Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e mediante concurso público, para a subministración, en dous lotes, de material de oficina e material informático non inventariable con destino ós órganos xudiciais de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración, en dous lotes, de material de oficina e material informático non inventariable con destino ós órganos xudiciais de Galicia. (Expediente anticipado de gasto).

b) Número de unidades que se van entregar:

Lote 1: as sinaladas no anexo I do prego de prescricións técnicas.

Lote 2: as sinaladas no anexo II do prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número:

Lote 1: material informático.

Lote 2: material de oficina vario.

d) Lugar de entrega: o material será entregado nos órganos xudiciais de Galicia indicados no anexo III do prego de prescriciones técnicas.

e) Prazo de entrega: as entregas efectuaranse en función das necesidades dos órganos xudiciais que, normalmente, se efectuarán con carácter bimensual ó longo de todo o ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 385.000 A, IVE incluído, segundo a seguinte desagregación:

Lote 1: 85.000 A.

Lote 2: 300.000 A.

5. Garantía provisional: 7.700 A, segundo a seguinte desagregación:

Lote 1: 1.700 A.

Lote 2: 6.000 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 45 17 e 981 54 62 29.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse por calquera dos medios sinalados no artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse por calquera dos medios sinalados no artigo 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: 14 horas do 10 de xaneiro de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2º Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 22 de xaneiro de 2003.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 20 de novembro de 2002.

12. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2064

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2002.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais