Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a adxudicación da obra que se cita.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Universidade de Vigo.

Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Nº de expediente: 414/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: proxecto básico e de execución de acceso á área central no Campus das Lagoas-Marcosende.

Categoría CPV: 4523.1

b) Prazo de execución: o indicado no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de execución: Campus de Vigo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 360.520,25 euros, IVE incluído.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Enderezo: rúa Areal, 46-anexo, 3º andar.

Localidade e código postal: Vigo, 36201.

Teléfono: 986 81 35 56.

Telefax: 986 81 38 57.

Data límite de obtención de documentos e información: o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

-Domicilio: rúa Areal, 46, edificio anexo, planta baixa.

-Localidade e código postal: Vigo, 36201.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas.

Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

Domicilio: rúa Areal, 46-1º andar.

Localidade: Vigo, 36201.

Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

Vigo, 4 de decembro de 2002.

P.D. (Resolución 14-6-2002)

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo