Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de outubro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 378 de cualificación do monte Da Porreira e Couto, pertencente ós lugares de Cabanude, Curra e Noveira, parroquia de Arcos, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expe

diente nº 378, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: Da Porreira e Couto.

Comunidade: lugares de Cabanude, Curra e Noveira.

Parroquia: Arcos.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 21,10 ha.

Lindeiros:

É parte do monte Pedregal e Ruña, nº 103-H do C.U.P.

Parcela 1. Superficie: 17,60 ha.

Norte: co monte do lugar de Enxilde, do piquete 118 do deslindamento segue en liña recta ó punto denominado Porreiras de Abaixo, de aí ó Petón Grande e deste ó punto de intersección coa liña recta trazada desde os piquetes 113-114. Leste: con máis monte Pedregal e Ruña, do punto anterior segue en liña recta ata o piquete 114. Sur: remata en punta no piquete 114. Oeste: muro que o separa de propiedades particulares de Cabanude e Curra, do piquete 114 ó 118 seguindo a orde de piquetes.

Parcela 2. Superficie: 3,50 ha.

Norte: propiedades particulares de Cabanude e Curra. Do piquete 108 ó 112, seguindo a orde de piquetes. Leste: máis monte Pedregal e Ruña, do piquete 112 en liña recta ata o piquete 104. Sur: propiedades particulares de Cabanude e Curra, do piquete 104 ó 105. Oeste: propiedades particulares de Cabanude e Curra, do piquete 105 ó 108 seguindo a orde de piquetes.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 10 de outubro de 2002, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 10 de outubro de 2002.

P.A.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor