Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 16.984

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Tablicia, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Tablicia, S.A. (código 2700492), da provincia de Lugo, asinado o día 18 de setembro de 2002, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 4 de outubro de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo de Tablicia, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

O presente convenio colectivo afectará a tódolos traballadores que manteñan relación laboral coa empresa Tablicia, S.A., ou que durante a vixencia do presente convenio colectivo puidesen establecer relación laboral coa empresa.

1. Ámbito funcional.

A empresa Tablicia, S.A. está dedicada á fabricación de taboleiro aglomerado de partículas de madeira.

2. Ámbito territorial.

A empresa Tablicia, S.A. está situada no lugar de Nadela, s/n, provincia de Lugo.

3. Ámbito temporal.

O presente convenio colectivo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no BOP, retrotraéndose os seus efectos económicos ó día 1 de xaneiro de 2002 e prolongándose a súa duración ata o 31 de decembro de 2004.

Artigo 2º.-Denuncia.

Acórdase que se estableza denuncia de forma automática ó final do presente convenio colectivo.

Artigo 3º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria, integrada pola totalidade dos compoñentes da comesión negociadora deste convenio. As competencias da dita comisión serán:

-Interpretación do convenio.

-Vixilancia do cumprimento das cláusulas e artigos deste convenio.

-A comisión reunirase a petición de calquera das partes.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo na empresa afectada polo presente convenio terá as seguintes modalidades:

-Xornada partida.

-Xornada continuada.

-Xornada a quendas.

A duración da xornada de traballo será:

Ano 2002: 1.776 horas anuais.

Ano 2003: 1.772 horas anuais.

Ano 2004: 1.768 horas anuais.

A xornada de quendas poderá ser de dúas, tres ou catro equipos de traballo.

A empresa queda autorizada para establecer con plena liberdade a xornada de catro ou máis quendas de persoal, con obxecto de non interrompe-lo proceso de producción, que ha de ser continuado, asegurando o traballo durante todo o mes.

Para tales efectos recoñécese expresamente o sistema de quendas de traballo e de xornada aprobados por resolución da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, do 17 de outubro de 1980, referida a esta empresa, independente da facultade que á empresa se lle recoñece no parágrafo anterior.

A todo traballador que realice a xornada en tres, catro ou máis quendas recoñéceselle a posibilidade de traballar unha xornada dos seus descansos correspondentes a 28 días, comprometéndose a empresa a aboárllelos a todos aqueles que non renunciasen de acordo co establecido no parágrafo seguinte.

Os traballadores interesados no manifestado no parágrafo anterior notificaranlle á empresa ó entrar en vigor o presente convenio as xornadas de descanso que desexen traballar, e traballarana no día de traballo a que o descanso corresponde, a xornada con

tinuada, durante a mañá-tarde do martes. No momento en que o productor desexe rescindir este compromiso, a empresa quedará liberada del e posteriormente só poderá, por nova petición deste, reconsidera-la posibilidade de ofrecer tal traballo se a súa organización llo permitise, e sen compromiso en tanto non realice esta xornada.

Durante as paradas de fabricación que teñan unha duración superior a 24 horas, a empresa respectará os descansos dominicais sendo recuperables os xa desfrutados, nos quince días seguintes á parada. Durante as paradas de fabricación non se realizarán xornadas nocturnas a excepción daquel persoal que sexa necesario para a posta en marcha, para efectua-los traballos de mantemento de necesidade inmediata ou para aqueloutros que, pola súa natureza, non se puidese prescindir deles.

Tódolos traballadores de xornada a quenda desfrutarán de media hora de descanso en cada xornada, sen que iso implique trastorno ningún no normal desenvolvemento da actividade productiva da fábrica. Este tempo será contabilizado para tódolos efectos como tempo efectivo de traballo.

Á entrada en vigor do presente convenio colectivo, tempo efectivo de traballo entenderase sempre referido ós horarios de entrada e saída das correspondentes quendas na fábrica. Os horarios de referencia serán os establecidos na resolución da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia do 17 de outubro de 1980, xa anteriormente mencionada.

1. O persoal acollido ó réxime de xornada partida (persoal técnico, administrativo, encargados, persoal de carga e almacén, de mantemento, servicio forestal, etc.) realizarán a súa xornada semanal de luns a venres, conforme o seguinte cadro horario, de forma que quede libre a xornada do sábado:

Xornada de mañá: de 9 a 14 horas.

Xornada de tarde: de 16 a 19 horas.

Non obstante, cando a dirección da empresa, por mor da necesidade de realizar traballos de calquera índole, considere preciso que determinado número de traballadores deba acudir ó traballo a xornada do sábado, en día festivo ou en horario nocturno, a prestación do servicio polos traballadores designados para tal fin será obrigatoria para os efectos previstos no artigo 35.4º do Estatuto dos traballadores, compensándose, no caso da xornada do sábado, coas mesmas horas de descanso e o dobre de horas no caso de días festivos ou en horario nocturno. O descanso terá lugar calquera outro día da semana, que fixe a dirección da empresa de acordo co persoal afectado.

2. Días de Noiteboa e fin de ano.

Nestes dous días non se traballará nas quendas de noite e de tarde e os traballadores de xornada partida realizarana de 9 a 14 horas.

Artigo 5º.-Vacacións.

Todo o persoal vinculado ó presente convenio colectivo desfrutará dun período anual de 30 días naturais e ininterrompidos de vacacións. Salvo acordo expreso noutro sentido, estas serán desfrutadas entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Con dous meses de antelación ó comezo do desfrute das vacacións, a empresa deberá expoñer no taboleiro de anuncios o programa de desfrute delas.

O tempo de baixa por incapacidade laboral non afectará o período de vacacións.

Cando coincida o último día de traballo dunha quenda que traballou sete días consecutivos, co anterior ó inicio da vacacións anuais, aumentaranse estas en dous días.

Será preceptiva a consulta ó comité de empresa.

Artigo 6º.-Condicións mínimas.

As melloras económicas que se implanten neste convenio teñen carácter de mínimas. A empresa manterá aqueles pactos, cláusulas e situacións de feito que signifiquen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 7º.-Licencias retribuídas.

Os traballadores terán dereito a permiso retribuído coa oportuna xustificación nos seguintes casos:

-Por matrimonio, 15 días naturais.

-Por falecemento do cónxuxe, fillos, pais ou irmáns de familiares do cónxuxe no mesmo grao de parentesco, 4 días naturais.

-Por falecemento de avós, netos, tíos, sobriños e cuñados, dous días naturais.

-Por voda dun fillo, un día. Caso de realizarse fóra da provincia, dous días.

-Por enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos ou irmáns, dous días naturais.

-Para o cumprimento inescusable de deberes públicos legalmente esixibles, o tempo necesario para iso.

-Por razón de estudios, as licencias necesarias para a asistencia a convocatoria de exames finais.

-Por razón de cambio de domicilio, dous días naturais; de realizarse fóra da localidade, cinco días.

-Por parto da esposa, tres días naturais, ampliables a outros dous non retribuídos.

1. Licencias non retribuídas.

-Por asuntos propios, 3 días non retribuídos, exclusivamente para o persoal que traballe en xornada partida (das 9 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas), en cómputo anual.

Artigo 8º.-Período de proba.

O período de proba concrétase no seguinte:

-Persoal técnico titulado: dous meses.

-Persoal de oficio e auxiliar administrativo: un mes.

-Resto do persoal: quince días.

Artigo 9º.-Contrato de traballo.

O contrato de traballo baséase no principio de estabilidade no emprego, coas excepcións previstas na lei.

Artigo 10º.-Postos vacantes de nova creación.

Os postos de traballo vacantes e de nova creación serán cubertos pola empresa, dándolle prioridade absoluta ó persoal do cadro que supere as probas establecidas con ese fin, para efectos de facilita-la promoción profesional dos traballadores. Quedan excluídos os postos directivos e de responsabilidade.

Artigo 11º

1. Traballos de categoría superior.

Cando o traballador realice traballos de categoría superior á que teña atribuída, recibirá durante o tempo de prestación a remuneración total que veña percibindo o productor da categoría á que circunstancialmente quedase adscrito.

Estes traballos non poderán exceder de tres meses ininterrompidos, debendo o traballador ó cabo deste tempo volver á función da súa anterior categoría ou ser ascendido automaticamente á categoría superior.

2. Cambios de categoría.

Para o persoal de fábrica realizaranse cambios de categoría de xeito automático e ata a categoría de oficial de 1ª segundo o seguinte:

-Ano 2002. Efectuarase o cambio para o persoal con data de ingreso anterior a 1983.

-Ano 2003. Efectuarase o cambio para o persoal con data de ingreso anterior a 1997.

-Ano 2004. Efectuarase o cambio para o persoal con data de ingreso anterior a 1999.

-Para o persoal que permaneza na empresa no momento da sinatura do presente convenio, no ano 2005 e sucesivos, realizarase o cambio de categoría de xeito automático, segundo se incorporasen á empresa a partir de 1999.

-Para o persoal que ingrese na empresa a partir da sinatura do presente convenio, os cambios de categoría automáticos ata oficial de 1ª faranse despois de permanecer oito anos na categoría que se lle asigne no momento da incorporación.

Artigo 12º.-Capacidade diminuída.

Os traballadores que, por accidente, enfermidade, idade ou outras circunstancias, vexan diminuída a súa capacidade, deberán ser destinados a traballos adecuados ás súas posibilidades. Esgotaranse tódolos medios terapéuticos posibles para a súa rehabilitación no mesmo posto de traballo. En calquera

caso, a súa retribución nunca será inferior á categoría profesional que tivera recoñecida.

Artigo 13º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o persoal de dúas pezas de roupa de traballo cada ano. Naqueles postos de traballo en que fose necesario e coa oportuna xustificación previa, serán provistos das precisas.

Artigo 14º.-Póliza de seguros.

Durante a vixencia do presente convenio colectivo, a empresa contratará a favor dos traballadores a ela vinculados unha póliza de seguros polos seguintes valores.

-Falecemento por calquera causa: 15.695,98 euros.

-Morte por accidente laboral: 24.156,59 euros.

-Morte por accidente de circulación: 48.313,17 euros.

-Invalidez permanente total: 24.156,58 euros.

As garantías de morte ou falecemento son acumulativas dependendo da causa que o orixine.

Os traballadores designarán a persona beneficiaria das contías establecidas.

A póliza de seguros actualizarase con respecto ó incremento que poida experimenta-lo índice de prezos de consumo, establecido de forma anual polo INE.

Artigo 15º.-Premio de xubilación.

Á súa xubilación, o traballador que permanecese cando menos 10 anos na empresa percibirá o importe de dúas mensualidades, e unha máis por cada 5 anos ou fracción que exceda dos dez mencionados.

Se un traballador desexase xubilarse anticipadamente, percibirá as cantidades que se establecen na seguinte táboa:

-Ós 60 anos: 225 días de soldo.

-Ós 61 anos: 170 días de soldo.

-Ós 62 anos: 135 días de soldo.

-Ós 63 anos: 110 días de soldo.

-Ós 64 anos: 90 días de soldo.

Artigo 16º.-Aprendices.

Os aprendices realizarán unicamente traballos de aprendizaxe de oficialía.

No presente convenio colectivo establécese a prohibición absoluta de que os aprendices realicen horas extras, así como efectuar traballos penosos, perigosos ou nocturnos.

En ningún caso poderán efectuar traballos os menores de 16 anos.

Unha vez superada a apredizaxe e, logo dun exame, o aprendiz ingresará na categoría de oficial, resultante da citada proba.

Artigo 17º.-Baixa por accidente laboral.

En caso de accidente laboral, no centro de traballo ou in itinere, a empresa, á parte da prestación da

Seguridade Social, aboaralle ó traballador un 10% do seu salario real, durante toda a incapacidade transitoria, e desde o primeiro día do accidente.

Se o suposto sinalado dese lugar á hospitalización do traballador, a empresa completará ata o 100% do seu salario convenio, exclusivamente durante o tempo que dure tal situación.

Artigo 18º.-Baixa por enfermidade.

A partir de dúas semanas ininterrompidas, o traballador percibirá con cargo á empresa un complemento que adicionado á prestación do INSS, complete o 100% dos seus salarios reais, podendo requirirse certificación médica e o visto e prace en sección conxunta do comité de empresa e a dirección, tomando como base o mes anteriormente traballado con exclusión soamente de horas extras.

Os tres primeiros días de baixa por enfermidade, a empresa aboará o 60% da base reguladora correspondente á dita situación de baixa.

Artigo 19º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal percibirá as seguintes pagas extraordinarias:

-Nos meses de xullo e decembro, equivalentes cada unha delas a trinta días de salario base máis antigüidade.

-Unha paga de beneficios por un importe de trinta días de salario base máis antigüidade, que se aboará na primeira quincena do mes de marzo.

-Os días de incapacidade laboral, derivada tanto de accidente como de enfermidade, non computarán á hora de aboar estas pagas.

1. Bolsa de Reis.

Con motivo da festividade dos Reis Magos aboarase:

-No ano 2002: a paga consistirá na cantidade do 70% da cantidade que se aboe nunha paga extra normal.

-No ano 2003: a paga consistirá na cantidade do 75% da cantidade que se aboe nunha paga extra normal.

-No ano 2004: a paga consistirá na cantidade do 80% da cantidade que se aboe nunha paga extra normal.

Artigo 20º.-Complemento de nocturnidade.

Será o 50% do salario base convenio para cada categoría.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

Para os traballadores de xornada continuada, terán como consideración de horas extraordinarias as que excedan de 160 ó mes en cómputo cuadrimestral.

Poderanse realiza-las horas extraordinarias que sexan necesarias para pedidos imprevistos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou otras circunstancias de carácter estructural.

Para o pagamento efectivo das horas extraordinarias, teranse en conta os valores vixentes na data de hoxe, permanecendo constante durante toda a duración do presente convenio colectivo.

Artigo 22º.-Retribucións.

Páctanse os seguintes incrementos:

-Ano 2002. Establécese un incremento salarial consistente no valor do IPC previsto polo Goberno máis 0,5%.

-Ano 2003. Establécese un incremento salarial consistente no valor do IPC previsto polo Goberno máis 1%.

-Ano 2004. Establécese un incremento salarial consistente no valor do IPC previsto polo Goberno máis 1%.

-Cláusula de garantía salarial. No caso de que o IPC o 31 de decembro de cada ano fose superior ó IPC previsto polo Goberno, a diferencia aboarase nunha soa paga no mes de febreiro do ano seguinte. En todo caso, esta diferencia, en caso de darse, servirá de base para o cálculo do incremento dos anos posteriores.

Complemento de traballo a quendas.

Os productores que presten os seus servicios en tres quendas ou en terceiro ou cuarto equipo para a súa realización percibirán unha prima única mensual por tal concepto de:

-Ano 2002: 73,62 euros.

-Ano 2003: 81,14 euros.

-Ano 2004: 90,15 euros.

Complemento salarial.

Este complemento seralle aboado a todo o persoal segundo a seguinte escala:

-Ano 2002: 102,17 euros.

-Ano 2003: 111,18 euros.

-Ano 2004: 126,21 euros.

Complemento de festividade.

Ós traballadores que realicen o seu labor en horarios correspondentes a tres quendas e catro quendas, seralles aboado en concepto de festivo as seguintes cantidades por día festivo:

-Ano 2002: 81,65 euros.

-Ano 2003: 85,73 euros.

-Ano 2004: 90,01 euros.

Non se aboarán no caso de que o día festivo coincida cun permiso, vacacións ou unha incapacidade temporal do persoal afectado.

Artigo 23º.-Axuda escolar.

Establécese unha axuda escolar para os traballadores con fillos ó seu cargo en idade escolar (inclúese infantil, primaria, ESO, BAC, universitarios e outros), consistente nun fondo de axuda de:

-Ano 2002: 13.522,77 euros.

-Ano 2003: 15.025,30 euros.

-Ano 2004: 18.030,36 euros.

O reparto do fondo entre as peticións que anualmente se presenten será efectuado por un comité formado por un representante da empresa e dous dos traballadores.

No caso de que houbese sobrante de fondos durante o ano aplicaríase a aumenta-lo fondo do ano seguinte.

ANEXO I

Cláusulas adicionais

Primeira.-As diferencias salariais que se ocasionen como consecuencia do pactado no presente convenio colectivo, seranlles aboadas pola empresa ós productores, no prazo máximo de 30 días a partir da data da súa sintura, independentemente da data da súa publicación no BOP.

Segunda.-As melloras do presente convenio poderán ser compensadas e abosorbidas con calquera outra mellora voluntaria ou por disposición legal, en cómputo anual, salvo que expresamente se pacte o contrario.

Terceira.-O importe a que ascenda o custo do tempo a que teñan dereito os membros do comité de empresa a que lles sexa compensado, e estes non utilicen, farao efectivo a empresa e destinarase a constituír un fondo social, para a súa aplicación con fins sociais, a criterio do referido comité.

Cuarta.-Para todas aquelas cuestións non previstas polo presente convenio, observarase o disposto no texto da ordenanza laboral da madeira, que se dá por reproducido, e no Estatuto dos traballadores e normas dictadas para a súa aplicación.

ANEXO II

Táboa salarial

CategoríasS. base/díaBase anual

Encargado xeral25,3911.552,11

Encargado de sección24,8511.304,93

Xefe de equipo23,9410.894,52

Oficial de 1ª23,9410.894,52

Oficial de 2ª23,0510.488,77

Axudante22,2310.115,67

Peón especializado21,829.929,12

Peón21,739.887,15

Aprendices15,577.084,24

CategoríasS. base/mesBase anual

* Persoal subalterno
Pesador-basculeiro666,7510.001,28
Almaceneiro690,5510.358,29
Chofer turismo690,5510.358,29
Garda690,5510.358,29
Chofer mecánico718,7910.781,87

* Persoal administrativo
Auxiliar, mecanógrafa, telf.666,7510.001,28
Oficial de 2ª761,7011.425,47
Oficial de 1ª832,8712.493,11
Xefe administrativo918,3413.775,08

CategoríasS. base/mesBase anual

* Persoal técnico
Analista, calcador666,7510.001,28
Xefe de taller754,5811.318,77
Delineante760,4011.405,94
Xefe de talleres832,8712.493,11
Titulado de grao medio847,1112.706,67
Titulado de grao superior1.098,8416.482,62