Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 704/2002.

Non sendo atopados no domicilio coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992,

que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, de 14 de maio.

Expediente nº: 704/2002.

Acta Inf. nº 1250/2002.

Empresa: Residencial La Corveira, S.L.

NIF/DNI: B-15.694.367.

Enderezo: A Corveira - Rutis (Culleredo).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 601,02 A.

Resumo da acta de infracción:

En visita realizada á obra de construcción sita en Cordeda-A Corveira (Culleredo), constatouse o seguinte:

1. Non se cursou á autoridade laboral o preceptivo aviso previo ó comezo dos traballos.

2. Carecía do preceptivo libro de incidencias do plan de seguridade da obra.

Vulnéranse, respectivamente, os artigos 18 e 13 do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro.

Dúas faltas leves en grao mínimo, tipificadas e sancionables de conformidade cos artigos 11.5º e 39.3º d) e 40.2º a), respectivamente, do R.D. lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos que figuran no expediente:

-Actas de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 20 de novembro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña