Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.146

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 21 de novembro de 2002, sobre delegación de competencias no secretario xeral e noutros órganos da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 230, do xoves 28 de novembro de 2002, cómpre realiza-las seguintes correccións:

No número 1 do punto sétimo (páxina 16.560):

-Na letra a), onde di: «A formulación, tramitación e aprobación dos ...», debe dicir: «A formulación e tramitación dos ...»; e, onde di: «... artigos 37, 38.2º, 39, 40, 44.1º e 45, puntos 1 e 3 da Lei do solo de Galicia», debe dicir: «... artigos 37, 38.2º, 39, 40 e 44.1º da Lei do solo de Galicia».

-Na letra b), onde di: «... polos artigos 41.3º e 42.5º da Lei do solo de Galicia, e polos artigos 7 e 8 da Lei 7/1995, ...», debe dicir: «... polo artigo 42.5º da Lei do solo de Galicia e polo artigo 7 da Lei 7/1995, ...».

-Na letra c), onde di: «A aprobación definitiva dos ...», debe dicir: «A emisión de informes sobre os ...»; e onde di: «... polo artigo 41.1º e 3º da Lei do solo de Galicia», debe dicir: «... polo artigo 41.3º da Lei do solo de Galicia e o polo artigo 8 da Lei 7/1995, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo».

-Na letra g), onde di: «... polo artigo 186 c) ...», debe dicir: «... polo artigo 186 b) ...».