Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 247/2002, por instancia de Ramón Fernández Vence contra Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L., sobre cantidade, nos que recaeu sentencia con data do 31-10-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
«Decido que estimando a demanda promovida por Ramón Fernández Vence contra a empresa Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe ó demandante a cantidade de 1.479,58 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda.
Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberá consignar, ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-
lo recurso declarándose este desistido de non constituírse este depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 8 de novembro de 2002.
O secretario xudicial
Rubricado