Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.942

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (26/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número uno da Coruña, fago saber que nos autos número 26/2002 seguidos por instancia de Jacinto Fernández Lorenzo e outros, contra Energy Solar System, S.L., sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parese, dictou sentencia, con data do 31 de maio de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda presentada por Jacinto Fernández Lorenzo, Manuel González Lorenzo, Armando Mariño Lorenzo e Juan Luis Mariño Lorenzo, debo declarar e declaro o dereito dos demandantes a percibi-las cantidades reclamadas polos conceptos que se expresan no feito probado terceiro desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa Energy Solar System, S.L. a que, estando e pasando por tal declaración, lles aboe ós demandantes as seguintes cantidades:

TraballadorCantidade

Jacinto Fernández Lorenzo2.185, 45 euros

Manuel González Lorenzo2.250,69 euros

Armando Mariño Lorenzo2.283,31 euros

Juan Luis Mariño Lorenzo3.926, 61 euros

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que contra esta resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, de ser posible o anuncio por simple manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, de se-lo o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá asemade acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizacaya, conta nº 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do

importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Energy Solar System, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido na rúa Calexa, 19-20, San Pedro de Nós-Oleiros, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 11 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado