Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PO-EN-2002/14.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada pola instructora no expediente que por infracción á Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, se está a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio

da potestade sancionadora, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, nº 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 4 de novembro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-EN-2002/14.

Denunciado: Miguel Ángel Martínez Hermida. Enderezo: r/ Barrio Iglesia, nº 71 de Zamáns-Vigo (Pontevedra).

DNI: 36114032-F

Feitos denunciados: circulación de vehículos de motor fóra dos lugares autorizados no parque natural do Monte Aloia (nunha distancia de dez metros diante do cartel de inicio do sendeiro Cabana-Cabaciña).

O denunciado ó que o seu vehículo, Ford Fiesta matrícula B-0759-EU, xa fora observado no devandito lugar polo axente Manuel J. Lorenzo sobre as 7.30 horas, foi requirido polo vixiante Rafael Costas na hora especificada a retira-lo vehículo do devandito lugar.

Nun primeiro momento o denunciado resistiuse á súa identificación, ó cal accedeu posteriormente, retirando así mesmo o seu vehículo. (Tivera que retirar unha pedra que estaba situada para protexe-la zona en cuestión).

Feitos denunciados o día 7 de xullo do 2002 no parque natural do Monte Aloia no lugar de Pazos de Reis, no termo municipal de Tui.

Data do acordo da incoación: 23-7-2002.

Precepto infrinxido: artigo 64.8º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, en relación co punto 6.n) do Plan de ordenación dos recursos naturais do parque natural do Monte Aloia, aprobado por Decreto 274/2001, do 27 de setembro.

Precepto sancionador: artigo 69 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Sanción: 6.010,13 euros.