Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

(273/2002). 16.990

CÉDULA de notificación de sentencia (575/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e

testemuño que nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 575/2002 contra a empresa Reformas Caxigueira, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«A Coruña, 6 de novembro de 2002.

Milagritos Evangelina Belso Sempere, maxistrada-xuíza substituta do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 575/2002, seguidos por instancia de José Antonio Suárez Gantes, maior de idade, representado e asistido por José Nogueira Esmorís, contra a empresa Reformas Caxigueiras, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparece nos autos, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Antonio Suárez Gantes, contra a empresa Reformas Caxigueira, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, e debo condenar e condeno a esta a que lle aboe ó demandante a cantidade de 5.686,395 euros, por tódolos conceptos reclamados na demanda, coa absolución do Fogasa, xa que ningunha responsabilidade o alcanza nesta instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación de cantidade de 150,25 euros na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603 clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Reformas Caxigueira, S.L. que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña, 6 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado