Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 16.991

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (5/2002).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado do social se segue procedemento nº 5/2002, por instancia de Mª Sandra Sampedro Lampón, contra Novalux Riveira, Sal, sobre cantidade.

O acto de conciliación e o xuízo están sinalados para o vindeiro día 20 de xaneiro de 2003, ás 9.30 horas. Cítase en única convocatoria a empresa Novalux Riveira, Sal, e o seu representante legal, que tivo o seu domicilio na rúa Marcial del Adalid s/n, de Ribeira, e hoxe en paradoiro descoñecido para que, acompañada de tódolos medios de proba de que intente valerse, compareza ante este xulgado, sita na rúa Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á realización do acto de conciliación e xuízo correspondente.

Advírtese que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral, e fáiselle saber que a copia da demanda está

á súa disposición na secretaría deste xulgado. Requírese a demandada para que achegue ó acto de xuízo o contrato de traballo da demandante, partes de alta e baixa da demandante na Seguridade Social, libro de matrícula de persoal, boletíns de cotización e recibos de salarios da demandante.

Cítase, así mesmo, o representante legal da referida empresa, cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da LAC en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e lle sirva de notificación, citación e requirimento á empresa Novalux Riveira, Sal e ó seu representante legal, expídese este edicto en Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado