Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-AD-2002/11.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a incoación do expediente sancionador por infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Rosa María Siota Diéguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalo en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achega-los documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que, de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, estes acordos de incoación poderán ser considerados propostas de resolución, de dárense os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 6 de novembro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-AD-2002/11.

Denunciado: João Pedreira Afonso. Enderezo: r/ Quinta da Raposeira, nº 4930 de Lusa-Valença do Miño (Portugal).

DNI: 3481962.

Feitos denunciados: que sobre as 14 horas do día 18 de abril de 2002 observou claramente como do vehículo con matrícula portuguesa 08-73-MS (marca Hiundai, modelo Lantra, de cor azul mariña) descendía o seu conductor botaba á vía pública nas inmediacións da rúa Sombra Boa de Tui, un can para despois arrinca-lo automóbil e darse á fuga quedando o animal abandonado con risco de provocar un accidente de tráfico ó encontrarse dentro da calzada de circulación rodada.

Feitas as oportunas averiguacións pola garda civil de Tui en contacto coa Comisaría Hispano-Lusa comprobouse que a descrición física do autor dos feitos coincidía coa do propietario do vehículo, o cidadán portugués João Pedreira Afonso con DNI: 3481962.

Data do acordo da incoación: 21-8-2002.

Precepto infrinxido: artigo 21 c) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Precepto sancionador: artigo 21 da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 300,51 euros.