Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 16.989

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (350/2002-M).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu

partido, en resolución desta data, dimanante dos autos de separación contenciosa número 350/02-M, seguidos por instancia de María del Carmen Parada Loira, representada polo procurador José María Moreda Allegue contra Manuel Hermida Gómez, dictouse sentencia co encabezamento e decisión xudicial que din como segue:

Na Coruña o once de novembro de dous mil dous.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, os presentes autos de separación contenciosa seguidos neste xulgado co número 350/02-M, por instancia de María del Carmen Parada Loira, representada polo procurador José María Moreda Allegue e defendido pola letrada Ana Pernas Vilasuso, sendo parte demandada Manuel Hermida Gómez, declarado en situación de rebeldía procesual e domicilio descoñecido, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decisión xudicial. Estimando en parte a demanda interposta polo procurador José María Moreda Allegue, en nome e representación de María del Carmen Parada Loira, contra Manuel Hermida Gómez, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro a separación de matrimonio constituído por Manuel Hermida Gómez e María del Carmen Parada Loira, celebrado na Coruña o 20 de marzo de 1982 con tódolos efectos legais inherente a tal pronunciamento e debo acordar e acordo as seguintes medidas:

1. Queda-lo fillo Jorge baixo a garda e custodia da nai, ostentando ámbolos proxenitores a patria potestade.

2. Atribuír a esposa e fillos o uso e desfrute do domicilio conxugal e o enxoval doméstico.

3. Establecer a favor do pai o seguinte réxime de visitas:

a) As fins de semana primeira e terceira de cada mes desde as vinte horas do venres ata as vinteunha horas do domingo.

b) En Nadal, do 22 ó 29 de decembro os anos pares e do 30 de decembro ó 6 de xaneiro os anos impares.

c) En Semana Santa, do Domingo de Ramos ó Mércores Santo, os anos pares, e do Xoves Santo ó Domingo de Resurrección, os anos impares.

d) En verán, o mes de xullo, os anos pares e o mes de agosto os anos impares. En todos estes períodos de visitas o pai recollerá e reintegrará o menor no domicilio conxugal.

4. Fixar no 30% dos ingresos que perciba o demandado as cantidades que aboará á actora, por mensualidades anticipadas e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, polos conceptos de alimentos para os fillos, cantidades que ingresará na conta que aquela designe.

Durante os períodos de vacacións non estarán vixentes as medidas relativas ó réxime de visitas.

Sen imposición de custas.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación que se interporá por escrito perante este mesmo xulgado no termo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

Seguen sinaturas e rúbricas.

E para que conste e lle sirva de cédula de notificación en forma a Manuel Hermida Gómez, na actualidade con domicilio descoñecido, expido esta cédula, que asino na Coruña o doce de novembro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA