Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a dilixencia de paralización do expediente sancionador na orde social 430/2002.

Ó non ser atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notifIcar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, a dilixencia para facer constar que, coñecida a existencia dun procedemento xudicial iniciado no Xulgado de Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dilixencias previas 890/2001, por mor do accidente de Daniel Alonso Villar, se procede á suspensión cautelar do expediente de sanción referenciado, ata que non sexa dictada sentencia firme en aplicación do disposto no artigo 5 do R.D. 928/1998, do 14 de maio. A dita paralización ten efectos desde este momento e manterase ata que nesta dependencia se teña coñecemento da sentencia recaída ou orde de arquivo.

Expediente: RL-430/2002.

Acta inf.: 657/2002 (I) (II).

Empresa: Construcciones Siglo XXI, S.L.

NIF/DNI: B-36830529.

Enderezo: r/ Rola, 9 (Vigo).

Data de efecto da dilixencia de paralización: 6-9-2002.

A Coruña, 20 de novembro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña