procedemento de execución de títulos xudiciais 525/2001, por instancia de Maderas Soto, S.A. contra Eurobaltic, S.L. no que por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa, os bens que máis abaixo se dirán, sinalándose para que teña lugar na sala de audiencia deste xulgado o próximo día 15 de xaneiro de 2003 ás 11 horas coas condicións seguintes:

Primeiro.-Que os licitadores, a excepción do executante, para tomar parte na poxa deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado na conta de Depósitos e Consignacións deste xulgado ou de ter prestado aval bancario polo 20% do valor de taxación, facendo constar, se é o caso, se se fai en

nome de terceiro, requisito sen o cal serán admitidos a licitación.

Segundo.-Que poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa realización facéndose o depósito ó que se fixo mención anteriormente.

Terceiro.-Que poderán facerse ofertas superiores ó 50% da avaliación, pero ofrecendo pagar a prazas con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

Cuarto.-Que non se poderá proceder á inmediata aprobación do remate se a cantidade ofrecida non superase o 50% do valor de taxación, ou sendo inferior, non cubrise, alomenos a cantidade pola que se despachou execución, incluíndo a previsión para xuros e custas.

Quinto.-Que unicamente o executante poderá concorrer reservándose a facultade de cede-lo remate a un terceiro, podendo tomar parte na poxa só cando existan licitadores, mellorando as ofertas que se fixesen.

Sexto.-Para o caso de que por causa de forza maior o remate non puidera levarse a efecto no día e hora sinalados, terá lugar no día seguinte hábil á mesma hora.

Sétima.-Para o suposto en que a notificación do sinalamento ó executado resultase negativa por atoparse en ignorado paradoiro, sirva o presente de notificación edictal.

Bens que se sacan a poxa e valor: 28,804 m de madeira clase C, a razón de 18.700 pesetas (112,39 euros), que supoñen o prezo de 538.635 pesetas (3.237,26 euros).

Dado en Madrid o vintenove de outubro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA