Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 16.990

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

XUÍZO de faltas (75/2001).

Número de identificación único: 15078 2 0300364/2001.

Auto 75/2001.

En Santiago de Compostela o nove de setembro de dous mil dous.

Feitos.

Primero.-O día 31 de maio de 2002 este xulgado dictou sentencia no presente xuízo de faltas o contido da cal consta en autos.

Segundo.-Notificada a dita sentencia a Francisco Muñiz Blanco dentro do prazo legal, solicitou que se aclarasen os extremos expostos no escrito presentado neste xulgado con data do 20 de agosto de 2002.

Razoamentos xurídicos.

Único.-Examinados os autos e comprobado o erro ou omisión padecido, procede aclara-la sentencia no sentido interesado, de conformidade co disposto no artigo 267 da LOPX.

Parte dispositiva.

Debo aclarar e aclaro a sentencia antes citada no sentido de fixar como indemnización por tódolos conceptos a cantidade de 49.399,21 euros á que hai que engadi-la cantidade de 4.229,44 euros do 10% de factor de corrección correspondente ós días de curación e secuelas, o que fai un total de 53.628,65 euros. Lévese testemuño desta resolución ós autos, quedando o orixinal no libro de sentencias e trala que se refire.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido. Dou fe.

Rubricado