Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de novembro de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dictada no expediente sancionador ES-P-021/02, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal

no último enderezo coñecido do interesado, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a proposta de resolución dictada con data do 25 de setembro de 2002 polo órgano instructor do procedemento sancionador ES-P-021/02, na que se propón a imposición a Enrique Rodríguez Fernández, a sanción de 601,02 A, por non destinar a domicilio habitual e permanente, a vivenda de promoción pública identificada como expte. PO-91/510, cta. 29, que lle foi adxudicada.

Consonte o artigo 19, en relación co artigo 3 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado dispón dun prazo de quince días que se contarán, a partir do seguinte ó da publicación desta proposta de resolución, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes.

Igualmente, comunícaselle que, a partir deste momento, poderá acceder ó contido do expediente depositado nestas dependencias (r/ Alcalde Hevia, núm. 7, Pontevedra), podendo obter copias dos documentos que constan nel.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 13 de novembro de 2002.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: ES-P-021/02.

Infracción: art. 5.c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, segundo o cal: terán a cualificación de infraccións graves «o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses».

Inculpado: Enrique Rodríguez Fernández y Salomé Rial Cruces.

Último enderezo coñecido: avda. Fernández de la Mora, 25, ptal. 2, 2º D.

Intentos de notificación persoal:

1º 3-10-2002 ás 13.30 h (ausente).

2º 4-10-2002 ás 12.40 h (ausente).