Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-AD-2002/14.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, incoación do expediente sancionador por infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Rosa María Siota Diéguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalo en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achega-los documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que, de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, estes acordos de incoación poderán ser considerados propostas de resolución, de dárense os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 4 de novembro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-AD-2002/14.

Denunciado: Javier Domínguez Edreira, r/ Vista Alegre, nº 23-1º A de Vigo (Pontevedra).

DNI: 36098432-R.

Feitos denunciados: para os efectos oportunos particípolle que o policía adscrito a este MIP-1, con carné profesional número 81.464, o pasado día 16 dos correntes, encontrándose na praia de Domaio, observou como un individuo lle propinaba unha brutal paliza a un cachorro de raza boxer, de cor atigrada, dándolle patadas e puñetadas por todo o corpo e golpeándoo coa correa, o que era presenciado por nenos de curta idade. Ó non deixar de maltratalo e como queira que puidera estar infrinxindo a Lei 1/1993, sobre protección de animais domésticos da Xunta de Galicia, procedeu á súa identificación.

Feitos denunciados o día 16 de xullo de 2002, na praia de Domaio.

Data do acordo da incoación: 26-8-2002.

Precepto infrinxido: artigo 21.1º a) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Precepto sancionador: artigo 21 da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 300,51 euros.