Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.167

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de decembro de 2002 pola que se resolve a concesión de bolsas de residencia para a realización de estudios universitarios de primeiro, segundo ou terceiro ciclo, no curso 2002-2003, en centros da Comunidade Autónoma destinadas ós galegos que residan fóra de Galicia e ós seus descendentes.

Por Orde do 17 de xuño de 2002 (DOG do 28 de xuño), convocouse concurso público de bolsas de residencia para a realización de estudios universitarios de primeiro, segundo ou terceiro ciclo, no curso 2002-2003, en centros da Comunidade Autónoma, destinadas ós galegos que residan fóra de Galicia e ós seus descendentes.

De acordo co establecido no artigo 9 das bases da convocatoria, desde o día 6 ata o día 16 de novembro de 2002 expuxéronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e durante ese mesmo prazo os interesados puideron formula-las reclamacións para emendar erros e falta de documentos perante a Dirección Xeral de Universidades.

Rematado este prazo, as solicitudes admitidas foron estudiadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria.

En consecuencia, atendendo á proposta elaborada pola citada comisión, esta consellería

RESOLVE:

Artigo 1º

Concederlles bolsas de residencia para a realización de estudios universitarios de primeiro, segundo ou terceiro ciclo, no curso 2002-2003, en centros da Comunidade Autónoma, destinadas ós galegos que residan fóra de Galicia e ós seus descendentes, ós alumnos que se relacionan no anexo I desta orde.

Artigo 2º

As solicitudes que figuran relacionadas no anexo II desta orde e que foron admitidas para participar neste concurso, debe entenderse que quedan denegadas polas causas que nel se sinalan.

Artigo 3º

O incumprimento total ou parcial por parte dos beneficiarios de calquera das condicións establecidas na orde de convocatoria, do 17 de xuño de 2002, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, segundo o disposto no artigo 6 da Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, que modifica o artigo 78 do texto refundido la Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 4º

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria