Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2002 pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

1. Redacción de proxecto base para o desenvolvemento e implantación dunha rede de control para a xestión integrada dun sistema de información e calidade da auga no ámbito territorial de Galicia-Costa.

Clave: OH.088.176/AT.

Adxudicatario: Servicios Omicron, S.A.

Orzamento: 299.908,87 A.

2. Delimitación, deslindamento e amolloamento do Dominio Público Hidráulico en 13,50 km do río Anllóns (T.M. Carballo e outros-A Coruña).

Clave: OH.088.180/AT.

Adxudicatario: Euroestudios, S.A.

Orzamento: 168.832,03 A.

3. Delimitación, deslindamento e amolloamento do Dominio Público Hidráulico en 23,55 km do río Umia (T.M. Caldas de Reis e outros-Pontevedra).

Clave: OH.088.179/AT.

Adxudicatario: Enxeñeiros e Arquitectos Consultores Idom, S.A.

Orzamento: 290.072,43 A.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2002.

Francisco José Pan-Montojo González

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia