Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores na orde social 307/2002 e tres máis.

Non sendo atopados nos domicilios coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándolle que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolle que de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23-11-2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 20 de novembro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expte. nº: 307/2002.

Acta nº: 389/2002.

Titular: Tu Idea Factory, S.L.

NIF/DNI: B-15645930.

Enderezo: Carrío, 67 (Bergondo).

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 17-9-2002.

Resolución: sanción por importe de 3.005,06 A.

Feitos: en virtude de accidente laboral nunha obra de construcción sita en Palas de Rei (Lugo), remítese citación á empresa de referencia para que presente o plan de seguridade correspondente á dita obra, comprobándose a súa ausencia, e que non se efectuou a investigación interna das circunstancias concorrentes no accidente.

Vulnéranse os arts. 5.2º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; arts. 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro e arts. 1, 7 e 11 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Tipificación: falta leve en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 12.6º, 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expte. nº: 372/2002.

Acta nº: 474/2002.

Titular: Tu Idea Factory, S.L.

NIF/DNI: B-15645930.

Enderezo: Carrío, 67 (Bergondo).

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 17-9-2002.

Resolución: sanción por importe de 1.502,54 A.

Feitos: efectuadas comprobacións administrativas co obxecto de investiga-lo accidente na obra de construcción sita en r/ Fiandeiras, O Carballo (Oleiros), constatouse que a empresa de referencia non tiña concertado no momento do accidente o servicio de prevención, nin a avaliación de riscos, nin o plan de seguridade da obra.

Vulnéranse os arts. 14 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; art. 3 do Real decreto 487/1997, do 14 de abril e art. 7 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 12.1º, 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expte. nº: 506/2002.

Acta nº: 806/2002.

Titular: Inés Blanco Sousa.

NIF/DNI: 76300070-P.

Enderezo: lg. Almeiras, Vigovidín, 92 (Culleredo).

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 8-10-2002.

Resolución: sanción por importe de 300,51 A.

Feitos: en visita do 21-2-2002 ó centro de traballo de referencia, dedicado á actividade de fabricación de estructuras metálicas, comprobouse que o traballador Alberto Suárez García realizaba traballos de soldadura eléctrica sen contar con mandil de coiro para a protección do tronco, co conseguinte risco de queimaduras. Comprobouse así mesmo que na nave non existía ningunha sinalización sobre o uso obrigatorio de equipos de protección persoal; así como que na avaliación de riscos é obligatorio o uso de mandís de coiro para ese tipo de traballo.

Vulnéranse os arts. 4.2º d) e 19.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; art. 17.2º da Lei 31/1995, do 8 de novembro e arts. 3, 7 e anexo III.6 do Real decreto 773/1997, do 30 de maio.

Tipificación: falta leve en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 11.4º e 39 , respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expte. nº: 634/2002.

Acta nº: 220/2002.

Titular: Hermanos Moraes, S.L.

NIF/DNI: A-15087836.

Enderezo: Páramo, 35 baixo (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 23-9-2002.

Resolución: declara-la caducidade do expediente.

Feitos: en visita de data 26-11-2001 á nave da empresa da referencia deixouse citación para que a empresa achegue diversa documentación, entre ela a avaliación de riscos. Comparecida na data correspondente non se achega a esta. Requíreselle mediante dilixencia no libro de visitas para que a presente noutra data. Chegado o día non comparece nin achega a documentación.

Vulnéranse os arts. 16 e seguintes da Lei 31/1995, do 8 de novembro; art. 3 e seguintes do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 12.1º e 40.2º, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.