Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.281

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (108/2002).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de

Compostela, fai saber que neste Xulgado do Social se segue procedemento nº 108/2002, por instancia de Fabián Veloso González, contra Fausto Tavárez, sobre cantidade.

O acto de conciliación e o xuízo están sinalados para o vindeiro día 25 de febreiro de 2003, ás 9.40 horas. Cítase en única convocatoria a empresa Fausto Tavárez, que tivo o seu domicilio en Torreira de Arriba, 21-2º, de Santiago de Compostela, e hoxe en paradoiro descoñecido para que, acompañada de tódolos medios de proba de que intente valerse, compareza ante este xulgado, sito na rúa Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á realización do acto de conciliación e xuízo correspondente.

Advírtese que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral, e fáiselle saber que a copia da demanda está á súa disposición na secretaría deste xulgado. Requírese a demandada para que achegue ó acto de xuízo o contrato de traballo do demandante, as nóminas do demandante de setembro a novembro do ano 2001, os xustificantes de alta e baixa na Seguridade Social e o libro de matrícula do persoal.

Cítase, así mesmo, o representante legal da referida empresa, cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da LAC en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e lle sirva de notificación, citación e requirimento á empresa Fausto Tavárez, expídese este edicto en Santiago de Compostela, o 14 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado