Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto mediante concurso e tramitación anticipada do expediente de gasto, do concurso público 21/2002 para a subministración de lencería e vestiario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra j)

do artigo sexto da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, mediante concurso, da subministración de lencería e vestiario.

1. Obxecto e orzamento.

A subministración de lencería e vestiario por un orzamento máximo de 111.850 A (IVE incluído).

2. Prazo de entrega.

Entrega única para tódolos lotes obxecto desta contratación.

3. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo; rúa Doutor Severo Ochoa, s/n (27004) Lugo. Teléfono 982 29 61 40 e fax 982 21 29 24.

4. Fianzas.

Os adxudicatarios deberán consignar unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación. Esta constituirase segundo o disposto no artigo 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

6. Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Clasificación.

Non se precisa.

8. Criterios de adxudicación.

-Calidade, ata 50 puntos.

-Prezo, ata 40 puntos.

-Prazo de entrega, ata 10 puntos.

9. Admisión de variantes.

Admítese ata un máximo de tres variantes.

10. Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguin

te ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

11. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 24 de outubro de 2002.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo