Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

(575/2002). 16.990

CÉDULA de notificación de sentencia (239/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 239/2002 por instancia de Mutual Cyclops contra Vicente Vilela Barros e outros sobre accidente de traballo, dictouse a seguinte sentencia:

«A Coruña, 29 de outubro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo

nº 239/2002 seguidos por instancia de Mutual Cyclops, asistido e representado polo letrado Antonio Fernández Chao contra o INSS, representado e asistido pola letrada Belén Guerra Díaz; Vicente Vilela Barros, representado e asistido polo letrado Manuel Jesús Piñeiro Pereira; a empresa Induca, S.L. e a TXSS, que non compareceron nos autos, sendo o obxecto da reclamación, accidente de traballo.

Seguen feitos e fundamentos de dereitos.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Mutual Cyclops contra Vicente Vilela Barros, a empresa Induca, S.L., o INSS e a TXSS, absolvendo os codemandados dos pedimentos contidos nela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, do que coñecerán o caso a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa empresa Induca, S.L. que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña, 12 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado