Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 16.989

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DA CORUÑA

EDICTO (541/2002-N).

Eu, Carmen Amelia Goma García, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número cinco dos da Coruña fago saber que neste xulgado e co número 541/2002-N se tramita xuízo universal de quebra da entidade Pesquerías Otero Meitin, S.A., domiciliada nesta cidade, Dársena de Oza, 19, da Coruña, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, no tomo 1.504, folla C4700, que é unha sociedade armadora de buques pesqueiros, fundada en 1985, no que se acordou o día de hoxe publicar este edicto, co fin de que teña publicidade a referida solicitude, que quedou inhabilitado o quebrado para a administración dos seus bens con prohibición de que ninguén faga pagamentos nin entrega de efectos a el, senón ó depositario Luciano de Dios Teijeira, con domicilio nesta cidade, r/ Juan Flórez, 82, baixo pena de non descarga-la súa obriga, así como tamén a de prevención a tódalas persoas que teñan pertenzas do quebrado que llas poñan de manifesto ó comisario Juan Antonio Vallejo Herranz, con domicilio na rúa

Bugallal Marchesi, nº 9-1º, baixo os oportunos apercibimentos; igualmente, decretouse a acumulación, ó presente xuízo, de tódolos preitos contra a quebrada, agás os legalmente excluídos, a retención da correspondencia e a retroacción, por agora e sen prexuízo de terceiro, na data do 20 de maio de 2002.

E para que lle sirva de xeral coñecemento, expídese este edicto na Coruña o dezasete de outubro de dous mil dous.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado