Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 16.992

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (71/2002).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela, fai saber que neste Xulgado do Social se segue procedemento nº 71/2002, por instancia de María Rodríguez Díaz, contra Joya 17, S.L., sobre cantidade.

O acto de conciliación e o xuízo están sinalados para o vindeiro día 17 de febreiro de 2003, ás 9.30 horas. Cítase en única convocatoria a empresa Joya 17, S.L. e o seu representante legal, que tivo o seu domicilio na rúa Alfredo Brañas nº 2 de Santiago de Compostela, e hoxe en paradoiro descoñecido para que, acompañada de tódolos medios de proba de que intente valerse, compareza ante este xulgado, sito na rúa Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á realización do acto de conciliación e xuízo correspondente.

Advírtese que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral, e fáiselle saber que a copia da demanda está á súa disposición na secretaría deste xulgado.

Cítase, así mesmo, o representante legal da referida empresa, cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da LAC en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e lle sirva de notificación, citación e requirimento á empresa Joya 17, S.L., expídese este edicto en Santiago de Compostela o 7 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado