Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.145

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de decembro de 2002, conxunta da Consellería de Economía e Facenda e da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se dispón a publicación do acordo da Comisión Galega de Cooperación Local do 5 de novembro de 2002, no que se aproban os criterios de distribución do Fondo de Cooperación Local para o período 2002-2004.

Comisión Galega de Cooperación Local, na súa reunión do 5 de novembro de 2002, e no marco do establecido polas disposicións adicionais oitava da Lei 5/2000, do 28 de decembro, e sexta da Lei 2/2002, do 29 de abril, adoptou acordo polo que se aproban os criterios de distribución do Fondo de Cooperación Local para o período 2002-2004.

Atendendo á proposta elaborada pola citada comisión, e conforme o artigo 38 da Lei 1/983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laboirais e a Consellería de Economía e Facenda

ACORDAN:

Artigo único.-Dispoñe-la publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da Comisión Galega de Cooperación Local do 5 de novembro de 2002, que consta como anexo adxunto.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2002.

Antonio Pillado MonteroJosé Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Xustiza,Conselleiro de Economía

Interior e Relaciónse Facenda

Laborais

ANEXO

FONDO DE COOPERACIÓN LOCAL 2002

Para á súa repartición observaranse, no marco do establecido polas disposicións adicionais oitava da Lei 5/2000, do 28 de decembro, e sexta da Lei 2/2002, do 29 de abril, os seguintes criterios:

1. Fondo principal, (puntos 1, 2 e 3 da disposición adicional sexta da Lei 2/2002).

O seu importe, unha vez detraída a partida destinada ós gastos de mantemento propios da FEGAMP, prevista na disposición adicional oitava, punto 7, da Lei 5/2000, do 28 de decembro, distribuirase entre tódolos concellos de Galicia. As correspondentes participacións estableceranse segundo o seguinte procedemento:

1.1. Consideraranse tres grupos de concellos, en atención á súa poboación de dereito a xaneiro de 2001:

Habitantes

'15.000

15.000'P'50.000

)50.000

Efectuándose unha distribución inicial da dotación total deste fondo entre os referidos grupos de acordo cos seguintes criterios e ponderacións:

CriterioPonderación

Habitantes76%

Superficie15%

Núcleos de poboación9%

1.2. As participacións iniciais de cada concello, determinaranse, por referencia ás cantidades que, conforme o establecido no número anterior, correspondan ó seu grupo, mediante a aplicación das seguintes escalas específicas:

CriterioPonderación

'15.000

hab.

15.000'P'50.000

hab.

)50.000

hab.

Habitantes65%76%87%

Superficie20%15%10%

Núcleos de poboación15%9%3%

1.3. As asignacións resultantes das operacións anteriores experimentarán as modificacións que procedan co fin de garantir que ningún concello perciba menor cantidade da que lle correspondeu como participación no FCL do ano 2001, así como da posterior aplicación da variable redistributiva esforzo fiscal (números 3 e 4).

2. Subfondo adicional con destino ós concellos de poboación inferior a 15.000 habitantes (punto 4 da disposición adicional citada).

O referido subfondo distribuirase entre os concellos beneficiarios mediante cotas fixas, determinadas polo número de habitantes e decrecentes por tramos de poboación, segundo a seguinte escala:

HabitantesCota fixa (euros)

P'2.00054.000

2.000'P'=5.00042.000

5.000'P'=10.00036.000

10.000'P'=15.00025.500

En atención á especificidade do seu destino, legalmente determinado, as cotas correspondentes a este subfondo serán inalterables.

3. Modulación (punto 5 da disposición adicional e posición da FEGAMP).

Cando as cantidades resultantes da aplicación dos criterios de distribución establecidos nos números 1 e 2 precedentes sexan inferiores ás asignacións percibidas polos respectivos concellos no FCL do ano 2001, incrementaranse aquelas ata o referido límite.

As sumas necesarias detraeranse das participacións no fondo principal resultantes da repartición por variables distributivas para os distintos concellos, calquera que fose o seu número de habitantes, de xeito proporcional ó seu importe; se ben co límite, no caso dos concellos que xa eran beneficiarios do fondo, da súa propia participación no referido ano 2001.

4. Esforzo fiscal (punto 3 da disposición adicional).

As cantidades asignadas a cada concello no reparto do fondo principal, conforme os criterios precedentes, deberán modularse mediante a aplicación, con efectos redistributivos, e unha ponderación do 5%, da variable esforzo fiscal.

Os datos de esforzo fiscal que se tomarán en consideración son os últimos dispoñibles que resulten da liquidación do capítulo III do orzamento de ingresos da respectiva entidade local -neste caso os do exercicio de 1998-, obtidos a partir das contas rendidas de conformidade co esixido pola Lei 6/1985, do 24 de xuño. No caso de que o concello non tivese efectuado a dita rendición de contas, o esforzo fiscal que se lle atribúe é o mínimo.

Período de vixencia do modelo

Co fin de dotar de certeza e estabilidade ó modelo de distribución aprobado, a comisión manifesta a conveniencia de que este manteña a súa vixencia por un período de tres anos, isto é, ata o exercicio do ano 2004 inclusive, de xeito que as entidades locais beneficiarias poidan realizar unha axeitada planificación dos seus orzamentos.

Esta pretensión é sen dúbida posible en relación co fondo principal, pois así o permite a súa evolución, legalmente determinada. Non ocorre o mesmo no que atinxe á dotación futura do subfondo adicional, configurado de xeito decrecente no período contemplado.

Por tal motivo a comisión acorda:

1. Insta-la modificación do establecido no punto 4 da disposición adicional sexta da Lei 2/2002, do 29 de abril, de xeito que o subfondo adicional manteña, ó longo do período antes citado, a súa actual dotación de 12 millóns de euros.

2. Que, para ese suposto, o modelo da repartición aprobado permaneza en vigor durante o indicado período, ben que tomándose como datos para aplicación das variables poboación e esforzo fiscal os últimos oficialmente dispoñibles o 1 de xaneiro do exercicio correspondente, e garantíndose, en todo caso, que o incremento anual das participacións

correspondentes a cada concello no fondo principal sexa, como mínimo, do 30% do seu crecemento para o respectivo exercicio.

Partida destinada ós gastos de mantemento propios da FEGAMP (punto 7, parágrafo segundo, da disposición adicional oitava da Lei 5/2000).

O seu importe, para o período contemplado, queda establecido no 1% da dotación total do fondo principal para o exercicio correspondente, ben que co límite máximo de 600.000 A.

A súa dotación detraerase do fondo principal de conformidade co establecido no número I.1. deste acordo.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA