Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO.

Aprobado o expediente de contratación e prego de condicións económico-administrativas para a contratación da obra incluída no Fondo de Cooperación Local de 2002, denominada: pavimentación acceso a Pusmazán (2ª fase), exponse a información pública o prego durante o prazo de presentación de documentación, e anúnciase a convocatoria do concurso para a devandita contratación.

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Concello de Carballeda de Valdeorras.

b) Dependencias que tramita o expediente: secretaría do concello.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: execución da obra de pavimentación de acceso a Pusmazán (2ª fase), segundo proxecto técnico aprobado por acordo da Comisión de Goberno de data: 27-11-2002.

b) Lugar de execución: Pusmazán (Carballeda de Valdeorras).

c) Plazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 94.000,19 euros.

5. Garantía provisional: 1.880 euros.

6. Obtención de documentación e información:

Concello de Carballeda de Valdeorras, estrada de Entoma, nº 54, Sobradelo de Valdeorras (Ourense).

Teléfono: 988 33 50 02. Fax: 988 33 53 79.

Data límite para solicitar documentación e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de oferta:

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP de Ourense, ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a descrita no prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello en horario de 9 a 14 horas.

9. Apertura de ofertas:

Terá lugar en acto público na casa do concello, ás doce horas do día seguinte hábil (agás sábado), ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións:

Criterios de adxudicación: os previstos na cláusula XIV do prego.

11. Gastos de anuncios:

A conta do adxudicatario.

Sobradelo-Carballeda de Valdeorras, 28 de novembro de 2002.

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa