Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (273/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 273/2002 contra a empresa Infersa Galicia, S.A. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«A Coruña, 6 de novembro de 2002.

Milagritos Evangelina Belso Sempere, maxistrada-xuíza substituta do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo nº 273/2002, seguidos por instancia de Honoris González Armesto, maior de idade, representado e asistido por José Luis Muruzábal Arlegui, contra a empresa Infersa Galicia, S.A., que non comparecen nos autos e o Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido pola letrada Emma Pérez Díez del Corral, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Honoris González Armesto contra a empresa Infersa Galicia, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, e debo condenar e condeno a esta a que lle aboe ó demandante a cantidade de 2.665,05 euros, por tódolos conceptos reclamados na demanda, coa absolución do Fogasa, xa que ningunha responsabilidade o alcanza nesta instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación de cantidade de 150,25 euros na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603 clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Infersa Galicia, S.A. que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña, 6 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado